17 febrero 2009

Os Museos Científicos Coruñeses presentan no Parlamento Europeo as Monografías de Comunicación Científica

Ver nota completa: español | galego


—Os dosieres de preguntas e respostas, sobre temas como o cambio climático ou as vacas tolas, foron seleccionados como unha das mellores prácticas dos centros de ciencia da Unión Europea.

A presentación forma parte dun acto organizado por ECSITE (Asociación Europea de centros de ciencia, museos, zoos, acuarios e institucións de investigación, á que pertencen os Museos Científicos Coruñeses) que pretende poñer de relevancia ante a Comisión Europea e os parlamentarios o labor dos centros de ciencia na educación e divulgación científicas dos cidadáns, dende o convencemento de que poden contribuír a poñer a Europa no liderado mundial dunha economía baseada no coñecemento.

Para iso, ECSITE invitou os seus máis de 300 membros a presentar aquelas actividades que considerasen as súas Mellores Prácticas. Das máis de 30 propostas presentadas, seleccionáronse 8 entre as que se atopa a colección "Monografías de Comunicación Científica" dos Museos Científicos Coruñeses. Compartirá a presentación en Bruxelas cos outros sete seleccionados, que son os centros de ciencia Heureka de Finlandia, Deutsches Museum de Munich (Alemaña), Nemo de Ámsterdam (Holanda), Cité das Sciences & de l'industrie de París (Francia), Royal Belgian Institute of Natural Sciences (Bélgica), Experimentarium (Dinamarca), e rede Ciencia Viva (Portugal).

O proxecto
As Monografías de Comunicación Científica son un proxecto de comunicación que pretende dar respostas aos cidadáns ante cuestións científicas de actualidade ou que causan especial alarma social. Trátase de ofrecer respostas breves, concretas e nunha linguaxe comprensible para todos, a unha vintena de preguntas que salen dunha busca entre a poboación sobre as cuestións que máis preocupan á cidadanía en cada caso. O resultado é un documento informativo, accesible para todo tipo de públicos pero rigoroso, crible e atractivo, que permite varios niveis de lectura, constituíndo unha referencia documental sobre temas de actualidade científica.

Repártense 200.000 exemplares gratuitamente cos xornais, pero alcanza aínda maior repercusión ao colgarse da páxina web da institución:
http://www.casaciencias.org/mc2/responde.html

Os títulos publicados ata agora son: "Vacas tolas" (2001), "Antenas e saúde" (2002), "Mareas negras" (2002), "Clonación humana" (2004), "Vía Láctea" (2004), "Gripe aviar" (2005), "Cambio Climático" (2007) e "A Pataca" (2008). As Monografías, cunha tirada inicial de 200.000 exemplares cada unha, distribuíronse gratuitamente, e contaron para a súa edición co patrocinio da entidade financeira Caixanova.

No caso da monografía sobre "Cambio Climático", o interese suscitado por esta publicación en diferentes centros de ciencia europeos motivou que a rede de excelencia Eur-Oceans, coa que colabora o Aquarium Finisterrae, solicitase a súa edición en varios idiomas. A Monografía de Comunicación Científica sobre Cambio Climático está así dispoñible en castelán, galego, inglés, italiano, francés, grego e sueco, e foi distribuída en acuarios e centros de ciencia do Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Grecia, Polonia, Mónaco e España. Tamén foi editado en valenciano polo Museo das Ciencias Príncipe Felipe.

Máis información:
http://www.european-agenda.com/events/25105.php



Los Museos Científicos Coruñeses presentan en el Parlamento Europeo sus Monografías de Comunicación Científica

—Los dosieres de preguntas y respuestas, sobre temas como el cambio climático o las vacas locas, fueron seleccionados como una de las mejores prácticas de los centros de ciencia de la Unión Europea.

La presentación forma parte de un acto organizado por ECSITE (Asociación Europea de centros de ciencia, museos, zoos, acuarios e instituciones de investigación, a la que pertenecen los Museos Científicos Coruñeses) que pretende poner de relevancia ante la Comisión Europea y los parlamentarios la labor de los centros de ciencia en la educación y divulgación científicas de los ciudadanos, desde el convencimiento de que pueden contribuir a poner a Europa en el liderazgo mundial de una economía basada en el conocimiento.

