19 diciembre 2008

"Fotógrafos da Natureza 2009" Wildlife Photographer of the Year

Ver nota completa: español | galego



Un ano máis, Caixanova presenta no Aquarium Finisterrae, e por primeira vez en España. a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo: "Fotógrafos da Natureza 2009".

A mostra contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame "Wildlife Photographer of the Year”, que acaba de emitir o seu fallo. O concurso, considerado polos profesionais como o máis prestixioso, está promovido polo Natural History Museum de Londres e a BBC Wildlife Magazine.

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae, única no noso país dedicada en exclusiva a exposicións de Natureza, acolle unha selección das mellores fotografías do concurso. Nesta ocasión, para dar aínda máis realce e espectacularidade ás fotografías, realizouse un esforzo na produción, presentando as imaxes en caixas de luz.

A gañadora absoluta é a imaxe dun leopardo da neve, unha especie aclimatada ás extremas temperaturas baixo cero das montañas de Asia central, e que rara vez é avistado.

Entre as fotos expostas está tamén a do fotógrafo español Carlos Virgili, gañadora na modalidade de Natureza en Branco e Negro, unha augamar na que se resaltan as texturas e a beleza das formas. Hai ademais outras cinco fotografías de autores do noso país que foron finalistas, o que supón a maior representación española na final do concurso ata a data.

"Wildlife Photographer of the Year", que alcanza o seu 44º edición, premia moitos profesionais da fotografía de natureza, pero tamén recoñece o traballo de afeccionados; isto é porque conseguir a imaxe idónea require unha combinación de técnica, visión, orixinalidade, coñecemento do medio e sorte.

A presentación desta exposición é froito da colaboración de Caixanova cos Museos Científicos Coruñeses.





"Fotógrafos da Natureza 2009” Wildlife Photographer of the Year


Un año más, Caixanova presenta en el Aquarium Finisterrae, y por primera vez en España. la exposición de fotografías de naturaleza más importante del mundo: "Fotógrafos de la Naturaleza 2009".

La muestra contiene las imágenes ganadoras y finalistas en las diferentes secciones del certamen “Wildlife Photographer of the Year,” que acaba de emitir su fallo. El concurso, considerado por los profesionales como el más prestigioso, está promovido por el Natural History Museum de Londres y la BBC Wildlife Magazine.

La sala Isabel Castelo del Aquarium Finisterrae, única en nuestro país dedicada en exclusiva a exposiciones de Naturaleza, acoge una selección de las mejores fotografías del concurso. En esta ocasión, para dar aún más realce y espectacularidad a las fotografías, se ha realizado un esfuerzo en la producción, presentando las imágenes en cajas de luz.

La ganadora absoluta es la imagen de un leopardo de la nieve, una especie aclimatada a las extremas temperaturas bajo cero de las montañas de Asia central, y que rara vez es avistado.

Entre las fotos expuestas está también la del fotógrafo español Carlos Virgili, ganadora en la modalidad de Naturaleza en Blanco y Negro, una medusa en la que se resaltan las texturas y la belleza de las formas. Hay además otras cinco fotografías de autores de nuestro país que fueron finalistas, lo que supone la mayor representación española en la final del concurso hasta la fecha.

“Wildlife Photographer of the Year”, que alcanza su 44º edición, premia a muchos profesionales de la fotografía de naturaleza, pero también reconoce el trabajo de aficionados; esto es porque conseguir la imagen idónea requiere una combinación de técnica, visión, originalidad, conocimiento del medio y suerte.

La presentación de esta exposición es fruto de la colaboración de Caixanova con los Museos Científicos Coruñeses.




Os Museos Científicos Coruñeses no Parlamento Europeo

Ver nota completa: español | galego


Os Museos Científicos Coruñeses foron seleccionados para presentar as Monografías de Comunicación Científica no Parlamento Europeo como unha das cinco Mellores Prácticas dos centros de ciencia


A presentación, que terá lugar o 18 de febreiro de 2009 en Bruxelas, forma parte dun acto organizado por ECSITE (Asociación Europea de centros de ciencia, museos, zoos, acuarios e institucións de investigación, á que pertencen os Museos Científicos Coruñeses) que pretende poñer de relevancia ante a Comisión Europea e os parlamentarios o labor dos centros de ciencia na educación e divulgación científicas dos cidadáns.

