25 junio 2009

O Aquarium Finisterrae presenta a exposición "Darwin e o Mar"

Ver nota completa: español | galego



Con ocasión do Ano Darwin 2009 e do 10º aniversario da súa apertura ao público o Aquarium Finisterrae presenta un conxunto de novos módulos sobre evolución mariña.

A intervención supón a primeira renovación importante dos contidos da Sala Maremagnum, onde están instalados catro deles. Nesta ocasión, o tema elixido, Darwin e o Mar, fai homenaxe ás achegas do naturalista xurdidas das súas observacións durante a viaxe a bordo do Beagle, como é a súa teoría sobre a formación dos arrecifes de coral. Tamén fai especial fincapé nas numerosas especies de transición -os chamados popularmente elos perdidos- entre diferentes grupos de animais, moitos dos cales son mariños.

Seguindo a formulación museográfica da sala, os contidos dos cinco módulos responden a outras tantas preguntas elixidas entre as que formulan os escolares. Trátase, unha vez máis, de manter o compromiso expositivo dos Museos Científicos Coruñeses con aquelas cuestións que suscitan o interese dos seus visitantes:

- Cantas especies mariñas hai no mundo?
- Por que hai tantas clases diferentes de peixes?
- Cando apareceron os primeiros peixes?
- Existirán peixes que ademais de aletas tivesen patas, para poder saír do mar?
- Que clase de ser vivo é o coral?

Un dos módulos máis espectaculares desta exposición é o tanque cilíndrico de gran volumen, no que se representa un ecosistema litoral, e no que o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas, un tipo de instalación acuariolóxica que é pioneira entre os acuarios españois.



El Aquarium Finisterrae presenta la exposición "Darwin y el Mar"

Con ocasión del Año Darwin 2009 y del 10º aniversario de su apertura al público el Aquarium Finisterrae presenta un conjunto de nuevos módulos sobre evolución marina.

La intervención supone la primera renovación importante de los contenidos de la Sala Maremagnum, donde están instalados cuatro de ellos. En esta ocasión, el tema elegido, Darwin y el Mar, hace homenaje a las aportaciones del naturalista surgidas de sus observaciones durante el viaje a bordo del Beagle, como es su teoría sobre la formación de los arrecifes de coral. También hace especial hincapié en las numerosas especies de transición -los llamados popularmente eslabones perdidos- entre diferentes grupos de animales, muchos de los cuales son marinos.

Siguiendo la formulación museográfica de la sala, los contenidos de los cinco módulos responden a otras tantas preguntas elegidas entre las que formulan los escolares. Se trata, una vez más, de mantener el compromiso expositivo de los Museos Científicos Coruñeses con aquellas cuestiones que suscitan el interés de sus visitantes:

- Cuántas especies marinas hay en el mundo?
- Por qué hay tantas clases diferentes de pescados?
- Cuándo aparecieron los primeros pescados?
- Existirán pescados que además de aletas tuvieran ánades, para poder salir del mar?
- Qué clase de ser vivo es el coral?

Uno de los módulos más espectaculares de esta exposición es el tanque cilíndrico de gran volumen, en el que se representa un ecosistema litoral, y en el que el nivel de agua baja y sube cada cuatro horas simulando las mareas, un tipo de instalación acuariolóxica que es pionera entre los acuarios españoles.




18 junio 2009

Cidades e Comunicación Científica: en busca de novas fórmulas para implicar o público

Ver nota completa: español | galego


- Concellos, museos científicos, universidades e empresas de toda a Unión Europea compartirán experiencias e coñecementos co obxectivo de explorar novas formas de mellorar a implicación do público coa ciencia.

- Os Museos Científicos Coruñeses (=MC2) foron elexidos para liderar un grupo de traballo cuxo obxectivo é identificar e analizar as prácticas divulgativas que teñen demostrado mayor eficacia na conexión da ciencia co público.

- O equipo técnico de MC2 achega a súa experiencia previa noutros proxectos europeos, como o Premio Descartes de Comunicación da Ciencia, convocados pola Comisión Europea e na que participou como asesor, ou como fundador da Asociación para a promoción de Eur-Oceans (Rede de Excelencia Europea para a Análise dos Ecosistemas Oceánicos). Tamén participou nun proxecto europeo para a creación dunha exposición sobre cultivos transxénicos.