Para ello, ECSITE invitó a sus más de 300 miembros a presentar aquellas actividades que considerasen sus Mejores Prácticas. De las más de 30 propuestas presentadas, se seleccionaron 8 entre las que se encuentra la colección "Monografías de Comunicación Científica" de los Museos Científicos Coruñeses. Compartirá la presentación en Bruselas con los otros siete seleccionados, que son los centros de ciencia Heureka de Finlandia, Deutsches Museum de Munich (Alemania), Nemo de Ámsterdam (Holanda), y Cité des Sciences & de l'industrie de París (Francia), Royal Belgian Institute of Natural Sciences (Bélgica), Experimentarium (Dinamarca), y red Ciencia Viva (Portugal).

El proyecto
Las Monografías de Comunicación Científica son un proyecto de comunicación que pretende dar respuestas a los ciudadanos ante cuestiones científicas de actualidad o que causan especial alarma social.
Se trata de ofrecer respuestas breves, concretas y en un lenguaje comprensible para todos, a una veintena de preguntas que salen de una búsqueda entre la población sobre las cuestiones que más preocupan a
la ciudadanía en cada caso. El resultado es un documento informativo, accesible para todo tipo de públicos pero riguroso, creíble y atractivo, que permite varios niveles de lectura, constituyendo una referencia documental sobre temas de actualidad científica.

Se reparten 200.000 ejemplares gratuitamente con los periódicos, pero alcanza aún mayor repercusión al colgarse de la página web de la institución:
http://www.casaciencias.org/mc2/responde.html

Los títulos publicados hasta ahora son: "Vacas locas" (2001), "Antenas y salud" (2002), "Mareas negras" (2002), "Clonación humana" (2004), "Vía Láctea" (2004), "Gripe aviar" (2005), "Cambio Climático" (2007) y "La Patata" (2008). Las Monografías, con una tirada inicial de 200.000 ejemplares cada una, se distribuyeron gratuitamente, y contaron para su edición con el patrocinio de la entidad financiera Caixanova.

En el caso de la monografía sobre "Cambio Climático", el interés suscitado por esta publicación en diferentes centros de ciencia europeos motivó que la red de excelencia Eur-Oceans, con la que colabora el Aquarium Finisterrae, solicitara su edición en varios idiomas. La Monografía de Comunicación Científica sobre Cambio Climático está así disponible en castellano, gallego, inglés, italiano, francés, griego y sueco, y ha sido distribuida en acuarios y centros de ciencia del Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Grecia, Polonia, Mónaco y España. También fue editada en valenciano por el Museo de las Ciencias Príncipe Felipe.

Más información:
http://www.european-agenda.com/events/25105.php



15 febrero 2009

Celebracións do Ano Darwin nos Museos Científicos Coruñeses

Ver nota completa: español | galego


—O xoves 12 de febreiro de 2009 (día no que se cumpriron douscentos anos do nacemento de Charles Darwin), se presenta na Domus o programa de actos de celebración do Ano Darwin polos Museos Científicos Coruñeses.
—Ao final do acto tivo lugar unha breve representación especialmente elaborada para a ocasión por parte de Casa Hamlet, recoñecida entidade teatral coruñesa.


As actividades conmemorativas do ano Darwin comenzaron xusto tras a presentación, cun coloquio sobre a teoría da evolución organizado en colaboración coa Unidade de Divulgación e Cultura Científica e Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña. O coloquio foi presentado e moderado polo director dos Museos Científicos Coruñeses, Xosé A. Fraga e en el interviron diversos profesores da institución académica (Roberto Bao, Marta Vila, Pedro Galán) e o divulgador Ernesto Carmena.


- Programa de planetario
En abril inciarase a proxección no Planetario dixital da Casa das Ciencias de “Evolución”, un programa de elaboración propia en colaboración cos planetarios de Pamplona e Cuenca. O tema tratado é a evolución biolóxica no contexto do cambio da materia universal.

- Premio Luis Freire
A celebración do Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia, anima na súa undécima edición a propoñer investigacións sobre temas relacionados coa evolución. Este premio, convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. A final celebrarase o 6 de xuño.

- Paxina web
Incorporarase na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses (www.casaciencias.org) un apartado dedicado á evolución, que recolla a axenda dos actos que celebraranse e outras informacións de interese. Na mesma páxina web, e máis en concreto na “Wikiteca”, trataranse temas de actualidade relacionados coa evolución biolóxica.

