28 julio 2009

A Domus estrea unha escultura a tamaño real do «home de Atapuerca»

Ver nota completa: español | galego


—Con esta inauguración, os Museos Científicos Coruñeses continúan o seu completo programa de actuacións para conmemorar o Ano Darwin 2009.
—O grupo teatral Chévere presenta unha peza creada especialmente para festexar a incorporación do Homo antecessor á exposición permanente da Domus sobre evolución humana.


A Domus renova o elemento estelar de “Homínidos e Homínidas”, a súa exposición permanente sobre evolución humana. A popular atracción é unha escultura participativa, que invita ao público a formar parte dela, que representa á nosa familia evolutiva e que medra agora coa incorporación dun novo membro: o Homo antecessor, o grande descubrimento científico das excavacións de Atapuerca (Burgos).

Coa chegada do Homo antecessor á Domus, os Museos Científicos Coruñeses seguen a celebrar o Ano Darwin, despois da estrea do documental "Evolución" no planetario da Casa das Ciencias e da incorporación no Aquarium Finisterrae de contidos expositivos relacionados coa teoría de Darwin. A nova escultura da Domus supón tamén un recoñecemento ao equipo investigador de Atapuerca, que descubriu esta peza clave para resolver o complicado puzzle da evolución humana, das nosas orixes.

Agora os visitantes da Domus poden sentarse a carón dun 'home de Atapuerca', un representante a tamaño real dos nosos primeiros devanceiros que poboaron Europa, hai máis dun millón de anos. O Homo antecessor súmase a unha escultura de grupo, con modelos a escala real de diversas especies extinguidas que foron os parentes máis próximos dos humanos: Homo neanderthalensis, Homo habilis, Homo erectus e Australopithecus afarensis.

Os primeiros europeos
Desde a inauguración da exposición «Homínidos e homínidas. A familia presumida» en 2005, converteuse en tradición que os visitantes da Domus ocupen a cadeira baleira nesa escultura, convertíndose en representantes da especie Homo sapiens, e queran levar de recordo unha foto con outros homínidos. E nesa "foto de familia" non podía faltar o Homo antecessor, que é a especie homínida máis antiga de Europa e foi descuberta en España, na provincia de Burgos.

Ata que apareceron os fósiles do Homo antecessor en Atapuerca, no verán de 1994, pensábase que en Europa había homínidos desde hai uns 500.000 anos, e agora sabemos que chegaron hai polo menos 1,2 millóns de anos. Ademais, os investigadores de Atapuerca tamén defenden a importancia do Homo antecessor por ser o antepasado común máis recente de Homo sapiens e Homo neanderthalensis. A súa hipótese é que os antecessor apareceron en África e parte deles emigraron a Europa, evolucionando aquí ata acabar converténdose en neanderthalensis, mentres que os que quedaron en África evolucionaron a sapiens.

Humor e autocrítica
Tras a presentación oficial, actuou na Domus o grupo teatral Chévere, que descubriu a renovada escultura e interpretou o «Tanguillo do Homo antecessor», creado especialmente para a ocasión. A peza musical serviu para lembrar de xeito humorístico a importancia da especie descuberta en Atapuerca e para deixar unha crítica sobre a visión que temos os humanos de nós mesmos como cume da evolución.

Romper con eses prexuízos, con esa visión antropocentrista, é un dos obxectivos da exposición «Homínidos e Homínidas». E de aí o seu subtítulo, «A familia presumida», que dá tamén nome á escultura. A exposición invita aos visitantes a indagar nas características biolóxicas das que tanto presumimos os humanos e así ver que non somos o embigo do mundo. A locomoción bípeda, a pinza de precisión, a dieta omnívora ou a tecnoloxía son os fitos evolutivos de especies de homínidos xa extinguidas, non son características exclusivas da especie humana.