Para iso, ECSITE invitou os seus máis de 300 membros a presentar aquelas actividades que considerasen as súas Mellores Prácticas. Das máis de 30 propostas presentadas, seleccionáronse 5, entre as que se atopa a colección "Monografías de Comunicación Científica" dos Museos Científicos Coruñeses. Compartirá a presentación en Bruxelas cos outros catro seleccionados, que son os centros de ciencia Heureka de Finlandia, Deutsches Museum de Munich (Alemaña), Nemo de Ámsterdam (Holanda), e Cité das Sciences & de l’industrie de París (Francia).

As Monografías de Comunicación Científica son un proxecto de comunicación que pretende dar respostas aos cidadáns ante cuestións científicas de actualidade ou que causan especial alarma social. Os títulos publicados ata agora son: "Vacas tolas" (2001), "Antenas e saúde" (2002), "Mareas negras" (2002), "Clonación humana" (2004), "Vía Láctea" (2004), "Gripe aviar" (2005), "Cambio Climático" (2007) e "A Pataca" (2008). As Monografías, cunha tirada inicial de 200.000 exemplares cada unha, distribuíronse gratuitamente, e contaron para a súa edición co patrocinio da entidade financeira Caixanova.

No caso da monografía sobre "Cambio Climático", o interese suscitado por esta publicación en diferentes centros de ciencia europeos motivou que a rede de excelencia Eur-Oceans, coa que colabora o Aquarium Finisterrae, solicitase a súa edición en varios idiomas. A Monografía de Comunicación Científica sobre Cambio Climático está así dispoñible en castelán, galego, inglés, italiano, francés, grego e sueco, e foi distribuída en acuarios e centros de ciencia do Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Grecia, Polonia, Mónaco e España. Tamén foi editado en valenciano polo Museo das Ciencias Príncipe Felipe.

As monografías están dispoñibles en versión pdf na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses: http://www.casaciencias.org/mc2/responde.html



Los Museos Científicos Coruñeses en el Parlamento Europeo


Los Museos Científicos Coruñeses han sido seleccionados para presentar las Monografías de Comunicación Científica en el Parlamento Europeo como una de las cinco Mejores Prácticas de los centros de ciencia

La presentación, que tendrá lugar el 18 de febrero de 2009 en Bruselas, forma parte de un acto organizado por ECSITE (Asociación Europea de centros de ciencia, museos, zoos, acuarios e instituciones de investigación, a la que pertenecen los Museos Científicos Coruñeses) que pretende poner de relevancia ante la Comisión Europea y los parlamentarios la labor de los centros de ciencia en la educación y divulgación científicas de los ciudadanos.

Para ello, ECSITE invitó a sus más de 300 miembros a presentar aquellas actividades que considerasen sus Mejores Prácticas. De las más de 30 propuestas presentadas, se seleccionaron 5, entre las que se encuentra la colección “Monografías de Comunicación Científica” de los Museos Científicos Coruñeses. Compartirá la presentación en Bruselas con los otros cuatro seleccionados, que son los centros de ciencia Heureka de Finlandia, Deutsches Museum de Munich (Alemania), Nemo de Ámsterdam (Holanda), y Cité des Sciences & de l’industrie de París (Francia).

Las Monografías de Comunicación Científica son un proyecto de comunicación que pretende dar respuestas a los ciudadanos ante cuestiones científicas de actualidad o que causan especial alarma social. Los títulos publicados hasta ahora son: “Vacas locas” (2001), “Antenas y salud” (2002), “Mareas negras” (2002), “Clonación humana” (2004), “Vía Láctea” (2004), “Gripe aviar” (2005), “Cambio Climático” (2007) y “La Patata” (2008). Las Monografías, con una tirada inicial de 200.000 ejemplares cada una, se distribuyeron gratuitamente, y contaron para su edición con el patrocinio de la entidad financiera Caixanova.

En el caso de la monografía sobre “Cambio Climático”, el interés suscitado por esta publicación en diferentes centros de ciencia europeos motivó que la red de excelencia Eur-Oceans, con la que colabora el Aquarium Finisterrae, solicitara su edición en varios idiomas. La Monografía de Comunicación Científica sobre Cambio Climático está así disponible en castellano, gallego, inglés, italiano, francés, griego y sueco, y ha sido distribuida en acuarios y centros de ciencia del Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Grecia, Polonia, Mónaco y España. También fue editada en valenciano por el Museo de las Ciencias Príncipe Felipe.

Las monografías están disponibles en versión pdf en la página web de los Museos Científicos Coruñeses: http://www.casaciencias.org/mc2/responde.html