- Día da Ciencia na rúa
No día da Ciencia na rúa (9 de maio, parque de Santa Margarida), actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, e para a que anímase a contribuir con traballos sobre a evolución biolóxica e a figura de Darwin, procederase á incorporación da Rá de Darwin (Rhinoderma darwinii) á exposición de anfibios que hai na Casa das Ciencias.

- Exposición na Casa das Ciencias
A intervención “estrela” dos actos de celebración do Ano Darwin será unha exposición, na Casa das Ciencias, sobre o propio naturalista inglés: “O asombro de Mr. Darwin”, que se inaugurará en xuño de 2009 e permanecera varios meses na segunda planta.
Tratará sobre a vivencia do mozo atraido polo coñecemento e disfrute da natureza e enfeitizado polo que observou na súa singular viaxe. E tamén a do home que construíu unha teoría revolucionaria, conmovido pola consciencia da súa trascendencia e impacto.
Esta exposición presenta a singularidade de ser o resultado dun guión orixinal elaborado polos Museos Científicos Coruñeses, que compartirán a execución da proposta.
Con motivo desta inauguración terá lugar outra breve representación de Casa Hamlet.

- Módulos sobre evolución na Domus e no Aquarium Finisterrae
Tamén nesas datas, incorporanrase novos módulos á exposición da Domus sobre evolución humana Homínidos. A familia presumida, e no Aquarium Finisterrae.

- Recursos educativos
Elaborarase un kit con recursos multimedia para axudar a abordar nas aulas o tema da evolución biolóxica. Distribuirase nunha memoria USB (pendrive) con contidos variados: documentais, páxinas web, xogos, etc.

- Ciclo de conferencias
Celebraranse diversas conferencias e coloquios sobre a teoría da evolución e Charles Darwin ao longo do ano 2009 na sala Leonardo da Vinci (Domus).

- Conmemoración do aniversario de "A orixe das especies"
O 24 de novembro conmemórase o cento cincoenta aniversario da edición de A orixe das especies cun acto singular, no que terá lugar a terceira representación por parte de Casa Hamlet.

A todo iso débese engadir a posibilidade dunha serie de actos a celebrar en colaboración con outros museos de ciencias de Galicia.



Celebraciones del Año Darwin en los Museos Científicos Coruñeses

—El jueves 12 de febrero de 2009 (día en el que se cumplieron doscientos años del nacimiento de Charles Darwin), se presentó en la Domus el programa de actos de celebración del Año Darwin por los Museos Científicos Coruñeses.
—En el acto tuvo lugar una breve representación especialmente elaborada para la ocasión por parte de Casa Hamlet, reconocida entidad teatral coruñesa.


Las actividades conmemorativas del Año Darwin comenzaron justo tras la presentación, con un coloquio sobre la teoría de la evolución realizado en colaboración con la Unidad de Divulgación y Cultura Científica y la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña. El coloquio fue presentado y moderado por el director de los Museos Científicos Coruñeses, Xosé A. Fraga y en él intervendrán diversos profesores de la institución académica (Roberto Bao, Marta Vila, Pedro Galán) y el divulgador Ernesto Carmena.

- Programa de planetario
En abril se iniciará la proyección en el Planetario digital de la Casa de las Ciencias de "Evolución", un programa de elaboración propia en colaboración con los planetarios de Pamplona y Cuenca. El tema tratado es la evolución biológica en el contexto del cambio de la materia universal.

- Premio Luis Freire
La celebración del Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirigido a los estudiantes de secundaria en Galicia, anima en su undécima edición a proponer investigaciones sobre temas relacionados con la evolución. Este premio, convocado por los Museos Científicos Coruñeses y El Corte Inglés, en colaboración con la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, busca fomentar el interés por la ciencia y la formación en actitudes científicas. La final se celebrará el 6 de junio.

- Paxina web
Se incorporará en la página web de los Museos Científicos Coruñeses (www.casaciencias.org) un apartado dedicado a la evolución, que recoja la agenda de los actos que se celebrarán y otras informaciones de interés. En la misma página web, y más en concreto en la "Wikiteca", se tratarán temas de actualidad relacionados con la evolución biológica.