Máis información
Ano Darwin: http://www.casaciencias.org/darwin2009
Exposición «Homínidos e homínidas»: http://www.casaciencias.org/domus/hominidos-y-hominidas

La Domus estrena una escultura
a tamaño real del «hombre de Atapuerca»


—Con esta inauguración, los Museos Científicos Coruñeses continúan su completo programa de actuaciones para conmemorar el Año Darwin 2009.
—El grupo teatral Chévere presenta una pieza creada especialmente para festejar la incorporación del Homo antecessor a la exposición permanente de la Domus sobre evolución humana.


La Domus renueva el elemento estelar de «Homínidos y Homínidas», su exposición permanente sobre evolución humana. La popular atracción es una escultura participativa, que invita al público a formar parte de ella, que representa a nuestra familia evolutiva y que crece ahora con la incorporación de un nuevo miembro: el Homo antecessor, el gran descubrimiento científico de las excavaciónes de Atapuerca (Burgos).

Con la llegada del Homo antecessor a la Domus, los Museos Científicos Coruñeses continúan celebrando el Año Darwin, después del estreno del documental "Evolución" en el planetario de la Casa de las Ciencias y de la incorporación en el Aquarium Finisterrae de contenidos expositivos relacionados con la teoría de Darwin. La nueva escultura de la Domus supone también un reconocimiento al equipo investigador de Atapuerca, que descubrió esta pieza clave para resolver el complicado puzzle de la evolución humana, de nuestros orígenes.

Ahora los visitantes de la Domus pueden sentarse al lado de un 'hombre de Atapuerca', un representante a tamaño real de nuestros primeros antepasados que poblaron Europa, hace más de un millón de años. El Homo antecessor se suma a una escultura de grupo, con modelos a escala real de diversas especies extinguidas que fueron los parientes más próximos de los humanos: Homo neanderthalensis, Homo habilis, Homo erectus y Australopithecus afarensis.

Los primeros europeos
Desde la inauguración de la exposición «Homínidos y homínidas. La familia presumida» en 2005, se convirtió en tradición que los visitantes de la Domus ocupen la silla vacía en esa escultura, convirtiéndose en representantes de la especie Homo sapiens, y que quieran llevarse de recuerdo una foto con otros homínidos. Y en esa "foto de familia" no podía faltar el Homo antecessor, que es la especie homínida más antigua de Europa y fue descubierta en España, en la provincia de Burgos.

Hasta que aparecieron los fósiles del Homo antecessor en Atapuerca, en verano de 1994, se pensaba que en Europa había homínidos desde hace unos 500.000 años, y ahora sabemos que llegaron hace por lo menos 1,2 millones de años. Además, los investigadores de Atapuerca también defienden la importancia del Homo antecessor por ser el antepasado común más reciente de Homo sapiens y Homo neanderthalensis. Su hipótesis es que los antecessor aparecieron en África y parte de ellos emigraron a Europa, evolucionando aquí hasta acabar convirtiéndose en neanderthalensis, mientras que los que quedaron en África evolucionaron a sapiens.

Humor y autocrítica
Tras la presentación oficial, actuó en la Domus el grupo teatral Chévere, que descubrió la renovada escultura e interpretó el «Tanguillo del Homo antecessor», creado especialmente para la ocasión. La pieza musical sirvió para recordar de manera humorística la importancia de la especie descubierta en Atapuerca y para dejar una crítica sobre la visión que tenemos los humanos de nosotros mismos como cumbre de la evolución.

Romper con esos prejuicios, con esa visión antropocentrista, es uno de los objetivos de la exposición «Homínidos y Homínidas». Y de ahí su subtítulo, «La familia presumida», que da también nombre a la escultura. La exposición invita a los visitantes a indagar en las características biológicas de las que tanto presumimos los humanos y así ver que no somos el obligo del mundo. La locomoción bípeda, la pinza de precisión, la dieta omnívora o la tecnología son los hitos evolutivos de especies de homínidos ya extinguidas, no son características exclusivas de la especie humana.

Más información


21 julio 2009

A colonia de focas do Aquarium Finisterrae crece co nacemento de cinco crías

Ver nota completa: español | galego


— As cinco femias que viven cos machos foron nais estes días, logrando un pleno sen precedentes no acuario coruñés.
— Os visitantes poderán coñecer ás novas focas, en grupos reducidos e guiados, a partir do mércores 22 de xullo.
—A evolución das crías pode seguirse desde casa a través da webcam instalada na piscina das focas.

