17 noviembre 2008

Convocatoria aberta para o profesorado

Ver nota completa: español | galego


—A dirección dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza unha reunión aberta con profesores
—Neste encontro, que terá lugar o martes 18 de novembro ás 19 horas na Domus, se explicarán algúns dos proxectos en marcha, a programación de actividades para este novo curso escolar 2008-09 e se recollerán propostas e iniciativas


Como sabedes, os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) teñen como obxectivo central o de trasladar ao público as novidades do mundo da ciencia e da técnica. Desexamos avanzar nese esforzo de difusión do coñecemento e, como institución pública, estimular o diálogo aberto cos cidadáns, favorecendo a relación co contorno cultural, coas persoas e cos colectivos interesados polo feito científico.

Obviamente, o profesorado é un colectivo fundamental para o labor dos museos. Por iso, as nosas instalacións, as actividades que desenvolvemos, os materiais que publicamos e expoñemos na páxina web, etc. deben ter boa conta das vosas necesidades e suxestións. Os contidos expostos poden servir como estímulo para o coñecemento curricular a desenvolver nas aulas. Asemade, fornecer de recursos dos que ás veces non dispoñen os centros educativos. A variedade de instalacións dos mc2 permiten, ademáis, completar unha visita variada.

Para falar deses temas convidamosvos a un encontro no que explicaremos algúns dos proxectos en marcha, a programación de actividades para este novo curso escolar 2008-09 e recollermos propostas e iniciativas.O acto terá lugar o martes 18 de novembro ás 19 horas na sala Leonardo da Vinci (na Domus).


Convocatoria abierta para el profesorado

—La dirección de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza una reunión abierta con profesores
—En este encuentro, que tendrá lugar el martes 18 de noviembre a las 19 horas en la Domus, se explicarán algunos de los proyectos en marcha, la programación de actividades para este nuevo curso escolar 2008-09 y se recogerán propuestas e iniciativas


Como sabéis, los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) tienen como objetivo central lo de trasladar al público las novedades del mundo de la ciencia y de la técnica. Deseamos avanzar en ese esfuerzo de difusión del conocimiento y, como institución pública, estimular el diálogo abierto con los ciudadanos, favoreciendo la relación con el enntorno cultural, con las personas y con los colectivos interesados por el hecho científico.

Obviamente, el profesorado es un colectivo fundamental para la labor de los museos. Por eso nuestras instalaciones, las actividades que desarrollamos, los materiales que publicamos y exponemos en la página web, etc. deben tener en cuenta vuestras necesidades y sugerencias. Los contenidos expuestos pueden servir como estímulo para el conocimiento curricular a desarrollar en las aulas. Y al mismo tiempo, suministrar recursos de los que a veces no disponen los centros educativos. La variedad de instalaciones de los mc2 permiten, además, completar una visita variada.

Para hablar de esos temas os invitamos a un encuentro en el que explicaremos algunos de los proyectos en marcha, la programación de actividades para este nuevo curso escolar 2008-09 y recogeremos propuestas e iniciativas. El acto tendrá lugar el martes 18 de noviembre a las 19 horas en la sala Leonardo de la Vinci (en la Domus).



07 noviembre 2008

O Aquarium Finisterrae e a Estación de Bioloxía Mariña de A Graña formalizan a súa colaboración en actividades de investigación e divulgación

Ver nota completa: español | galego


—Dentro do Acordo Marco de colaboración establecido entre as dúas institucións recentemente, abordaranse diversas actividades nas que, por unha parte, se achegará a experiencia en investigación da Estación de A Graña e, por outro, a do Aquarium Finisterrae no terreo da divulgación.

Unha da primeiras actuacións conxuntas consistirá na produción dun módulo expositivo para a sala Maremagnum destinado a exhibir diferentes especies de invertebrados das augas galegas. Será unha especie de "boutique" do mar na que, en acuarios de pequeno volume, se exporán auténticas xoias da fauna de invertebrados do mar galego. Esta actuación suporá o desenvolvemento dun programa específico de investigación acuariolóxica, dado que será a primeira vez que moitas destas especies se exhiban nun acuario público. A finalidade da exposición será divulgar e contribuír a conservar o rico e descoñecido patrimonio natural deste grupo de animais mariños de Galicia.

