07 noviembre 2008

O Aquarium Finisterrae e a Estación de Bioloxía Mariña de A Graña formalizan a súa colaboración en actividades de investigación e divulgación

[Ver nota en galego]



—Dentro do Acordo Marco de colaboración establecido entre as dúas institucións recentemente, abordaranse diversas actividades nas que, por unha parte, se achegará a experiencia en investigación da Estación de A Graña e, por outro, a do Aquarium Finisterrae no terreo da divulgación.

Unha da primeiras actuacións conxuntas consistirá na produción dun módulo expositivo para a sala Maremagnum destinado a exhibir diferentes especies de invertebrados das augas galegas. Será unha especie de "boutique" do mar na que, en acuarios de pequeno volume, se exporán auténticas xoias da fauna de invertebrados do mar galego. Esta actuación suporá o desenvolvemento dun programa específico de investigación acuariolóxica, dado que será a primeira vez que moitas destas especies se exhiban nun acuario público. A finalidade da exposición será divulgar e contribuír a conservar o rico e descoñecido patrimonio natural deste grupo de animais mariños de Galicia.

Outra actividade prevista é a divulgación mediante diferentes recursos museográficos das características naturais do Banco de Galicia, un dos ecosistemas mariños galegos máis sorprendentes e descoñecidos. Recentemente, investigadores da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, acompañados por biólogos do Aquarium Finisterrae, embarcáronse no buque oceanográfico Hespérides para realizar unha campaña de investigación na zona. Mediante exposicións, publicacións e recursos multimedia presentaranse ao público os resultados obtidos e as características da fauna e flora que habita nesas augas.

O convenio tamén prevé o desenvolvemento de proxectos de investigación conxuntos destinados á conservación de especies de fauna e flora mariñas galegas. Deste modo, daríase continuidade á tarefa investigadora que xa se está a desenvolver no Aquarium Finisterrae, centrada na conservación das poboacións galegas de cabaliños de mar e a reprodución en cautividade do santiaguiño con fins á súa reintrodución no medio natural.


El Aquarium Finisterrae y la Estación de Biología Marina de A Graña formalizan su colaboración en actividades de investigación y divulgación

—Dentro del Acuerdo Marco de colaboración establecido entre las dos instituciones recientemente, se abordarán diversas actividades en las que, por una parte, se aportará la experiencia en investigación de la Estación de A Graña y, por otro, la del Aquarium Finisterrae en el terreno de la divulgación.

Una de la primeras actuaciones conjuntas consistirá en la producción de un módulo expositivo para la sala Maremagnum destinado a exhibir diferentes especies de invertebrados de las aguas gallegas. Será una especie de "boutique" del mar en la que, en acuarios de pequeño volumen, se expondrán auténticas joyas de la fauna de invertebrados del mar gallego. Esta actuación supondrá el desarrollo de un programa específico de investigación acuariológica, dado que será la primera vez que muchas de estas especies se exhiban en un acuario público. La finalidad de la exposición será divulgar y contribuir a conservar el rico y desconocido patrimonio natural de este grupo de animales marinos de Galicia.

Otra actividad prevista es la divulgación mediante diferentes recursos museográficos de las características naturales del Banco de Galicia, uno de los ecosistemas marinos gallegos más sorprendentes y desconocidos. Recientemente, investigadores de la Estación de Bioloxía Mariña da Graña, acompañados por biólogos del Aquarium Finisterrae, se embarcaron en el buque oceanográfico Hespérides para realizar una campaña de investigación en la zona. Mediante exposiciones, publicaciones y recursos multimedia se presentarán al público los resultados obtenidos y las características de la fauna y flora que habita en esas aguas.

El convenio también prevé el desarrollo de proyectos de investigación conjuntos destinados a la conservación de especies de fauna y flora marinas gallegas. De este modo, se daría continuidad a la tarea investigadora que ya se está desarrollando en el Aquarium Finisterrae, centrada en la conservación de las poblaciones gallegas de caballitos de mar y la reproducción en cautividad del santiaguiño con fines a su reintroducción en el medio natural.