07 noviembre 2009

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia 2009

[Ver nota en galego]



—O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, do 9 ao 15 de novembro

A Semana da Ciencia 2009 inclúe un conxunto de actividades patrocinadas pola Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de I+D+i):
- Na Casa das Ciencias, Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo para nenos entre 4 e 10 anos.
- No Aquarium haberá visitas teatralizadas guiadas polo Capitán Nemo, pensadas para nenos entre 6 e 13 anos.
- Na Domus, o 21 de novembro, un grupo de nenos e nenas que levan varias sesións traballando baixo a dirección do grupo Chévere, representará unha obra sobre evolución. A actividade comezou o pasado de outubro coa formación do grupo de teatro con nenos e nenas entre 6 e 11 anos. Ao longo de seis xornadas traballaron diferentes aspectos da creación teatral, como a maquillaxe ou o vestiario.

Ademais, o martes 10 presentarase na Domus o libro “Aquí estamos…mutando”, editado por Ana González Tizón e realizado por ela mesma con Andrés Martínez Lage, ambos os dous da Universidade da Coruña, e alumnos do terceiro ciclo de Bioloxía.

O día 12 presentarase no Aquarium “Historia do Príncipe e a sardina”, unha exposición de fotografías sobre a expedición científica a Galicia do Príncipe Alberto I de Mónaco, producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración có Musée Océanographique de Mónaco e coa participación e patrocinio do Museo do Mar de Galicia.

E o sábado 14 de novembro terá lugar a entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Entre os actos que engloba este evento, está unha conferencia o día 13 na Domus a cargo do gañador na modalidade de textos inéditos, que falará sobre a metamorfose dos insectos.


Programa completo da Semana da Ciencia 2009 nos Museos Científicos Coruñeses:

- Do 9 ao 15 de novembro: Portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

- 10 de novembro. Presentación do libro “Aquí estamos…mutando”, de Ana González Tizón (UDC). Na Domus ás 20 horas.

- 12 de novembro. Presentación de “Historia do Príncipe e a sardiña”, exposición de fotografías sobre a expedición científica a Galicia do Príncipe Alberto I de Mónaco (1886). No Aquarium Finisterrae ás 13:30 horas.

- 12 de novembro. Encontro con profesores, no que se lles presentarán as novidades dos Museos Científicos Coruñeses para o curso escolar. Na Domus ás 19 horas.

- 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 17 horas, no Planetario da Casa das Ciencias. Cosmicontos dirixidos a nenos de 4 a 10 anos. Actividade gratuita. Co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 18 horas, no Aquarium Finisterrae: visitas teatralizadas guiadas polo Capitán Nemo. Para nenos de 6 a 13 anos. Reserva de praza no teléfono 981 189 842. Actividade gratuita. Co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 13 de novembro. Conferencia “Biología y prodigio en la metamorfosis de los insectos “, a cargo de Xavier Bellés, director do Instituto de Bioloxía Evolutiva (CSIC-UPF). Prisma Casa das Ciencias 2009 ao mellor texto inédito. Na Domus, ás 20 horas.

- 14 de novembro. Actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación:
Presentación do documental "Descubriendo el comportamiento animal", Prisma ao mellor traballo multimedia 2009. Lugar: sala Leonardo da Vinci, Domus.
Entrega de Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Salón de Plenos do Excmo. Concello da Coruña.

- 21 de novembro. Representación na Domus dunha obra sobre evolución realizada polo grupo de teatro infantil dirixido por Chévere. Actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.


Los Museos Científicos Coruñeses celebran la Semana de la Ciencia 2009

—El programa de actividades se abre con jornadas de puertas abiertas en la Casa de las Ciencias, Domus y Aquarium Finisterrae, del 9 al 15 de noviembre

La Semana de la Ciencia 2009 incluye un conjunto de actividades patrocinadas por la Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de I+D+i):
- En la Casa de las Ciencias, Cosmicontos, sesiones especiales de teatro con el planetario como fondo para niños entre 4 y 10 años.
- En el Aquarium habrá visitas teatralizadas guiadas por el Capitán Nemo, pensadas para niños entre 6 y 13 años.
- En la Domus, el 21 de noviembre, un grupo de niños y niñas que llevan varias sesiones trabajando bajo la dirección del grupo Chévere, representará una obra sobre evolución. La actividad comenzó el pasado de octubre con la formación del grupo de teatro con niños y niñas de entre 6 y 11 años. A lo largo de seis jornadas trabajaron diferentes aspectos de la creación teatral, como el maquillaje o el vestuario.

Además, el martes 10 se presentará en la Domus el libro "Aquí estamos... mutando", editado por Ana González Tizón y realizado por ella misma con Andrés Martínez Lage, ambos de la Universidad de la Coruña, y alumnos del tercer ciclo de Biología.

El día 12 se presentará en el Aquarium "Historia del Príncipe y la sardina", una exposición de fotografías sobre la expedición científica a Galicia del Príncipe Alberto I de Mónaco, producida por los Museos Científicos Coruñeses en colaboración con el Musée Océanographique de Mónaco y con la participación y patrocinio del Museo del Mar de Galicia.

Y el sábado 14 de noviembre tendrá lugar a entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación. Entre los actos que engloba este evento está una conferencia el día 13 en la Domus, a cargo del ganador en la modalidad de textos inéditos, que hablará sobre la metamorfosis de los insectos.


Programa completo de la Semana de la Ciencia 2009 en los Museos Científicos Coruñeses:

- Del 9 al 15 de noviembre: Puertas abiertas en la Casa de las Ciencias, Domus y Aquarium Finisterrae.

- 10 de noviembre. Presentación del libro "Aquí estamos... mutando", de Ana González Tizón (UDC). En la Domus a las 20 horas.

- 12 de noviembre. Presentación de "Historia del Príncipe y la sardina", exposición de fotografías sobre la expedición científica a Galicia del Príncipe Alberto I de Mónaco (1886). En el Aquarium Finisterrae a las 13:30 horas.

- 12 de noviembre. Encuentro con profesores, en el que se les presentarán las novedades de los Museos Científicos Coruñeses para el curso escolar. En la Domus a las 19 horas.

- 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 17 horas, en el Planetario de la Casa de las Ciencias. Cosmicontos dirigidos a niños de 4 a 10 años. Actividad gratuita. Con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 18 horas, en el Aquarium Finisterrae: visitas teatralizadas guiadas por el Capitán Nemo. Para niños de 6 a 13 años. Reserva de plaza en el teléfono 981 189 842. Actividad gratuita. Con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección General de Investigación, desarrollo e innovación, Xunta de Galicia.

- 13 de noviembre. Conferencia "Biología y prodigio en la metamorfosis de los insectos", a cargo de Xavier Bellés, director del Instituto de Biología Evolutiva (CSIC-UPF). Prisma Casa de las Ciencias 2009 al mejor texto inédito. En la Domus, a las 20 horas.

- 14 de noviembre. Actos de entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación:
Presentación del documental "Descubriendo el comportamiento animal", Prisma al mejor trabajo multimedia 2009. Lugar: sala Leonardo de la Vinci, Domus. Entrega de Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación. Salón de Plenos del Excmo. Ayuntamiento de la Coruña.

- 21 de noviembre. Representación en la Domus de una obra sobre evolución realizada por el grupo de teatro infantil dirigido por Chévere. Actividad con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.