Outra actividade prevista é a divulgación mediante diferentes recursos museográficos das características naturais do Banco de Galicia, un dos ecosistemas mariños galegos máis sorprendentes e descoñecidos. Recentemente, investigadores da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, acompañados por biólogos do Aquarium Finisterrae, embarcáronse no buque oceanográfico Hespérides para realizar unha campaña de investigación na zona. Mediante exposicións, publicacións e recursos multimedia presentaranse ao público os resultados obtidos e as características da fauna e flora que habita nesas augas.

O convenio tamén prevé o desenvolvemento de proxectos de investigación conxuntos destinados á conservación de especies de fauna e flora mariñas galegas. Deste modo, daríase continuidade á tarefa investigadora que xa se está a desenvolver no Aquarium Finisterrae, centrada na conservación das poboacións galegas de cabaliños de mar e a reprodución en cautividade do santiaguiño con fins á súa reintrodución no medio natural.


El Aquarium Finisterrae y la Estación de Biología Marina de A Graña formalizan su colaboración en actividades de investigación y divulgación

—Dentro del Acuerdo Marco de colaboración establecido entre las dos instituciones recientemente, se abordarán diversas actividades en las que, por una parte, se aportará la experiencia en investigación de la Estación de A Graña y, por otro, la del Aquarium Finisterrae en el terreno de la divulgación.

Una de la primeras actuaciones conjuntas consistirá en la producción de un módulo expositivo para la sala Maremagnum destinado a exhibir diferentes especies de invertebrados de las aguas gallegas. Será una especie de "boutique" del mar en la que, en acuarios de pequeño volumen, se expondrán auténticas joyas de la fauna de invertebrados del mar gallego. Esta actuación supondrá el desarrollo de un programa específico de investigación acuariológica, dado que será la primera vez que muchas de estas especies se exhiban en un acuario público. La finalidad de la exposición será divulgar y contribuir a conservar el rico y desconocido patrimonio natural de este grupo de animales marinos de Galicia.

Otra actividad prevista es la divulgación mediante diferentes recursos museográficos de las características naturales del Banco de Galicia, uno de los ecosistemas marinos gallegos más sorprendentes y desconocidos. Recientemente, investigadores de la Estación de Bioloxía Mariña da Graña, acompañados por biólogos del Aquarium Finisterrae, se embarcaron en el buque oceanográfico Hespérides para realizar una campaña de investigación en la zona. Mediante exposiciones, publicaciones y recursos multimedia se presentarán al público los resultados obtenidos y las características de la fauna y flora que habita en esas aguas.

El convenio también prevé el desarrollo de proyectos de investigación conjuntos destinados a la conservación de especies de fauna y flora marinas gallegas. De este modo, se daría continuidad a la tarea investigadora que ya se está desarrollando en el Aquarium Finisterrae, centrada en la conservación de las poblaciones gallegas de caballitos de mar y la reproducción en cautividad del santiaguiño con fines a su reintroducción en el medio natural.


Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia

Ver nota completa: español | galego


—Do 10 ao 16 de novembro haberá xornadas de portas abertas na Domus e o Aquarium Finisterrae
As actividades comezan este domingo, 9 de novembro, na Domus, cunha representación teatral na que sen falar e só a base de experimentos se achega a ciencia a público. "Ciencia sen palabras" comezará ás 12 da mañá e é gratuíto. A obra, desenvolvida polo grupo 'Roto e Descosido', abrangue unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións de algún concepto de ciencia que son realizados por dúas personaxes, un profesor científico con toga e birrete e o seu compañeiro, burlón, pasota e un pouco toupón.

Representacións de títeres, talleres para aproximar aos estudantes o traballo das mulleres científicas, campamentos infantís, proxeccións, e unha conferencia completan a programación desta Semana da Ciencia en mc2. Ademais, o sábado 15 de novembro terá lugar a entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.

A continuación detállase o programa completo:

- 9 de novembro. Teatro científico "Ciencia sen palabras". Representación teatral na que se divulga a ciencia só a través de experimentos. Para todos os públicos. Domus, ás 12 horas.
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

- Do 10 ao 16 de novembro. Xornadas de portas abertas na Domus e Aquarium Finisterrae.

- 10, 12 e 14 de novembro. Taller sobre científicas. Actividade dirixida a estudantes de primaria con contacontos e representación teatral. Os contidos buscan a aproximación ás mulleres científicas ao longo da historia da ciencia en clave divulgativa e lúdica. Na Domus, de 10 a 11:30 horas.
Patrocinado por Unidade Muller Ciencia, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

- 11 de novembro. Convocatoria aberta pola divulgación científica. Encontro con persoas interesadas na divulgación da ciencia. Na Domus, ás 19:00 horas.
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

-14 de novembro. Conferencia "Las ventanas de la mente", a cargo de Susana Martínez-Conde, directora do Laboratorio de Neurociencia Visual, Instituto Neurolóxico Barrow, Estados Unidos. Domus, 20:00 horas.