As cidades xogan un papel cada vez máis importante no desenvolvemento da sociedade do coñecemento. En particular, constitúen un dos ámbitos preferentes nos que se interrelacionan os tres axentes que forman a denominada "tripla hélice" (centros de investigación, empresas e administración). Non obstante, en Europa existe unha preocupación crecente pola dificultade de implicar ao público, no seu sentido máis amplo, na conformación desta nova economía do coñecemento.

Os socios do proxecto CASC conseguiron o apoio da Comisión Europea a través da convocatoria do 7º Programa Marco de I+D para desenvolver ao longo de 22 meses novas fórmulas para incrementar a comprensión e participación do público nos asuntos científicos. O proxecto ten catro obxectivos principais:

- Recompilar e valorar diferentes ferramentas para a construción dunha cultura científica, en especial aquelas que teñen como obxectivo sectores da poboación que adoitan quedar á marxe destas iniciativas.

- Avaliar a posibilidade de transferir estas ferramentas entre diversos países e culturas.

- Examinar a axenda de políticas públicas subxacentes en relación á implicación do público coa ciencia e propoñer recomendacións para o futuro.

- Explorar e desenvolver novas fórmulas para involucrar distintos públicos no coñecemento científico.


O proxecto CASC púxose en marcha en Birmingham (Reino Unido) en maio de 2009 cunha reunión na que os socios participantes comezaron a identificación dun amplo catálogo de boas prácticas para o fomento da cultura científica, especialmente entre aqueles sectores de poboación cuxa participación nestes temas presenta os maiores desafíos, como é o caso dos máis novos, minorías étnicas ou as mulleres.

Na acta desta reunion dise, entre outras cousas: "Se imos crear unha cultura científica para o presente debemos enfrontarnos ás barreiras que exclúen a estes e outros grupos, contribuíndo a que poidan elaborar o seu propio criterio para tomar decisións informadas sobre cuestións que afectan ao seu modo de vida e a súa educación, e eventualmente poidan tamén estar en mellor posición para progresar laboralmente na economía do coñecemento. Por iso é tan importante que os que traballamos no ámbito da promoción da cultura científica compartamos experiencias e ideas que poidan aplicarse noutros países e culturas".

Ademais de poñer a proba unha ampla colección de iniciativas, os socios do proxecto CASC presentarán os seus resultados ante os responsables da implementación de políticas a nivel local, nacional e internacional co fin de aumentar a sensibilidade ante a diversidade de públicos que conforman a sociedade e reducir o déficit en cultura científica.


GRUPOS DE TRABALLO
O proxecto CASC divídese en 6 paquetes que exploran en detalle os diversos temas que comprende o seu desenvolvemento, e cuxa responsabilidade principal recae sobre seis dos socios do proxecto que actuarán coordinados polo Concello de Birmingham. Estes paquetes son:

- Estudo Base: Identificación do contexto e análise da situación da implicación do público coa ciencia nas cidades que forman parte do proxecto.

- Exploración das ferramentas para a construción dunha cultura científica. Cales son as formas máis efectivas de involucrar ao público? Cales son as mellores prácticas que se levan a cabo nos países dos membros do consorcio? Este paquete inclúe a realización dunha serie de intercambios para o estudo das iniciativas máis innovadoras que se están a levar a cabo en Europa. Este paquete será liderado polos Museos Científicos Coruñeses.

- Chegando aos "grupos difíciles de alcanzar". Como facer chegar a ciencia de forma máis efectiva a mozos e membros de minorías étnicas? Este paquete permitirá aprender de proxectos singulares de fomento da cultura científica que se realizan nos países participantes.

- Cambiando comportamentos. Pode unha maior cultura científica fomentar cambios duradeiros na nosa forma de vida? Este paquete centrará os seus obxectivos en temas ambientais e inclúe un apartado sobre o papel das empresas como vehículos para a promoción de cambios de comportamento.

