13 noviembre 2009

O Aquarium Finisterrae presenta a exposición “Historia do príncipe e a sardiña”

[Ver nota en galego]



—Exposición fotográfica sobre a viaxe de Alberte I de Mónaco a Galicia e Portugal para estudar a pesca da sardiña.

As fotos, inéditas, e os documentos que compoñen esta exposición foron cedidos polo Musée Océanographique de Mónaco e proceden das expedicións de Alberte I a Galicia e Portugal (1886 e 1909). Están relacionadas coa historia da pesca e a comercialización da sardiña en Galicia, e forman parte da documentación das campañas do Hirondelle.

>> Descarga gratis:  Catálogo da exposición

Durante a súa expedición de 1886, o iate Hirondelle do príncipe Alberte I de Mónaco (fundador da oceanografía) fixo escala nos portos da Coruña e Vigo. O obxectivo da visita era estudar a pesca da sardiña e recompilar materiais, ensinos e exemplos que permitisen comprender por que este peixe desaparecera por completo das costas de Bretaña.

Naquela época, a pesca e conservación da sardiña eran moi importantes para a economía bretoa. Ademais, Francia era o primeiro exportador mundial de conservas de peixe. Por iso, a desaparición da sardiña durante a década de 1880 provocou unha importante crise económica e empuxou aos produtores locais a buscar unha solución en Galicia e Portugal. Creáronse varias empresas mixtas e, en poucos anos, a nosa comunidade ocupou o lugar de Francia no mercado internacional. De feito, en 1887 Galicia exportou ao país veciño 1.323.413 quilos de sardiñas en lata.

A produción da exposición supuxo un importante labor de dixitalización das fotografías orixinais, que se expoñen no seu estado real, sen retoques. Os textos que acompañan ás fotografías son citas obtidas do artigo que Alberte I de Mónaco publicou no número de abril de 1887 da Revue Scientifique sobre o estudo que fixo da pesca da sardiña en Galicia e Portugal.

Para contextualizar as fotos desde o punto de vista científico, a exposición inclúe tamén un apartado dedicado aos instrumentos utilizados durante a expedición de 1886 e ás publicacións ás que deu orixe.

"Historia do príncipe e a sardiña" é unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración co Musée Océanographique de Mónaco e coa participación e patrocinio do Museo do Mar de Galicia.


El Aquarium Finisterrae presenta la exposición "Historia del príncipe y la sardina"

—Exposición fotográfica sobre el viaje de Alberto I de Mónaco a Galicia y Portugal para estudiar la pesca de la sardina.

Las fotos, inéditas, y los documentos que componen esta exposición fueron cedidos por el Musée Océanographique de Mónaco y proceden de las expediciones de Alberto I a Galicia y Portugal (1886 y 1909). Están relacionadas con la historia de la pesca y la comercialización de la sardina en Galicia, y forman parte de la documentación de las campañas del Hirondelle.


>> Descarga gratis:  Catálogo de la exposición
 
Durante su expedición de 1886, el yate Hirondelle del príncipe Alberto I de Mónaco (fundador de la oceanografía) hizo escala en los puertos de A Coruña y Vigo. El objetivo de la visita era estudiar la pesca de la sardina y recopilar materiales, enseñanzas y ejemplos que permitieran comprender por qué este pescado había desaparecido por completo de las costas de Bretaña.

En aquella época, la pesca y conservación de la sardina eran muy importantes para la economía bretona. Además, Francia era el primer exportador mundial de conservas de pescado. Por eso, la desaparición de la sardina durante la década de 1880 provocó una importante crisis económica y empujó a los productores locales a buscar una solución en Galicia y Portugal. Se crearon varias empresas mixtas y, en pocos años, nuestra comunidad ocupó el lugar de Francia en el mercado internacional. De hecho, en 1887 Galicia exportó al país vecino 1.323.413 kilos de sardinas en lata.

La producción de la exposición supuso una importante labor de digitalización de las fotografías originales, que se exponen en su estado real, sin retoques. Los textos que acompañan a las fotografías son citas obtenidas del artículo que Alberto I de Mónaco publicó en el número de abril de 1887 de la Revue Scientifique sobre el estudio que hizo de la pesca de la sardina en Galicia y Portugal.

Para contextualizar las fotos desde el punto de vista científico, la exposición incluye también un apartado dedicado a los instrumentos utilizados durante la expedición de 1886 y a las publicaciones a las que dio origen.

"Historia del príncipe y la sardina" es una exposición producida por los Museos Científicos Coruñeses en colaboración con el Musée Océanographique de Mónaco y con la participación y patrocinio del Museo del Mar de Galicia.