- 15 de novembro. Actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2008.
12:00 h. Domus. Presentación do documental "El nuevo universo, cómo la física cambio al mundo", Prisma ao mellor traballo multimedia 2008.
13:00 h. Salón de Plenos do Concello da Coruña. Entrega dos Prismas Casa das Ciencias 2008. Entrada con invitación.

- 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de novembro. “O método científico”. Espectáculo de títeres en clave científica. Día 15 ás 13, 17 e 18 horas. Na Domus. Resto días ás 12, 13, 17 e 18 horas.
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

- 15 e 22 de novembro. Durmindo con Tiburóns-Encontro co Mar. Actividade pensada para nenos de entre 7 e 11 anos, que poderán durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, asistir a proxeccións e participar no taller "Encontro co Mar", dedicado a actividades relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía da exploración científica do océano. No Aquarium Finisterrae, de 20:00 horas a 11:00 horas do día seguinte.
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

- 16 e 23 de novembro. Fish and Chips. Campamentos para fomentar o consumo responsable dos produtos do mar dirixidos aos nenos de entre 10 e 13 anos. O programa de actividades inclúe a preparación de alimentos, unha comida co menú elaborado por eles mesmos, talleres sobre etiquetaxe, veda e talles mínimos, e participar en dar a comida ás focas do acuario. Aquarium Finisterrae, de 12 a 19 horas.
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

- 18 de novembro. Encontro con profesores. Na Domus, ás 19 horas
Patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.



Los Museos Científicos Coruñeses celebran la Semana de la Ciencia

- Del 10 al 16 de noviembre habrá jornadas de puertas abiertas en la Domus y el Aquarium Finisterrae

Las actividades comienzan este domingo, 9 de noviembre, en la Domus, con una representación teatral en la que sin hablar y sólo la base de experimentos se acerca la ciencia a público. "Ciencia sin palabras" comenzará a las 12 de la mañana y es gratuito. La obra, desarrollada por el grupo 'Roto y Descosido', incluye una sucesión de experimentos científicos o demostraciones de algún concepto de ciencia que son realizados por dos personajes, un profesor científico con toga y birrete y su compañero, burlón, pasota y un poco torpe.

Representaciones de títeres, talleres para aproximar a los estudiantes el trabajo de las mujeres científicas, campamentos infantiles, proyecciones, y una conferencia completan la programación de esta Semana de la Ciencia en mc2. Además, el sábado 15 de noviembre tendrá lugar a entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación.

A continuación se detalla el programa completo:

- 9 de noviembre. Teatro científico "Ciencia sin palabras". Representación teatral en la que se divulga la ciencia sólo a través de experimentos. Para todos los públicos. Domus, a las 12 horas.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

- Del 10 al 16 de noviembre. Jornadas de puertas abiertas en la Domus y Aquarium Finisterrae.

- 10, 12 y 14 de noviembre. Taller sobre científicas. Actividad dirigida a estudiantes de primaria con cuentacuentos y representación teatral. Los contenidos buscan la aproximación a las mujeres científicas al largo de la historia de la ciencia en clave divulgativa y lúdica. En la Domus, de 10 a 11:30 horas.
Patrocinado por Unidade Muller Ciencia, Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia, y por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

- 11 de noviembre. Convocatoria abierta por la divulgación científica. Encuentro con personas interesadas en la divulgación de la ciencia. En la Domus, a las 19:00 horas.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

-14 de noviembre. Conferencia "Las ventanas de la mente", a cargo de Susana Martínez-Conde, directora del Laboratorio de Neurociencia Visual, Instituto Neurológico Barrow, Estados Unidos. Domus, 20:00 horas.

- 15 de noviembre. Actos de entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación 2008.
12:00 h. Domus. Presentación del documental "El nuevo universo, cómo la física cambio al mundo", Prisma al mejor trabajo multimedia 2008.
13:00 h. Salón de Plenos del Ayuntamiento de A Coruña. Entrega de los Prismas Casa de las Ciencias 2008. Entrada con invitación.

