06 junio 2009

Fallo do XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

[Ver nota en galego]



Un traballo sobre as madeiras máis eficientes como combustible gañou o primeiro premio pola súa brillante aplicación do método científico

Tres alumnos do IES Castro de Baroncelli de Verín propuxéronse descubrir que tipo de madeira dá maior rendemento á hora de aproveitala como combustible, un recurso empregado en moitos fogares. Dos 23 tipos de madeira que analizaron, concluíron que o castaño, o cedro e o ameneiro eran os que máis calor producían. O xurado destacou como valores principais do seu traballo o rigor e o exercicio do método científico no deseño e realización do experimento.

A fase final deste Premio tivo lugar esta mesma mañá, 6 de xuño de 2009, na Domus, A Coruña, ante a presenza de numerosos compañeiros de aula e familiares dos estudantes finalistas.


A continuación detállase o Fallo do Xurado:

Primeiro premio
Qué tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasa mediante unha combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez e David Ginzo Manso do IES Castro de Baroncelli de Verín, polo diseño e o rigor na aplicación do método científico.

Segundo premio
Cal é a temperatura á que cantan os grilos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal e Alejandro Solla Landesa do IES As Barxas de Moaña, pola capacidade do equipo para reformular o experimento en función das dificultades atopadas.

Terceiro premio
Que número de pás optimizan o rendemento dos aeroxeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas e Stefan Alvárez Pinto do IES Castro de Baroncelli de Verín, pola habilidade do equipo na aplicación de coñecementos científicos no estudio dun problema tecnolóxico, obtendo resultados valiosos.

Cuarto premio
Qué combinación de sustancias depura mellor a auga?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija e María Queija Fernández do IES Castro de Baroncelli de Verín.

Quinto premio
Popeye: algas mellor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo e Marcos Iglesias Montoiro do IES de Sar de Santiago de Compostela.


O Xurado estivo presidido por D. Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, e estivo constituído ademais por: D. Xosé Manuel Tato Ramos, profesor do IES Monelos, D. Moisés Canle, profesor da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, D. Oscar García Álvarez, profesor do IES Rafel Dieste, D. José Manuel Blanco, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, e D. Julio Casal, Vicepresidente da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, que actuou como secretario.


ENTREGA DE PREMIOS
Como xa sucedese en anteriores edicións do premio, este ano El Corte Inglés colaborou cos Museos Científicos Coruñeses e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias na organización do evento e tamén patrocinou os diferentes premios que se entregaron.

Os gañadores realizarán unha viaxe ao parque natural “Arribes del Duero”, unha paraxe situada a beiras do río Douro que forma parte da rede de espazos naturais protexidos de Castela e León..

Ademais, os tres primeiros clasificados recibiron subscricións á revista Muy Interesante, e todos os finalistas un iPod.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirixido a estudantes de ESO de Galicia, foi instaurado polos Museos Científicos Coruñeses para promover entre os estudantes galegos valores como a creatividade e imaxinación científicas, a constancia ou o espírito crítico.




FALLO DEL XI PREMIO LUIS FREIRE DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA PARA ESCOLARES

Un trabajo sobre las maderas más eficientes como combustible ganó el primer premio por su brillante aplicación del método científico

Tres alumnos del IES Castro de Baroncelli de Verín se propusieron descubrir qué tipo de madera da mayor rendimiento a la hora de aprovecharla como combustible, un recurso empleado en muchos hogares. De los 23 tipos de madera que analizaron, concluyeron que el castaño, el cedro y el aliso eran los que más calor producían. El jurado destacó como valores principales de su trabajo el rigor y el ejercicio del método científico en el diseño y realización del experimento.

La fase final de este Premio tuvo lugar el 6 de junio de 2009 en la Domus, A Coruña, ante la presencia de numerosos compañeros de aula y familiares de los estudiantes finalistas.

A continuación se detalla el Fallo del Jurado:

Primer premio
¿Qué tipo de madera produce más cantidad de energía de biomasa mediante una combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez y David Ginzo Manso del IES Castro de Baroncelli de Verín, por el diseño y el rigor en la aplicación del método científico.

Segundo premio
¿Cuál es la temperatura a la que cantan los grillos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal y Alejandro Solla Landesa del IES As Barxas de Moaña, por la capacidad del equipo para reformular el experimento en función de las dificultades encontradas.

Tercer premio
¿Qué número de palas optimizan el rendimiento de los aerogeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas y Stefan Alvárez Pinto del IES Castro de Baroncelli de Verín, por la habilidad del equipo en la aplicación de conocimientos científicos en el estudio de un problema tecnológico, obteniendo resultados valiosos.

Cuarto premio
¿Qué combinación de sustancias depura mejor el agua?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija y María Queija Fernández del IES Castro de Baroncelli de Verín.

Quinto premio
Popeye: ¿algas mejor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo y Marcos Iglesias Montoiro del IES de Sar de Santiago de Compostela.

El Jurado estuvo presidido por D. Xosé Antón Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses, y estuvo constituido además por: D. Xosé Manuel Tato Ramos, profesor del IES Monelos, D. Moisés Canle, profesor de la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña, D. Oscar García Álvarez, profesor del IES Rafel Dieste, D. José Manuel Blanco, Jefe de Relaciones Externas de El Corte Inglés, y D. Julio Casal, Vicepresidente de la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, que actuó como secretario.


ENTREGA DE PREMIOS
Como ya sucediera en anteriores ediciones del premio, este año El Corte Inglés colaboró con los Museos Científicos Coruñeses y la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias en la organización del evento y también patrocinó los diferentes premios que se entregaron.

Los ganadores realizarán un viaje al parque natural "Arribes del Duero", un paraje situado a orillas del río Duero que forma parte de la red de espacios naturales protegidos de Castilla y León.

Además, los tres primeros clasificados recibieron subscripciones a la revista Muy Interesante, y todos los finalistas un iPod.

El Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirigido a estudiantes de ESO de Galicia, fue instaurado por los Museos Científicos Coruñeses para promover entre los estudiantes gallegos valores como la creatividad e imaginación científicas, la constancia o el espíritu crítico.