- Diseminación. Co obxectivo de asegurar que os resultados do proxecto e as recomendacións para a posta en marcha de políticas de fomento da cultura científica chegan a todos os organismos relevantes nos ámbitos europeo nacional e autonómico.


ALGUNS DATOS SOBRE O PROXECTO CASC
- CASC foi financiado polo programa FP7 da Comisión Europea
- Socios no proxecto CASC: Suman un total de 20 organismos

Reino Unido
Concello de Birmingham
Birmingham City University
Advantage West Midlands
Thinktank

Chipre
European Office of Cyprus

Hungría
INNOVA

España
Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña
Xunta de Galicia
Cartuja 93
Sevilla Global

Suecia
Universeum AB

Rumania
Universidade de Bucarest
Universidade de Petrosani
Pro Sal - Praid Salt Mine

Polonia
Concello de Wroclaw

Rep. Checa
Academia de Ciencias da República Checa
Centro para a Movilidade Internacional do Sur de Moravia

Francia
Universidade de Lyon
Consello Rexional Rhône-Alpes

China
Academia de Ciencias Sociais de Shangai



Ciudades y Comunicación Científica:
en busca de nuevas fórmulas para implicar al público



- Ayuntamientos, museos científicos, universidades y empresas de toda la Unión Europea compartirán experiencias y conocimientos con el objetivo de explorar nuevas formas de mejorar la implicación del público con la ciencia.

- Los Museos Científicos Coruñeses (=MC2) fueron elegidos para liderar un grupo de trabajo cuyo objetivo es identificar y analizar las prácticas divulgativas que han demostrado mayor eficacia en la conexión de la ciencia con el público.

- El equipo técnico de MC2 aporta su experiencia previa en otros proyectos europeos, como el Premio Descartes de Comunicación de la Ciencia, convocados por la Comisión Europea y en la que participó como asesor, o como fundador de la Asociación para la promoción de Eur-Oceans (Red de Excelencia Europea para el Análisis de los Ecosistemas Oceánicos). También participó en un proyecto europeo para la creación de una exposición sobre cultivos transgénicos.


Las ciudades juegan un papel cada vez más importante en el desarrollo de la sociedad del conocimiento. En particular, constituyen uno de los ámbitos preferentes en los que se interrelacionan los tres agentes que forman la denominada "triple hélice" (centros de investigación, empresas y administración). No obstante, en Europa existe una preocupación creciente por la dificultad de implicar al público, en su sentido más amplio, en la conformación de esta nueva economía del conocimiento.

Los socios del proyecto CASC consiguieron el apoyo de la Comisión Europea a través de la convocatoria del 7º Programa Marco de I+D para desarrollar a lo largo de 22 meses nuevas fórmulas para incrementar la comprensión y participación del público en los asuntos científicos. El proyecto tiene cuatro objetivos principales:

- Recopilar y valorar diferentes herramientas para la construcción de una cultura científica, en especial aquellas que tienen como objetivo sectores de la población que suelen quedar al margen de estas iniciativas.

- Evaluar la posibilidad de transferir estas herramientas entre diversos países y culturas.

- Examinar la agenda de políticas públicas subyacentes en relación a la implicación del público con la ciencia y proponer recomendaciones para el futuro.

- Explorar y desarrollar nuevas fórmulas para involucrar a distintos públicos en el conocimiento científico.


El proyecto CASC se puso en marcha en Birmingham (Reino Unido) en mayo de 2009 con una reunión en la que los socios participantes comenzaron la identificación de un amplio catálogo de buenas prácticas para el fomento de la cultura científica, especialmente entre aquellos sectores de población cuya participación en estos temas presenta los mayores desafíos, como es el caso de los más jóvenes, minorías étnicas o las mujeres.

En el acta de esta reunión se dice, entre otras cosas: "Si vamos a crear una cultura científica para el presente debemos enfrentarnos a las barreras que excluyen a estos y otros grupos, contribuyendo a que puedan elaborar su propio criterio para tomar decisiones informadas sobre cuestiones que afectan a su modo de vida y su educación, y eventualmente puedan estar también en mejor posición para progresar laboralmente en la economía del conocimiento. Por eso es tan importante que los que trabajamos en el ámbito de la promoción de la cultura científica compartamos experiencias e ideas que puedan aplicarse en otros países y culturas".