O Aquarium Finisterrae ten cinco novas estrelas: cinco crías de foca común, que veñen de nacer nas instalacións do acuario coruñés. Tras os partos, as nais atópanse en perfecto estado. As crías crecen sas e rapidamente, baixo a constante vixilancia do persoal do Aquarium Finisterrae e a partir de mañá, tamén baixo as curiosas miradas do público. Tras os primeiros días de adaptación das novas inquilinas, os visitantes poderán achegarse a piscina das focas en grupos reducidos e guiados polos monitores e coidadores das focas.



Este verán produciuse o feito excepcional de que as cinco focas do Aquarium Finisterrae que estiveron en contacto cos machos foron nais, parindo cada unha a súa cría durante as pasadas dúas semanas. En total, tres femias e dous machos, que ao nacer pesaron entre 10 e 12 quilos e mediron entre 50 e 63 centímetros. A primeira en chegar foi unha femia, filla de Petra, na madrugada do 4 de xullo. O día 7 naceu outra femia, filla de Vega. Lara pariu un macho o día 9; ao día seguinte, o 10, naceu outra femia, filla de Paula, e a última cría, un macho, naceu o día 16, e é fillo de Deneb.

Unha nai moi precoz
O pleno de embarazos con éxito sorprendeu ao persoal do Aquarium Finisterrae, sobre todo porque unha das femias aínda é moi nova para ser nai: “Vega quedou preñada con apenas 3 anos e foi toda unha sorpresa, pois na bibliografía non atopamos referencias de focas tan precoces e suponse que non entran na idade fértil ata os 5 ou 6 anos”, explica Marta Castelo, a veterinaria do acuario coruñés.

Ademais, tendo en conta que tanto Vega como Deneb xa naceran na mesma piscina, as súas crías pasan a inaugurar a terceira xeración de focas do Aquarium Finisterrae. E as felices avoas, Petra e Lara, volveron ser nais tamén estes días. Só a vella foca Bine, que vén de cumplir 24 anos (equivalentes aos 75 anos das persoas) e vive separada do resto, permaneceu allea a este festival da natalidade nunha colonia de focas que ten xa catorce individuos, contando con ela e os tres machos.

A primeiras horas dunha foca
Nestas latitudes, o verán coincide coa época de cría da foca común (Phoca vitulina), que é a especie máis abundante desta familia de mamíferos mariños e que habita as augas do norte dos océanos Pacífico e Atlántico.

As focas paren en terra firme. As do Aquarium Finisterrae fano sobre a plataforma onde os seus coidadores danlles de comer. Son partos rápidos e, ao pouco tempo, cando a nai se recupera empurra a cría á auga, para que empece a nadar.

Tras ese primeiro mergullo chega o momento crítico. De volta na plataforma, a cría debe mamar para repoñer enerxías e empezar a crecer; e en catividade, cría e nai non sempre se compenetran ben para esta tarefa, por unha cuestión de estrés debido á presenza de focas macho ou á proximidade das persoas. Por iso o acceso á piscina das focas estivo pechado durante os primeiros días de vida das novas crías e establecéronse turnos de vixilancia durante as 24 horas, que esixiron un grande esforzo ao persoal do acuario. E por iso, cando mañá 22 de xullo comencen as visitas guiadas (de 11 a 14 horas e de 17:30 a 20 horas) pregamos ao público que evite facer ruidos e movimentos bruscos que podan interferir nos delicados vínculos entre nai e filla.

Con comportamentos e xestos "moi humanos", as focas miman ás súas crías durante o mes que dura a lactación. Lévanas nadando sobre o seu lombo; tamén no seu colo, entre as aletas. Afúndenas para obrigalas a mergullarse durante varios minutos. Protéxenas da curiosidade das outras focas e dos humanos. Rara vez as deixan soas, polo que hai que aproveitar eses momentos de despiste para poder pesalas e examinalas.

