30 septiembre 2009

O venres 2 de outubro a Domus acolle o discurshow “Matarratos Darwin"

[Ver nota en galego]



—O “discurshow” é un xeito novo e atractivo de divulgar a ciencia, artellado polo científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza
—Esta mestura de xéneros é unha especie de charla teatralizada, ou de teatro con carácter de conferencia
—A primeira representación pública dun discurshow será o venres 2 de outubro na Sala Leonardo da Vinci da Domus, con acceso gratuito para o público


O venres 2 de outubro, ás 19:30 horas, estréase na Domus un novo formato de divulgación científica: o discurshow, unha mestura de teatro e conferencia. A peza escollida para a estrea é “Matarratos Darwin”, unha entretida viaxe polas anécdotas e interesantes circunstancias que rodearon a viaxe que o xoven Charles Darwin iniciou en 1831, a bordo do barco británico de investigación cartográfica Beagle.

A actividade, de carácter gratuito, está englobada no programa de actos de celebración do Ano Darwin nos Museos Científicos Coruñeses. A idea e a posta en práctica de "Matarratos Darwin" son cousa do científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza.

Todos temos algunha idea de quen foi Darwin, algúns teñen algunha idea de en que consisten os seus traballos e teorías (desenvolvidas logo de dar a volta ao mundo), pero moi pouca xente coñece os motivos reais desa viaxe, as anécdotas que xurdiron e as aventuras e desventuras que viviu o mozo Darwin entre 1831 e 1836.

O discurshow “Matarratos Darwin (as anécdotas que non se contan da viaxe dun gran naturalista)” é un espectáculo didáctico que dura 1 hora e 15 minutos, apto para todos os públicos, incluso para aqueles que cren que xa o saben todo sobre Darwin.

Xurxo Mariño é profesor e científico da Universidade da Coruña, e divulgador. Como científico traballa en proxectos relacionados co estudo da actividade do sistema nervioso. Como divulgador leva adiante diversos proxectos: cafés-teatro-científicos, colaboracións en internet e en distintos medios de comunicación.

Vicente de Souza é actor profesional. Participa tanto en proxectos teatrais como de cine (La rosa de piedra, Matalobos, Cores, etc.) e televisión (Los hombres de Paco, Libro de Familia, Cuéntame, Hospital Central, etc.). Este ano levou o premio ao Mellor Actor no Festival de Cans de curtas por ¿Quieres ser director de cine?

Domus
Santa Teresa, 1
A Coruña


El viernes 2 de octubre a Domus acoge el discurshow "Matarratos Darwin"

—El "discurshow" es una manera nueva y atractiva de divulgar la ciencia, inventado por el científico Xurxo Marino y el actor Vicente de Souza
—Esta mezcla de géneros es una especie de charla teatralizada, o de teatro con carácter de conferencia
—La primera representación pública de un discurshow será el viernes 2 de octubre en la Sala Leonardo de la Vinci de la Domus, con acceso gratuito para el público


El viernes 2 de octubre, a las 19:30 horas, se estrena en la Domus un nuevo formato de divulgación científica: el discurshow, una mezcla de teatro y conferencia. La pieza escogida para el estreno es "Matarratos Darwin", un entretenido viaje por las anécdotas e interesantes circunstancias que rodearon el viaje que el joven Charles Darwin inició en 1831, a bordo del barco británico de investigación cartográfica Beagle.

La actividad, de carácter gratuito, está englobada en el programa de actos de celebración del Año Darwin en los Museos Científicos Coruñeses. La idea y la puesta en práctica de "Matarratos Darwin" son cosa del científico Xurxo Marino y el actor Vicente de Souza.

Todos tenemos alguna idea de quién fue Darwin, algunos tienen alguna idea de en que consisten sus trabajos y teorías (desarrolladas después de dar la vuelta al mundo), pero muy poca gente conoce los motivos reales de ese viaje, las anécdotas que surgieron y las aventuras y desventuras que vivió el chico Darwin entre 1831 y 1836.

El discurshow "Matarratos Darwin (las anécdotas que no se cuentan del viaje de un gran naturalista)" es un espectáculo didáctico que dura 1 hora y 15 minutos, apto para todos los públicos, incluso para aquellos que creen que ya lo saben todo sobre Darwin.

Xurxo Mariño es profesor y científico de la Universidad de la Coruña, y divulgador. Como científico trabaja en proyectos relacionados con el estudio de la actividad del sistema nervioso. Como divulgador lleva adelante diversos proyectos: cafés-teatro-científicos, colaboraciones en internet y en distintos medios de comunicación.

Vicente de Souza es actor profesional. Participa tanto en proyectos teatrales como de cine (La rosa de piedra, Matalobos, Cores, etc.) y televisión (Los hombres de Paco, Libro de Familia, Cuéntame, Hospital Central, etc.). Este año obtuvo el premio al Mejor Actor en el Festival de Cans de cortos por ¿Quieres ser director de cine?

Domus
Santa Teresa, 1
A Coruña