Además de que poner a prueba una amplia colección de iniciativas, los socios del proyecto CASC presentarán sus resultados ante los responsables de la implementación de políticas a nivel local, nacional e internacional con el fin de aumentar la sensibilidad ante la diversidad de públicos que conforman la sociedad y reducir el déficit en cultura científica.

GRUPOS DE TRABAJO
El proyecto CASC se divide en 6 paquetes que exploran en detalle los diversos temas que comprende su desarrollo, y cuya responsabilidad principal recae sobre seis de los socios del proyecto que actuarán coordinados por el Ayuntamiento de Birmingham. Estos paquetes son:

- Estudio Base: Identificación del contexto y análisis de la situación de la implicación del público con la ciencia en las ciudades que forman parte del proyecto.

- Exploración de las herramientas para la construcción de una cultura científica. ¿Cuáles son las formas más efectivas de involucrar al público? ¿Cuáles son las mejores prácticas que se llevan a cabo en los países de los miembros del consorcio? Este paquete incluye la realización de una serie de intercambios para el estudio de las iniciativas más innovadoras que se están llevando a cabo en Europa. Este paquete será liderado por los Museos Científicos Coruñeses.

- Llegando a los "grupos difíciles de alcanzar". ¿Cómo hacer llegar la ciencia de forma más efectiva a jóvenes y miembros de minorías étnicas? Este paquete permitirá aprender de proyectos singulares de fomento de la cultura científica que se realizan en los países participantes.

- Cambiando comportamientos. ¿Puede una mayor cultura científica fomentar cambios duraderos en nuestra forma de vida? Este paquete centrará sus objetivos en temas ambientales e incluye un apartado sobre el papel de las empresas como vehículos para la promoción de cambios de comportamiento.

- Diseminación. Con el objetivo de asegurar que los resultados del proyecto y las recomendaciones para la puesta en marcha de políticas de fomento de la cultura científica llegan a todos los organismos relevantes en los ámbitos europeo nacional y autonómico.

ALGUNOS DATOS SOBRE EL PROYECTO CASC
- CASC fue financiado por el programa FP7 de la Comisión Europea
- Socios en el proyecto CASC: Suman un total de 20 organismos

Reino Unido
Ayuntamiento de Birmingham
Birmingham City University
Advantage West Midlands
Thinktank

Chipre
European Office of Cyprus

Hungría
INNOVA

España
Museos Científicos Coruñeses-Ayuntamiento de A Coruña
Xunta de Galicia
Cartuja 93
Sevilla Global

Suecia
Universeum AB

Rumania
Universidad de Bucarest
Universidad de Petrosani
Pro Sal - Praid Salt Mine

Polonia
Ayuntamiento de Wroclaw

Rep. Checa
Academia de Ciencias de la República Checa
Centro para la Movilidad Internacional del Sur de Moravia

Francia
Universidad de Lyon
Consejo Regional Rhône-Alpes

China
Academia de Ciencias Sociales de Shangai





15 junio 2009

O espacio informativo dos Museos Científicos Coruñeses sobre a nova gripe actualizase coa noticia da alerta máxima de pandemia

Ver nota completa: español | galego



O espacio informativo dos Museos Científicos Coruñeses sobre a nova gripe actualizase coa noticia da alerta máxima de pandemia

Os Museos Científicos Coruñeses ofrecen na súa páxina web un completo paquete de recursos sobre a nova gripe que se actualiza constantemente, e que recolle as últimas noticias que desde a OMS dan o nivel máximo de alerta de pandemia.

