22 octubre 2009

A CASA DAS CIENCIAS ORGANIZA SESIÓNS ESPECIAIS DE PLANETARIO SOBRE AS OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS DE GALILEO

[Ver nota en galego]




Dentro das actividades organizadas con motivo do Ano Internacional da Astronomía, moitos planetarios e museos de ciencia incluíron a titulada "As noites de Galileo". Consiste en reproducir as observacións que a comezos de 1610 Galileo Galilei realizou da Lúa, os satélites de Xúpiter, os cúmulos de estrelas e a Vía Láctea, obxectivos todos eles que están ao alcance dun pequeno telescopio ou mesmo duns prismáticos.

Na Coruña as condicións meteorolóxicas poden non permitir facer as observacións esta semana, cando están programadas en todo o mundo. Por iso, a Casa das Ciencias ofrecerá sesións especiais o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de outubro, ás 18.00 horas. Nelas explicarase a importancia das observacións de Galileo, e proporcionarase información para os que queiran repetilas.


La Casa de las Ciencias organiza sesiones especiales de planetario sobre las observaciones astronómicas de Galileo

Dentro de las actividades organizadas con motivo del Año Internacional de la Astronomía, muchos planetario y museos de ciencia han incluido la titulada “Las noches de Galileo”. Se trata de reproducir las observaciones que a comienzos de 1610 Galileo realizó de la Luna, los satélites de Júpiter, los cúmulos de estrellas y la Vía Láctea, objetivos todos ellos que están al alcance de un pequeño telescopio o incluso unos prismáticos.

En A Coruña las condiciones meteorológicas no permitirán hacer las observaciones esta semana, cuando están programadas en todo el mundo. Por ello, la Casa de las Ciencias ofrecerá sesiones especiales el viernes 23, sábado 24 y domingo 25 de octubre, a las 18.00 horas. En ellas se explicará la importancia de las observaciones de Galileo, y se proporcionará información para quienes quieran repetirlas.