27 noviembre 2009

Volve ExploraDomus

Ver nota completa: español | galego


—O 5 de decembro comeza o programa de actividades para nenos que ofrece a Domus as fins de semana

A nova edición do ExploraDomus invitará aos nenos e nenas a facer de exploradores do pasado. A proposta é ver a película en 3D "Monstros mariños" e a continuación, a experimentar!, facendo de paleontólogos por un día.

ExploraDomus son actividades para nenos de entre 6 e 12 anos. Teñen lugar na Domus os sábados e os domingos e comenzan ás 16:45 da tarde. A primeira sesión será o sábado 5 de decembro.

A inscrición xa está aberta e debe facerse chamando ao teléfono 981 189 840.
O prezo é de 1 euro por neno.


Vuelve ExploraDomus

—€”El 5 de diciembre comienza el programa de actividades para niños que ofrece la Domus los fines de semana

La nueva edición del ExploraDomus invitará a los niños y niñas a hacer de exploradores del pasado. La propuesta es ver la película en 3D "Monstruos marinos" y a continuación, ¡a experimentar!, haciendo de paleontólogos por un día.

ExploraDomus son actividades para niños de entre 6 y 12 años. Tienen lugar en la Domus los sábados y los domingos y comienzan a las 16:45 de la tarde. La primera sesión será el sábado 5 de diciembre.

La inscripción ya está abierta y debe hacerse llamando al teléfono 981 189 840.
El precio es de 1 euro por niño.


19 noviembre 2009

O 21 e 22 de novembro a entrada á Casa das Ciencias será gratuita

Ver nota completa: español | galego


—Trátase dunha medida adoptada para atender ao público que a pasada fin de semana non puido acceder á Casa das Ciencias debido ao peche do Parque de Santa Margarita pola alerta de temporal.

O sábado 21 e o domingo 22 de novembro, os visitantes da Casa das Ciencias terán oportunidade de participar nas experiencias interactivas das súas plantas de exposicións e asistir de xeito gratuito ás seguintes sesións de planetario:

12 h. La noche del vampiro (infantil, versión castelán)
13 h. Evolución (versión galego)
18 h. Evolución (versión castelán)

Ademais, eses dous días, ás 17 horas celebraránse Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo para nenos entre 4 e 10 anos. É unha actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

El 21 y 22 de noviembre la entrada a la Casa de las Ciencias será gratuita

—Se trata de una medida adoptada para atender al público que el pasado fin de semana no pudo acceder a la Casa de las Ciencias debido al cierre del Parque de Santa Margarita por la alerta de temporal.

El sábado 21 y el domingo 22 de noviembre, los visitantes de la Casa de las Ciencias tendrán oportunidad de participar en las experiencias interactivas de sus plantas de exposiciones y asistir de manera gratuita a las siguientes sesiones de planetario:

12 h. La noche del vampiro (infantil, versión español)
13 h. Evolución (versión gallego)
18 h. Evolución (versión español)

Además, esos dos días, a las 17 horas se celebrarán Cosmicontos, sesiones especiales de teatro con el planetario como fondo, para niños entre 4 y 10 años. Es una actividad con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.



13 noviembre 2009

A Casa das Ciencias pecha ao público o sábado 14 de novembro

Ver nota completa: español | galego


O peche do museo débese a que está cortado o acceso ao Parque de Santa Margarita, como medida ante a alerta de temporal.

O Aquarium Finisterrae e a Domus estarán abertos no seu horario habitual, celebrando xornada de portas abertas (sábado 14 e domingo 15) con motivo da Semana da Ciencia.



La Casa de las Ciencias cierra al público el sábado 14 de noviembre

—El cierre del museo se debe la que está cortado el acceso al Parque de Santa Margarita, como medida ante la alerta de temporal.

El Aquarium Finisterrae y la Domus estarán abiertos en su horario habitual, celebrando jornada de puertas abiertas (sábado 14 y domingo 15) con motivo de la Semana de la Ciencia.


O Aquarium Finisterrae presenta a exposición “Historia do príncipe e a sardiña”

Ver nota completa: español | galego


—Exposición fotográfica sobre a viaxe de Alberte I de Mónaco a Galicia e Portugal para estudar a pesca da sardiña.

As fotos, inéditas, e os documentos que compoñen esta exposición foron cedidos polo Musée Océanographique de Mónaco e proceden das expedicións de Alberte I a Galicia e Portugal (1886 e 1909). Están relacionadas coa historia da pesca e a comercialización da sardiña en Galicia, e forman parte da documentación das campañas do Hirondelle.

>> Descarga gratis:  Catálogo da exposición

Durante a súa expedición de 1886, o iate Hirondelle do príncipe Alberte I de Mónaco (fundador da oceanografía) fixo escala nos portos da Coruña e Vigo. O obxectivo da visita era estudar a pesca da sardiña e recompilar materiais, ensinos e exemplos que permitisen comprender por que este peixe desaparecera por completo das costas de Bretaña.