Esta información pode consultarse na Wikiteca http://www.wikiteca.org/. Contén unha sección principal, o Caderno Dixital, cos seguintes apartados:

- Os feitos: cunha selección de noticias en medios de comunicación.
- Reaccións, coa resposta de autoridades e científicos.
- Ciencia ao rescate, na que se responde a preguntas como por que nos preocupa tanto esta nova gripe?
- Que facer?, que recolle algunhas recomendacións, incluídas as da OMS.
- Explora, na que se ofrece información completa sobre cuestións relacionadas, como que é un virus ou que é a gripe.
- Pérdete, cunha colección recursos como fotos de termografías, ou películas nas que se fala de infeccións.
- No museo, sección na que se pode encontrar o podcast da conferencia que Pilar Farjas pronunciou na Domus o pasado mes de maio, ou unha referencia ao módulo sobre os virus que se exhibe na Casa das Ciencias.
- Actividades, especialmente para a aula.

UNIDADE MULTIMEDIA
Ademais no vestíbulo de entrada da Domus existe unha pantalla táctil dende a que os visitantes poden acceder á unidade multimedia desta Wikiteca.

Constitúe una guía rápida sobre a Wikiteca da nova gripe que contén apartados nos que se responden a algunhas das preguntas máis frecuentes con “Ollo científico”, un “Quiz” que invita a autoevaluar o que cada un sabe sobre a nova gripe, fichas temáticas sobre termos como virus, pandemia, vacina, novo virus da gripe A, e unha colección de fotos.




El espacio informativo de los Museos Científicos Coruñeses sobre la nueva gripe se actualiza con la noticia de la alerta máxima de pandemia

Los Museos Científicos Coruñeses ofrecen en su página web un completo paquete de recursos sobre la nueva gripe que se actualiza constantemente, y que recoge las últimas noticias que desde la OMS dan el nivel máximo de alerta de pandemia.

Esta información puede consultarse en la Wikiteca http://www.wikiteca.org/. Contiene una sección principal, el Cuaderno Digital, con los siguientes apartados:

- Los hechos: con una selección de noticias en medios de comunicación.
- Reacciones, con la respuesta de autoridades y científicos.
- Ciencia al rescate, en la que se responde a preguntas como ¿por qué nos preocupa tanto esta nueva gripe?
- ¿Que hacer?, que recoge algunas recomendaciones, incluidas las de la OMS.
- Explora, en la que se ofrece información completa sobre cuestiones relacionadas, como qué es un virus o qué es la gripe.
- Piérdete, con una colección recursos como fotos de termografías, o películas en las que se habla de infecciones.
- En el museo, sección en la que se puede encontrar el podcast de la conferencia que Pilar Farjas pronunció en la Domus el pasado mes de mayo, o una referencia al módulo sobre los virus que se exhibe en la Casa de las Ciencias.
- Actividades, especialmente para el aula.

UNIDAD MULTIMEDIA
Además, en el vestíbulo de entrada de la Domus existe una pantalla táctil desde la cual los visitantes pueden acceder a la unidad multimedia de esta Wikiteca.

Constituye una guía rápida sobre la Wikiteca de la nueva gripe que contiene apartados en los que se responden a algunas de las preguntas más frecuentes con "Ojo científico", un "Quiz" que invita la autoevaluar lo que cada uno sabe sobre la nueva gripe, fichas temáticas sobre términos como virus, pandemia, vacuna, nuevo virus de la gripe A, y una colección de fotos.




06 junio 2009

Fallo do XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Ver nota completa: español | galego


Un traballo sobre as madeiras máis eficientes como combustible gañou o primeiro premio pola súa brillante aplicación do método científico

Tres alumnos do IES Castro de Baroncelli de Verín propuxéronse descubrir que tipo de madeira dá maior rendemento á hora de aproveitala como combustible, un recurso empregado en moitos fogares. Dos 23 tipos de madeira que analizaron, concluíron que o castaño, o cedro e o ameneiro eran os que máis calor producían. O xurado destacou como valores principais do seu traballo o rigor e o exercicio do método científico no deseño e realización do experimento.

A fase final deste Premio tivo lugar esta mesma mañá, 6 de xuño de 2009, na Domus, A Coruña, ante a presenza de numerosos compañeiros de aula e familiares dos estudantes finalistas.


A continuación detállase o Fallo do Xurado:

Primeiro premio
Qué tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasa mediante unha combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez e David Ginzo Manso do IES Castro de Baroncelli de Verín, polo diseño e o rigor na aplicación do método científico.

