21 julio 2009

A colonia de focas do Aquarium Finisterrae crece co nacemento de cinco crías

[Ver nota en galego]



— As cinco femias que viven cos machos foron nais estes días, logrando un pleno sen precedentes no acuario coruñés.
— Os visitantes poderán coñecer ás novas focas, en grupos reducidos e guiados, a partir do mércores 22 de xullo.
—A evolución das crías pode seguirse desde casa a través da webcam instalada na piscina das focas.

O Aquarium Finisterrae ten cinco novas estrelas: cinco crías de foca común, que veñen de nacer nas instalacións do acuario coruñés. Tras os partos, as nais atópanse en perfecto estado. As crías crecen sas e rapidamente, baixo a constante vixilancia do persoal do Aquarium Finisterrae e a partir de mañá, tamén baixo as curiosas miradas do público. Tras os primeiros días de adaptación das novas inquilinas, os visitantes poderán achegarse a piscina das focas en grupos reducidos e guiados polos monitores e coidadores das focas.



Este verán produciuse o feito excepcional de que as cinco focas do Aquarium Finisterrae que estiveron en contacto cos machos foron nais, parindo cada unha a súa cría durante as pasadas dúas semanas. En total, tres femias e dous machos, que ao nacer pesaron entre 10 e 12 quilos e mediron entre 50 e 63 centímetros. A primeira en chegar foi unha femia, filla de Petra, na madrugada do 4 de xullo. O día 7 naceu outra femia, filla de Vega. Lara pariu un macho o día 9; ao día seguinte, o 10, naceu outra femia, filla de Paula, e a última cría, un macho, naceu o día 16, e é fillo de Deneb.

Unha nai moi precoz
O pleno de embarazos con éxito sorprendeu ao persoal do Aquarium Finisterrae, sobre todo porque unha das femias aínda é moi nova para ser nai: “Vega quedou preñada con apenas 3 anos e foi toda unha sorpresa, pois na bibliografía non atopamos referencias de focas tan precoces e suponse que non entran na idade fértil ata os 5 ou 6 anos”, explica Marta Castelo, a veterinaria do acuario coruñés.

Ademais, tendo en conta que tanto Vega como Deneb xa naceran na mesma piscina, as súas crías pasan a inaugurar a terceira xeración de focas do Aquarium Finisterrae. E as felices avoas, Petra e Lara, volveron ser nais tamén estes días. Só a vella foca Bine, que vén de cumplir 24 anos (equivalentes aos 75 anos das persoas) e vive separada do resto, permaneceu allea a este festival da natalidade nunha colonia de focas que ten xa catorce individuos, contando con ela e os tres machos.

A primeiras horas dunha foca
Nestas latitudes, o verán coincide coa época de cría da foca común (Phoca vitulina), que é a especie máis abundante desta familia de mamíferos mariños e que habita as augas do norte dos océanos Pacífico e Atlántico.

As focas paren en terra firme. As do Aquarium Finisterrae fano sobre a plataforma onde os seus coidadores danlles de comer. Son partos rápidos e, ao pouco tempo, cando a nai se recupera empurra a cría á auga, para que empece a nadar.

Tras ese primeiro mergullo chega o momento crítico. De volta na plataforma, a cría debe mamar para repoñer enerxías e empezar a crecer; e en catividade, cría e nai non sempre se compenetran ben para esta tarefa, por unha cuestión de estrés debido á presenza de focas macho ou á proximidade das persoas. Por iso o acceso á piscina das focas estivo pechado durante os primeiros días de vida das novas crías e establecéronse turnos de vixilancia durante as 24 horas, que esixiron un grande esforzo ao persoal do acuario. E por iso, cando mañá 22 de xullo comencen as visitas guiadas (de 11 a 14 horas e de 17:30 a 20 horas) pregamos ao público que evite facer ruidos e movimentos bruscos que podan interferir nos delicados vínculos entre nai e filla.

Con comportamentos e xestos "moi humanos", as focas miman ás súas crías durante o mes que dura a lactación. Lévanas nadando sobre o seu lombo; tamén no seu colo, entre as aletas. Afúndenas para obrigalas a mergullarse durante varios minutos. Protéxenas da curiosidade das outras focas e dos humanos. Rara vez as deixan soas, polo que hai que aproveitar eses momentos de despiste para poder pesalas e examinalas.

Nun mes as crías terán duplicado o seu peso. Serán independentes dende o momento en que comecen a comer peixe, a levar unha dieta de foca adulta. Chega a desteta e tras esas primeiras semanas de estreita relación, a nai desenténdese da filla e a súa relación, na maioría dos casos, é igual que con calquera outra foca.