Nun mes as crías terán duplicado o seu peso. Serán independentes dende o momento en que comecen a comer peixe, a levar unha dieta de foca adulta. Chega a desteta e tras esas primeiras semanas de estreita relación, a nai desenténdese da filla e a súa relación, na maioría dos casos, é igual que con calquera outra foca.



La colonia de focas del Aquarium Finisterrae crece con el nacimiento de cinco crías

— Las cinco hembras que viven con los machos fueron madres estos días, logrando un pleno sin precedentes en el acuario coruñés.
— Los visitantes podrán conocer a las nuevas focas, en grupos reducidos y guiados, a partir del miércoles 22 de julio.
— La evolución de las crías puede seguirse desde casa a través de la webcam instalada en la piscina de las focas.

El Aquarium Finisterrae tiene cinco nuevas estrellas: cinco crías de foca común, que acaban de nacer en las instalaciones del acuario coruñés. Tras los partos, las madres se encuentran en perfecto estado. Las creís crecen sanas y rápidamente, bajo la constante vigilancia del personal del Aquarium Finisterrae y a partir de mañana, también bajo las curiosas miradas del público. Tras los primeros días de adaptación de las nuevas inquilinas, los visitantes podrán acercarse la piscina de las focas en grupos reducidos y guiados por los monitores y cuidadores de las focas.

Ver álbum de fotos "Crías de focas 2009"

Este verano se produjo el hecho excepcional de que las cinco focas del Aquarium Finisterrae que estuvieron en contacto con los machos fueron madres, pariendo cada una su cría durante las pasadas dos semanas. En total, tres hembras y dos machos, que al nacer pesaron entre 10 y 12 kilos y midieron entre 50 y 63 centímetros. La primera en llegar fue una hembra, hija de Petra, en la madrugada del 4 de julio. El día 7 nació otra hembra, hija de Vega. Lara parió un macho el día 9; al día siguiente, el 10, nació otra hembra, hija de Paula, y la última cría, un macho, nació el día 16, y es hijo de Deneb.

Una madre muy precoz
El pleno de embarazos con éxito sorprendió al personal del Aquarium Finisterrae, sobre todo porque una de las hembras aún es muy nueva para ser madre: "Vega se quedó preñada con apenas 3 años y fue toda una sorpresa, pues en la bibliografía no encontramos referencias de focas tan precoces y se supone que no entran en la edad fértil incluso los 5 o 6 años", explica Marta Castelo, la veterinaria del acuario coruñés.

Además, teniendo en cuenta que tanto Vega como Deneb ya habían nacido en la misma piscina, sus crías pasan a inaugurar la tercera generación de focas del Aquarium Finisterrae. Y las felices abuelas, Petra y Lara, volvieron a ser madres también estos días. Sólo la vieja foca Bine, que acaba de cumplir 24 años (equivalentes a los 75 años de las personas) y vive separada del resto, permaneció ajena a este festival de la natalidad en una colonia de focas que tiene ya catorce individuos, contando con ella y los tres machos.

La primeras horas de una foca
En estas latitudes, el verano coincide con la época de cría de la foca común (Phoca vitulina), que es la especie más abundante de esta familia de mamíferos marinos y que habita las aguas del norte de los océanos Pacífico y Atlántico.

Las focas paren en tierra firme. Las del Aquarium Finisterrae lo hacen sobre la plataforma dónde sus cuidadores les dan de comer. Son partos rápidos y, al poco tiempo, cuando la madre se recupera, empuja la cría al agua, para que empiece a nadar.

Tras esa primera inmersión llega el momento crítico. De vuelta en la plataforma, la cría debe mamar para reponer energías y empezar a crecer; y en cautividad, cría y madre no siempre se compenetran bien para esta tarea, por una cuestión de estrés debido a la presencia de focas macho o a la cercanía de las personas. Por eso el acceso a la piscina de las focas estuvo cerrado durante los primeros días de vida de las nuevas crías y se establecieron turnos de vigilancia durante las 24 horas, que exigieron un gran esfuerzo al personal del acuario. Y por eso, cuándo mañana 22 de julio comencen las visitas guiadas (de 11 a 14 horas y de 17:30 a 20 horas) rogamos al público que evite hacer ruidos y movimentos bruscos que podan interferir en los delicados vínculos entre madre y hija.