Segundo premio
Cal é a temperatura á que cantan os grilos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal e Alejandro Solla Landesa do IES As Barxas de Moaña, pola capacidade do equipo para reformular o experimento en función das dificultades atopadas.

Terceiro premio
Que número de pás optimizan o rendemento dos aeroxeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas e Stefan Alvárez Pinto do IES Castro de Baroncelli de Verín, pola habilidade do equipo na aplicación de coñecementos científicos no estudio dun problema tecnolóxico, obtendo resultados valiosos.

Cuarto premio
Qué combinación de sustancias depura mellor a auga?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija e María Queija Fernández do IES Castro de Baroncelli de Verín.

Quinto premio
Popeye: algas mellor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo e Marcos Iglesias Montoiro do IES de Sar de Santiago de Compostela.


O Xurado estivo presidido por D. Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, e estivo constituído ademais por: D. Xosé Manuel Tato Ramos, profesor do IES Monelos, D. Moisés Canle, profesor da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, D. Oscar García Álvarez, profesor do IES Rafel Dieste, D. José Manuel Blanco, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, e D. Julio Casal, Vicepresidente da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, que actuou como secretario.


ENTREGA DE PREMIOS
Como xa sucedese en anteriores edicións do premio, este ano El Corte Inglés colaborou cos Museos Científicos Coruñeses e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias na organización do evento e tamén patrocinou os diferentes premios que se entregaron.

Os gañadores realizarán unha viaxe ao parque natural “Arribes del Duero”, unha paraxe situada a beiras do río Douro que forma parte da rede de espazos naturais protexidos de Castela e León..

Ademais, os tres primeiros clasificados recibiron subscricións á revista Muy Interesante, e todos os finalistas un iPod.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirixido a estudantes de ESO de Galicia, foi instaurado polos Museos Científicos Coruñeses para promover entre os estudantes galegos valores como a creatividade e imaxinación científicas, a constancia ou o espírito crítico.




FALLO DEL XI PREMIO LUIS FREIRE DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA PARA ESCOLARES

Un trabajo sobre las maderas más eficientes como combustible ganó el primer premio por su brillante aplicación del método científico

Tres alumnos del IES Castro de Baroncelli de Verín se propusieron descubrir qué tipo de madera da mayor rendimiento a la hora de aprovecharla como combustible, un recurso empleado en muchos hogares. De los 23 tipos de madera que analizaron, concluyeron que el castaño, el cedro y el aliso eran los que más calor producían. El jurado destacó como valores principales de su trabajo el rigor y el ejercicio del método científico en el diseño y realización del experimento.

La fase final de este Premio tuvo lugar el 6 de junio de 2009 en la Domus, A Coruña, ante la presencia de numerosos compañeros de aula y familiares de los estudiantes finalistas.

A continuación se detalla el Fallo del Jurado:

Primer premio
¿Qué tipo de madera produce más cantidad de energía de biomasa mediante una combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez y David Ginzo Manso del IES Castro de Baroncelli de Verín, por el diseño y el rigor en la aplicación del método científico.

Segundo premio
¿Cuál es la temperatura a la que cantan los grillos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal y Alejandro Solla Landesa del IES As Barxas de Moaña, por la capacidad del equipo para reformular el experimento en función de las dificultades encontradas.

Tercer premio
¿Qué número de palas optimizan el rendimiento de los aerogeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas y Stefan Alvárez Pinto del IES Castro de Baroncelli de Verín, por la habilidad del equipo en la aplicación de conocimientos científicos en el estudio de un problema tecnológico, obteniendo resultados valiosos.

Cuarto premio
¿Qué combinación de sustancias depura mejor el agua?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija y María Queija Fernández del IES Castro de Baroncelli de Verín.

Quinto premio
Popeye: ¿algas mejor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo y Marcos Iglesias Montoiro del IES de Sar de Santiago de Compostela.

El Jurado estuvo presidido por D. Xosé Antón Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses, y estuvo constituido además por: D. Xosé Manuel Tato Ramos, profesor del IES Monelos, D. Moisés Canle, profesor de la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña, D. Oscar García Álvarez, profesor del IES Rafel Dieste, D. José Manuel Blanco, Jefe de Relaciones Externas de El Corte Inglés, y D. Julio Casal, Vicepresidente de la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, que actuó como secretario.