La colonia de focas del Aquarium Finisterrae crece con el nacimiento de cinco crías

— Las cinco hembras que viven con los machos fueron madres estos días, logrando un pleno sin precedentes en el acuario coruñés.
— Los visitantes podrán conocer a las nuevas focas, en grupos reducidos y guiados, a partir del miércoles 22 de julio.
— La evolución de las crías puede seguirse desde casa a través de la webcam instalada en la piscina de las focas.

El Aquarium Finisterrae tiene cinco nuevas estrellas: cinco crías de foca común, que acaban de nacer en las instalaciones del acuario coruñés. Tras los partos, las madres se encuentran en perfecto estado. Las creís crecen sanas y rápidamente, bajo la constante vigilancia del personal del Aquarium Finisterrae y a partir de mañana, también bajo las curiosas miradas del público. Tras los primeros días de adaptación de las nuevas inquilinas, los visitantes podrán acercarse la piscina de las focas en grupos reducidos y guiados por los monitores y cuidadores de las focas.

Ver álbum de fotos "Crías de focas 2009"

Este verano se produjo el hecho excepcional de que las cinco focas del Aquarium Finisterrae que estuvieron en contacto con los machos fueron madres, pariendo cada una su cría durante las pasadas dos semanas. En total, tres hembras y dos machos, que al nacer pesaron entre 10 y 12 kilos y midieron entre 50 y 63 centímetros. La primera en llegar fue una hembra, hija de Petra, en la madrugada del 4 de julio. El día 7 nació otra hembra, hija de Vega. Lara parió un macho el día 9; al día siguiente, el 10, nació otra hembra, hija de Paula, y la última cría, un macho, nació el día 16, y es hijo de Deneb.

Una madre muy precoz
El pleno de embarazos con éxito sorprendió al personal del Aquarium Finisterrae, sobre todo porque una de las hembras aún es muy nueva para ser madre: "Vega se quedó preñada con apenas 3 años y fue toda una sorpresa, pues en la bibliografía no encontramos referencias de focas tan precoces y se supone que no entran en la edad fértil incluso los 5 o 6 años", explica Marta Castelo, la veterinaria del acuario coruñés.

Además, teniendo en cuenta que tanto Vega como Deneb ya habían nacido en la misma piscina, sus crías pasan a inaugurar la tercera generación de focas del Aquarium Finisterrae. Y las felices abuelas, Petra y Lara, volvieron a ser madres también estos días. Sólo la vieja foca Bine, que acaba de cumplir 24 años (equivalentes a los 75 años de las personas) y vive separada del resto, permaneció ajena a este festival de la natalidad en una colonia de focas que tiene ya catorce individuos, contando con ella y los tres machos.

La primeras horas de una foca
En estas latitudes, el verano coincide con la época de cría de la foca común (Phoca vitulina), que es la especie más abundante de esta familia de mamíferos marinos y que habita las aguas del norte de los océanos Pacífico y Atlántico.

Las focas paren en tierra firme. Las del Aquarium Finisterrae lo hacen sobre la plataforma dónde sus cuidadores les dan de comer. Son partos rápidos y, al poco tiempo, cuando la madre se recupera, empuja la cría al agua, para que empiece a nadar.

Tras esa primera inmersión llega el momento crítico. De vuelta en la plataforma, la cría debe mamar para reponer energías y empezar a crecer; y en cautividad, cría y madre no siempre se compenetran bien para esta tarea, por una cuestión de estrés debido a la presencia de focas macho o a la cercanía de las personas. Por eso el acceso a la piscina de las focas estuvo cerrado durante los primeros días de vida de las nuevas crías y se establecieron turnos de vigilancia durante las 24 horas, que exigieron un gran esfuerzo al personal del acuario. Y por eso, cuándo mañana 22 de julio comencen las visitas guiadas (de 11 a 14 horas y de 17:30 a 20 horas) rogamos al público que evite hacer ruidos y movimentos bruscos que podan interferir en los delicados vínculos entre madre y hija.

Con comportamientos y gestos "muy humanos", las focas miman a sus crías durante el mes que dura la lactancia. Las llevan nadando sobre su lomo; también en su regazo, entre las aletas. Las hunden para obligarlas a bucear durante varios minutos. Las protegen de la curiosidad de las otras focas y de los humanos. Rara vez las dejan solas, por lo que hay que aprovechar esos momentos de despiste para poder pesarlas y examinarlas.

En un mes las crías habrán duplicado su peso. Serán independientes desde el momento en que comiencen a comer pescado, a llevar una dieta de foca adulta. Llega el destete y tras esas primeras semanas de estrecha relación, la madre se desentiende de la hija y su relación, en la mayoría de los casos, es igual que la que tiene con cualquier otra foca.