Con comportamientos y gestos "muy humanos", las focas miman a sus crías durante el mes que dura la lactancia. Las llevan nadando sobre su lomo; también en su regazo, entre las aletas. Las hunden para obligarlas a bucear durante varios minutos. Las protegen de la curiosidad de las otras focas y de los humanos. Rara vez las dejan solas, por lo que hay que aprovechar esos momentos de despiste para poder pesarlas y examinarlas.

En un mes las crías habrán duplicado su peso. Serán independientes desde el momento en que comiencen a comer pescado, a llevar una dieta de foca adulta. Llega el destete y tras esas primeras semanas de estrecha relación, la madre se desentiende de la hija y su relación, en la mayoría de los casos, es igual que la que tiene con cualquier otra foca.



03 julio 2009

«A noite do vampiro» no Planetario da Casa das Ciencias

Ver nota completa: español | galego


—“A noite do vampiro” é un programa pensado para nenos e nenas de 4 a 10 anos


video

O Conde Von Siro é un encantador vampiro que hai moito decidiu ser vexetariano e alimentarse só de zume de tomate. Vive nun remoto castelo dedicado ás súas afeccións preferidas: ler, tocar o órgano do seu bisavó e observar o firmamento. Canso de tantas noites anubradas nas que non pode ver as estrelas, decide contratar a un científico para que constrúa un simulador de ceo. Tras pasar varias semanas encerrado no laboratorio, Dagoberto, que así se chama o seu axudante, completa a máquina e preséntalla ao conde: o Kinké Catódico Bicéfalo, un artefacto espectacular que lle permite reproducir un ceo estrelado ou viaxar a outros planetas.


Esta divertida produción do Planetario de Pamplona adaptouse ao sistema de proxección dixital da Casa das Ciencias. Este planetario dixital pode incorporar panoramas e ceos completos, e a proxección de imaxes en movemento en toda a cúpula. Deste xeito, os espectadores entran nas dependencias do castelo do Conde Von Siro, recreadas a toda cúpula, e descubrir o ceo da noite, no que se poden observar as estrelas, planetas e constelacións. O público tamén poderá viaxar ata paisaxes de Marte, a Terra e a Lúa, representados en panoramas de 360º, ou achegarse a Saturno para ver como son os seus aneis, formados por anacos de xeo.



«La noche del vampiro» en el Planetario de la Casa de las Ciencias

—«La noche del vampiro» es un programa pensado para niños y niñas de 4 a 10 años


video

El Conde Von Siro es un encantador vampiro que hace mucho decidió ser vegetariano y alimentarse solo de zumo de tomate. Vive en un remoto castillo dedicado a sus aficiones preferidas: leer, tocar el órgano de su bisabuelo y observar el firmamento. Cansado de tantas noches nubladas en las que no puede ver las estrellas, decide contratar a un científico para que construya un simulador de cielo. Tras pasar varias semanas encerrado en el laboratorio, Dagoberto, que así se llama su ayudante, completa la máquina y se la presenta al conde: el Kinké Catódico Bicéfalo, un artefacto espectacular que le permite reproducir un cielo estrellado o viajar la otros planetas.

Esta divertida producción del Planetario de Pamplona se adaptó al sistema de proyección digital de la Casa de las Ciencias. Este planetario digital puede incorporar panoramas y cielos completos, y proyecciones de imágenes en movimiento en toda la cúpula. De este modo, los espectadores entrarán en las dependencias del castillo del Conde Von Siro, recreadas a toda cúpula, y descubrir el cielo de la noche, en el que se pueden observar las estrellas, planetas y constelaciones. El público también podrá viajar hasta paisajes de Marte, la Tierra y la Luna, representados en panoramas de 360º, o acercarse a Saturno para ver como son sus anillos, formados por trozos de hielo.