ENTREGA DE PREMIOS
Como ya sucediera en anteriores ediciones del premio, este año El Corte Inglés colaboró con los Museos Científicos Coruñeses y la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias en la organización del evento y también patrocinó los diferentes premios que se entregaron.

Los ganadores realizarán un viaje al parque natural "Arribes del Duero", un paraje situado a orillas del río Duero que forma parte de la red de espacios naturales protegidos de Castilla y León.

Además, los tres primeros clasificados recibieron subscripciones a la revista Muy Interesante, y todos los finalistas un iPod.

El Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirigido a estudiantes de ESO de Galicia, fue instaurado por los Museos Científicos Coruñeses para promover entre los estudiantes gallegos valores como la creatividad e imaginación científicas, la constancia o el espíritu crítico.




04 junio 2009

O Aquarium Finisterrae celebra o seu 10º aniversario

Ver nota completa: español | galego



O 5 de xuño celébrase o 10º aniversario do Aquarium Finisterrae. Nesa data cúmprense tamén douscentos dez anos da partida de Alexander von Humboldt do porto da Coruña na súa expedición de descubrimento científico de América.


Para conmemorar estes aniversarios programáronse varias actividades, que se detallan a continuación:


VENRES 5 DE XUÑO

- 12:30 horas. Colocación dunha placa conmemorativa do 10º aniversario, a carón da sala Humboldt do Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34)

- 19 horas. Visita á Torre de Hércules para botar unha coroa de loureiro ao mar en lembranza da saída de Humboldt na súa expedición científica. O acto celebrarase aos pés da escultura colgante do Espiñento, baixando á altura da Rosa do Ventos.

- 20 horas. Conferencias no Castelo de San Antón (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2):
- O paso de Humboldt por A Coruña, a cargo de Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses.
- A Estancia de Humboldt en España, a cargo de Sandra Rebok, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

SÁBADO 6 DE XUÑO
- De 10 a 12 horas. Grupos de nenos e nenas embarcarán nun barco do Instituto Oceanográfico, para facer un recorrido dende o Peirao de Ánimas ata o litoral fronte ao Aquarium, voltando ao punto de embarque.



El Aquarium Finisterrae celebra su 10º aniversario

El 5 de junio se celebra el 10º aniversario del Aquarium Finisterrae. En esa fecha se cumplen también doscientos diez años de la partida de Alexander von Humboldt del puerto de A Coruña en su expedición de descubrimiento científico de América.

Para conmemorar estos aniversarios se programaron varias actividades, que se detallan a continuación:


VIERNES 5 DE JUNIO

- 12:30 horas. Colocación de una placa conmemorativa del 10º aniversario, junto a la sala Humboldt del Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34)

- 19 horas. Visita a la Torre de Hércules para lanzar una corona de laurel al mar en memoria de la salida de Humboldt en su expedición científica. El acto se celebrará a los pies de la escultura colgante del Espiñento, bajando a la altura de la Rosa del Vientos.

- 20 horas. Conferencias en el Castillo de San Antón (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2):
- El paso de Humboldt por A Coruña, a cargo de Xosé Antón Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses.
- La estancia de Humboldt en España, a cargo de Sandra Rebok, del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

SÁBADO 6 DE JUNIO
- De 10 a 12 horas. Grupos de niños y niñas embarcarán en un barco del Instituto Oceanográfico para hacer un recorrido desde el Muelle de Ánimas hasta el litoral frente al Aquarium, volviendo al punto de embarque.




03 junio 2009

Final do XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Ver nota completa: español | galego


Con cantas pas funciona mellor un aeroxerador? A que temperatura cantan os grilos? Son máis nutritivas as algas que as espinacas? Qué madeira produce máis enerxía? Qué sustancias depuran mellor a auga?


Estes son os temas das investigacións que defenderán os finalistas do XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, cuxa final se celebrará o próximo sábado, 6 de xuño, a partir das 11 da mañá na Domus, A Coruña.