- Día de la Ciencia en la calle
En el Día de la Ciencia en la Calle (9 de mayo, parque de Santa Margarita), actividad organizada por la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, y para la que se anima a contribuir con trabajos sobre la evolución biológica y la figura de Darwin, se procederá a la incorporación de la Rana de Darwin (Rhinoderma darwinii) a la exposición de anfibios que hay en la Casa de las Ciencias.

- Exposición en la Casa de las Ciencias
La intervención “estrella” de los actos de celebración del Año Darwin será una exposición, en la Casa de las Ciencias, sobre lo propio naturalista inglés: “El asombro de Mr. Darwin”, que se inaugurará en junio de 2009 y que permanecerá varios meses en la segunda planta.
Tratará sobre la vivencia del joven atraído por el conocimiento y disfrute de la naturaleza y hechizado por lo que observó en su singular viaje. Y también la del hombre que construyó una teoría revolucionaria, conmovido por la consciencia de su trascendencia e impacto.
Esta exposición presenta la singularidad de ser el resultado de un guión original elaborado por los Museos Científicos Coruñeses, que compartirán la ejecución de la propuesta.
Con motivo de esta inauguración tendrá lugar otra breve representación de Casa Hamlet.

- Módulos sobre evolución en la Domus y en el Aquarium Finisterrae
También en esas fechas, se incorporarán nuevos módulos a la exposición de la Domus sobre evolución humana Homínidos y homínidas. La familia presumida, y otros en el Aquarium Finisterrae.

- Recursos educativos
Se elaborará un kit con recursos multimedia para ayudar a abordar en las aulas el tema de la evolución biológica. Se distribuirá en una memoria USB (pendrive) con contenidos variados: documentales, páginas web, juegos, etc.

- Ciclo de conferencias
Se celebrarán diversas conferencias y coloquios sobre la teoría de la evolución y Charles Darwin a lo largo del año 2009 en la sala Leonardo de la Vinci (Domus).

- Conmemoración del aniversario de "El origen de las especies"
El 24 de noviembre se conmemora el 150 aniversario de la edición de El origen de las especies con un acto singular, en el que tendrá lugar a tercera representación por parte de Casa Hamlet.

A todo eso se debe añadir la posibilidad de una serie de actos a celebrar en colaboración con otros museos de ciencias de Galicia.


12 febrero 2009

Presentación da programación dos actos de celebración do Ano Darwin polos Museos Científicos Coruñeses

Ver nota completa: español | galego


Os Museos Científicos Coruñeses presentan a súa programación de actos de celebración do Ano Darwin mañá xoves 12 de febreiro de 2009 (día no que se cumpren douscentos anos do nacemento do científico británico), ás 19.15 na Domus.

Tras a presentación terá lugar unha breve representación especialmente elaborada para a ocasión por parte de Casa Hamlet, recoñecida entidade teatral coruñesa.


A continuación, na mesma sesión, ás 20 horas, se iniciarán as actividades conmemorativas cun coloquio sobre a teoría da evolución realizado en colaboración coa Unidade de Divulgación e Cultura Científica e a Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

O acto será presentado e moderado polo director dos Museos, Xosé A. Fraga, e nel intervirán profesores da institución académica, Roberto Bao, Marta Vila, Pedro Galán, e o divulgador Ernesto Carmena.


Presentación de la programación de los actos de celebración del Año Darwin por los Museos Científicos Coruñeses

Los Museos Científicos Coruñeses presentan su programación de actos de celebración del Año Darwin mañana jueves 12 de febrero de 2009 (día en el que se cumplen doscientos años del nacimiento del científico británico), a las 19.15 en la Domus.

Tras la presentación tendrá lugar una breve representación especialmente elaborada para la ocasión por parte de Casa Hamlet, reconocida entidad teatral coruñesa.

A continuación, en la misma sesión, a las 20 horas, se iniciarán las actividades conmemorativas con un coloquio sobre la teoría de la evolución realizado en colaboración con la Unidade de Divulgación e Cultura Científica y la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña.

El acto será presentado y moderado por el director de los Museos, Xosé A. Fraga, y en él intervendrán profesores de la institución académica, Roberto Bao, Marta Vila, Pedro Galán, y el divulgador Ernesto Carmena.