- 15, 16, 22, 23, 29 y 30 de noviembre. “El método científico”. Espectáculo de títeres en clave científica. Día 15 a las 13, 17 y 18 horas. En la Domus. Resto días a las 12, 13, 17 y 18 horas.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

- 15 y 22 de noviembre. Durmiendo con Tiburones-Encontro co Mar. Actividad pensada para niños de entre 7 y 11 años, que podrán dormir rodeados de peces en la Sala Nautilus, asistir la proyecciones y participar en el taller "Encontro co Mar", dedicado la actividades relacionadas con la ciencia y la tecnología de la exploración científica del océano. En el Aquarium Finisterrae, de 20:00 horas a 11:00 horas del día siguiente.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

- 16 y 23 de noviembre. Fish and Chips. Campamentos para fomentar el consumo responsable de los productos del mar dirigidos a los niños de entre 10 y 13 años. El programa de actividades incluye la preparación de alimentos, una comida con el menú elaborado por ellos mismos, talleres sobre etiquetado, veda y tallas mínimas, y participar en dar la comida a las focas del acuario. Aquarium Finisterrae, de 12 a 19 horas.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.

- 18 de noviembre. Encuentro con profesores. En la Domus, a las 19 horas.
Patrocinado por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia.




04 noviembre 2008

Convocatoria aberta pola divulgación científica

Ver nota completa: español | galego


—A dirección dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza unha reunión aberta con persoas e colectivos interesados na divulgación científica
—Neste encontro, que terá lugar o martes 11 de novembro ás 19 horas na Domus, se explicarán algúns dos proxectos en marcha e se recollerán propostas e iniciativas


Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) teñen como obxectivo central trasladar ao público as novidades do mundo da ciencia e da técnica. De feito, esta institución constitúe a principal plataforma de divulgación científica de Galicia, pois case 700.000 persoas pasan cada ano polas súas diferentes instalacións (Casa das Ciencias, Domus, Aquarium Finisterrae).

Desexamos avanzar nese esforzo de difusión do coñecemento, e facelo subliñando o papel dos museos como centros de cultura científica, atentos a toda a complexidade e diversidade dese mundo.

Asemade, como institución pública, pretendemos estimular o diálogo aberto cos cidadáns, favorecendo a relación co contorno cultural, coas persoas e cos colectivos interesados polo feito científico. Unha aposta que atende ao interese dos museos por contar coas ideas e suxestións que permitan enriquecer o labor desenvolto e ofrecer os recursos desta institución a importantes protagonistas da actividade científica cotián.

Para contribuír a ese diálogo, a dirección dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza unha reunión aberta que terá lugar o martes 11 de novembro ás 19 horas na sala Leonardo da Vinci (na Domus, rúa Santa Teresa nº1). Un encontro no que se explicarán algúns dos proxectos en marcha e se recollerán propostas e iniciativas.


Convocatoria abierta por la divulgación científica

—La dirección de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza una reunión abierta con personas y colectivos interesados en la divulgación científica
—En este encuentro, que tendrá lugar el martes 11 de noviembre a las 19 horas en la Domus, se explicarán algunos de los proyectos en marcha y se recogerán propuestas e iniciativas


Los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) tienen como objetivo central trasladar al público las novedades del mundo de la ciencia y de la técnica. De hecho, esta institución constituye la principal plataforma de divulgación científica de Galicia, pues casi 700.000 personas pasan cada año por sus diferentes instalaciones (Casa de las Ciencias, Domus, Aquarium Finisterrae).

Deseamos avanzar en ese esfuerzo de difusión del conocimiento, y hacerlo subrayando el papel de los museos como centros de cultura científica, atentos a toda la complejidad y diversidad de este mundo.

Además, como institución pública, pretendemos estimular el diálogo abierto con los ciudadanos, favoreciendo la relación con el entorno cultural, con las personas y con los colectivos interesados por el hecho científico. Una apuesta que atiende al interés de los museos por contar con las ideas y sugerencias que permitan enriquecer la labor desenvuelta y ofrecer los recursos de esta institución a importantes protagonistas de la actividad científica cotidiana.

Para contribuir a ese diálogo, la dirección de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza una reunión abierta que tendrá lugar el martes 11 de noviembre a las 19 horas en la sala Leonardo de la Vinci (en la Domus, calle Santa Teresa nº1). Un encuentro en el que se explicarán algunos de los proyectos en marcha y se recogerán propuestas e iniciativas.