Durante o acto, no que se contará coa presenza de familiares e compañeiros de estudos dos participantes, os mozos investigadores deberán expor e defender os seus traballos ante o Xurado.

Estas son as preguntas finalistas e que competirán polo primeiro premio:

- Que número de pas optimizan o rendemento dos aeroxeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas e Stefan Alvárez Pinto do IES Castro de Baroncelli de Verín

- Popeye: algas mellor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo e Marcos Iglesias Montoiro do IES de Sar de Santiago de Compostela.

- Qué tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasa mediante unha combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez e David Ginzo Manso do IES Castro de Baroncelli de Verín

- Cal é a temperatura á que cantan os grilos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal e Alejandro Solla Landesa do IES As Barxas de Moaña.

- Qué combinación de sustancias depura mellor a auga?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija e María Quija Fernández do IES Castro de Baroncelli de Verín

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses, El Corte Inglés e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias trátase dun premio de investigación dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia que busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas.


FALLO E ENTREGA DE PREMIOS
Tras a exposición dos traballos o Xurado retirarase a deliberar e emitirá o fallo, o que terá lugar sobre as 13:30 horas do mesmo sábado 6 de xuño, para continuar coa entrega dos premios, patrocinados por El Corte Inglés.

Os gañadores recibirán como premio unha viaxe ao parque natural “Arribes del Duero”, unha paraxe situada a beiras do río Douro que forma parte da rede de espazos naturais protexidos de Castela e León.

Tamén haberá premios para os demais finalistas.





Final del XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

¿Con cuántas palas funciona mejor un aerogenerador? ¿A qué temperatura cantan los grillos? ¿Son más nutritivas las algas que las espinacas? Qué madera produce más energía? ¿Qué sustancias depuran mejor el agua?

Estos son los temas de las investigaciones que defenderán los finalistas del XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, cuya final se celebrará el próximo sábado, 6 de junio, a partir de las 11 de la mañana en la Domus, A Coruña.

Durante el acto, en el que se contará con la presencia de familiares y compañeros de estudios de los participantes, los jóvenes investigadores deberán exponer y defender sus trabajos ante el Jurado.

Estas son las preguntas finalistas y que competirán por el primer premio:

- ¿Qué número de palas optimizan el rendimiento de los aerogeneradores?, presentado por José M. Bahamonde Araujo, Jose M. Francisco Alonso, José L. Basalo Seijas y Stefan Alvárez Pinto del IES Castro de Baroncelli de Verín

- Popeye: ¿algas mejor que espinacas?, presentado por Gustavo J. Guerrero Vigo y Marcos Iglesias Montoiro del IES de Sar de Santiago de Compostela.

- ¿Qué tipo de madera produce más cantidad de energía de biomasa mediante una combustión termoquímica?, presentado por Tania Alonso Campos, Laura Pardo Pérez y David Ginzo Manso del IES Castro de Baroncelli de Verín

- ¿Cuál es la temperatura a la que cantan los grillos?, presentado por Angel Lago Souto, Brais Rúa Estévez, David Rodríguez Rodal y Alejandro Solla Landesa del IES As Barxas de Moaña.

- ¿Qué combinación de sustancias depura mejor el agua?, presentado por Vania C. Gonçalves da Encarnaçao, Sonia Villar Prieto, Loli Sanmiguel Queija y María Quija Fernández del IES Castro de Baroncelli de Verín

Convocado por los Museos Científicos Coruñeses, El Corte Inglés y la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias se trata de un premio de investigación dirigido a los estudiantes de secundaria en Galicia que busca fomentar el interés por la ciencia y la formación en actitudes científicas.


FALLO Y ENTREGA DE PREMIOS
Tras la exposición de los trabajos, el Jurado se retirará a deliberar y emitirá el fallo, el que tendrá lugar sobre las 13:30 horas del mismo sábado 6 de junio, para continuar con la entrega de los premios, patrocinados por El Corte Inglés.

Los ganadores recibirán como premio un viaje al parque natural "Arribes del Duero", un paraje situado a orillas del río Duero que forma parte de la red de espacios naturales protegidos de Castilla y León.

También habrá premios para los demás finalistas.