04 junio 2009

O Aquarium Finisterrae celebra o seu 10º aniversario

[Ver nota en galego]




O 5 de xuño celébrase o 10º aniversario do Aquarium Finisterrae. Nesa data cúmprense tamén douscentos dez anos da partida de Alexander von Humboldt do porto da Coruña na súa expedición de descubrimento científico de América.


Para conmemorar estes aniversarios programáronse varias actividades, que se detallan a continuación:


VENRES 5 DE XUÑO

- 12:30 horas. Colocación dunha placa conmemorativa do 10º aniversario, a carón da sala Humboldt do Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34)

- 19 horas. Visita á Torre de Hércules para botar unha coroa de loureiro ao mar en lembranza da saída de Humboldt na súa expedición científica. O acto celebrarase aos pés da escultura colgante do Espiñento, baixando á altura da Rosa do Ventos.

- 20 horas. Conferencias no Castelo de San Antón (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2):
- O paso de Humboldt por A Coruña, a cargo de Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses.
- A Estancia de Humboldt en España, a cargo de Sandra Rebok, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

SÁBADO 6 DE XUÑO
- De 10 a 12 horas. Grupos de nenos e nenas embarcarán nun barco do Instituto Oceanográfico, para facer un recorrido dende o Peirao de Ánimas ata o litoral fronte ao Aquarium, voltando ao punto de embarque.



El Aquarium Finisterrae celebra su 10º aniversario

El 5 de junio se celebra el 10º aniversario del Aquarium Finisterrae. En esa fecha se cumplen también doscientos diez años de la partida de Alexander von Humboldt del puerto de A Coruña en su expedición de descubrimiento científico de América.

Para conmemorar estos aniversarios se programaron varias actividades, que se detallan a continuación:


VIERNES 5 DE JUNIO

- 12:30 horas. Colocación de una placa conmemorativa del 10º aniversario, junto a la sala Humboldt del Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34)

- 19 horas. Visita a la Torre de Hércules para lanzar una corona de laurel al mar en memoria de la salida de Humboldt en su expedición científica. El acto se celebrará a los pies de la escultura colgante del Espiñento, bajando a la altura de la Rosa del Vientos.

- 20 horas. Conferencias en el Castillo de San Antón (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2):
- El paso de Humboldt por A Coruña, a cargo de Xosé Antón Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses.
- La estancia de Humboldt en España, a cargo de Sandra Rebok, del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

SÁBADO 6 DE JUNIO
- De 10 a 12 horas. Grupos de niños y niñas embarcarán en un barco del Instituto Oceanográfico para hacer un recorrido desde el Muelle de Ánimas hasta el litoral frente al Aquarium, volviendo al punto de embarque.