04 julio 2008

Recepción con motivo da apertura da exposición "Farmacuáticos. A botica do mar"

[Ver nota en galego]



Lugar: Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. A Coruña
Data: Venres, 4 de xullo de 2008
Hora: 20:30 horas


O venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas, se celebrará no Aquarium Finisterrae unha recepción con motivo da apertura da exposición "Farmacuáticos. A botica do mar", realizada en colaboración con PharmaMar-Grupo Zeltia

Trátase dunha exposición sobre o mar como fonte de recursos para a investigación biosanitaria. Desenvolve os seus contidos a través de acuarios con peixes, esponxas, polbos, corais, ras e outras especies que conteñen sustancias de interese biosanitario, combinados con módulos interactivos que permiten coñecer as peculiaridades destes organismos, os produtos que proporcionan e os métodos de investigación.

No acto intervirán representantes do Concello da Coruña e de PharmaMar-Grupo Zeltia.