11 octubre 2009

OS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES ORGANIZAN UNHAS XORNADAS DE TEATRO CIENTÍFICO PARA NENOS

[Ver nota en galego]




Da man do Grupo Chévere, as xornadas comezarán o próximo 17 de outubro na Domus, de 12 a 14 horas, coa realización dun grupo de teatro para nenos e nenas de 6 a 11 anos. Para participar é necesario apuntarse chamando ao teléfono 981 189 840 a partir do martes 13 desde as 10 de mañá.

Cos 15 nenos que ocupen as prazas que se ofertan nesta actividade formarase un grupo de teatro que desenvolverá unha obra en torno ao tema da evolución. Ao longo das seis xornadas en que se reunirán (17, 24, 31 de outubro, 7, 14 e 21 de novembro), abordarán diferentes aspectos da creación teatral, como a maquillaxe ou o vestiario, para finalizar o 21 de novembro coa representación da obra.

ACTIVIDADES NA CASA DAS CIENCIAS E NO AQUARIUM
O Planetario da Casa das Ciencias acollerá Cosmicontos dirixidos a nenos de 4 a 10 anos. Celebraranse o 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 17 horas.

E no Aquarium Finisterrae realizaranse visitas teatralizadas guiadas polo Capitán Nemo. Están pensadas para nenos de 6 a 13 anos, e terán lugar o 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 18 horas. A reserva de praza debe facerse chamado ao 981 189 842.

Todas estas xornadas de teatro científico son gratuitas, e están organizadas polos Museos Científicos Coruñeses co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.



LOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES ORGANIZAN UNAS JORNADAS DE TEATRO CIENTÍFICO PARA NIÑOS

De la mano del Grupo Chévere, las jornadas comenzarán el próximo 17 de octubre en la Domus, de 12 a 14 horas, con la realización de un grupo de teatro para niños y niñas de 6 a 11 años. Para participar es necesario apuntarse llamando al teléfono 981 189 840 a partir del martes 13 desde las 10 de mañana.

Con los 15 niños que ocupen las plazas que se ofertan en esta actividad se formará un grupo de teatro que desarrollará una obra en torno al tema de la evolución. A lo largo de las seis jornadas en que se reunirán (17, 24, 31 de octubre, 7, 14 y 21 de noviembre), abordarán diferentes aspectos de la creación teatral, como el maquillaje o el vestuario, para finalizar el 21 de noviembre con la representación de la obra.


ACTIVIDADES EN LA CASA DE LAS CIENCIAS Y EN EL AQUARIUM
El Planetario de la Casa de las Ciencias acogerá Cosmicontos dirigido a niños de 4 a 10 años. Se celebrarán el 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 17 horas.

Y en el Aquarium Finisterrae se realizarán visitas teatralizadas guiadas por el Capitán Nemo. Están pensadas para niños de 6 a 13 años, y tendrán lugar el 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 18 horas. La reserva de plaza debe hacerse llamado al 981 189 842.

Todas estas jornadas de teatro científico son gratuitas, y están organizadas por los Museos Científicos Coruñeses con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desarrollo e innovación, Xunta de Galicia.