Naquela época, a pesca e conservación da sardiña eran moi importantes para a economía bretoa. Ademais, Francia era o primeiro exportador mundial de conservas de peixe. Por iso, a desaparición da sardiña durante a década de 1880 provocou unha importante crise económica e empuxou aos produtores locais a buscar unha solución en Galicia e Portugal. Creáronse varias empresas mixtas e, en poucos anos, a nosa comunidade ocupou o lugar de Francia no mercado internacional. De feito, en 1887 Galicia exportou ao país veciño 1.323.413 quilos de sardiñas en lata.

A produción da exposición supuxo un importante labor de dixitalización das fotografías orixinais, que se expoñen no seu estado real, sen retoques. Os textos que acompañan ás fotografías son citas obtidas do artigo que Alberte I de Mónaco publicou no número de abril de 1887 da Revue Scientifique sobre o estudo que fixo da pesca da sardiña en Galicia e Portugal.

Para contextualizar as fotos desde o punto de vista científico, a exposición inclúe tamén un apartado dedicado aos instrumentos utilizados durante a expedición de 1886 e ás publicacións ás que deu orixe.

"Historia do príncipe e a sardiña" é unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración co Musée Océanographique de Mónaco e coa participación e patrocinio do Museo do Mar de Galicia.


El Aquarium Finisterrae presenta la exposición "Historia del príncipe y la sardina"

—Exposición fotográfica sobre el viaje de Alberto I de Mónaco a Galicia y Portugal para estudiar la pesca de la sardina.

Las fotos, inéditas, y los documentos que componen esta exposición fueron cedidos por el Musée Océanographique de Mónaco y proceden de las expediciones de Alberto I a Galicia y Portugal (1886 y 1909). Están relacionadas con la historia de la pesca y la comercialización de la sardina en Galicia, y forman parte de la documentación de las campañas del Hirondelle.


>> Descarga gratis:  Catálogo de la exposición
 
Durante su expedición de 1886, el yate Hirondelle del príncipe Alberto I de Mónaco (fundador de la oceanografía) hizo escala en los puertos de A Coruña y Vigo. El objetivo de la visita era estudiar la pesca de la sardina y recopilar materiales, enseñanzas y ejemplos que permitieran comprender por qué este pescado había desaparecido por completo de las costas de Bretaña.

En aquella época, la pesca y conservación de la sardina eran muy importantes para la economía bretona. Además, Francia era el primer exportador mundial de conservas de pescado. Por eso, la desaparición de la sardina durante la década de 1880 provocó una importante crisis económica y empujó a los productores locales a buscar una solución en Galicia y Portugal. Se crearon varias empresas mixtas y, en pocos años, nuestra comunidad ocupó el lugar de Francia en el mercado internacional. De hecho, en 1887 Galicia exportó al país vecino 1.323.413 kilos de sardinas en lata.

La producción de la exposición supuso una importante labor de digitalización de las fotografías originales, que se exponen en su estado real, sin retoques. Los textos que acompañan a las fotografías son citas obtenidas del artículo que Alberto I de Mónaco publicó en el número de abril de 1887 de la Revue Scientifique sobre el estudio que hizo de la pesca de la sardina en Galicia y Portugal.

Para contextualizar las fotos desde el punto de vista científico, la exposición incluye también un apartado dedicado a los instrumentos utilizados durante la expedición de 1886 y a las publicaciones a las que dio origen.

"Historia del príncipe y la sardina" es una exposición producida por los Museos Científicos Coruñeses en colaboración con el Musée Océanographique de Mónaco y con la participación y patrocinio del Museo del Mar de Galicia.




07 noviembre 2009

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia 2009

Ver nota completa: español | galego


—O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, do 9 ao 15 de novembro

A Semana da Ciencia 2009 inclúe un conxunto de actividades patrocinadas pola Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de I+D+i):
- Na Casa das Ciencias, Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo para nenos entre 4 e 10 anos.
- No Aquarium haberá visitas teatralizadas guiadas polo Capitán Nemo, pensadas para nenos entre 6 e 13 anos.
- Na Domus, o 21 de novembro, un grupo de nenos e nenas que levan varias sesións traballando baixo a dirección do grupo Chévere, representará unha obra sobre evolución. A actividade comezou o pasado de outubro coa formación do grupo de teatro con nenos e nenas entre 6 e 11 anos. Ao longo de seis xornadas traballaron diferentes aspectos da creación teatral, como a maquillaxe ou o vestiario.

Ademais, o martes 10 presentarase na Domus o libro “Aquí estamos…mutando”, editado por Ana González Tizón e realizado por ela mesma con Andrés Martínez Lage, ambos os dous da Universidade da Coruña, e alumnos do terceiro ciclo de Bioloxía.

O día 12 presentarase no Aquarium “Historia do Príncipe e a sardina”, unha exposición de fotografías sobre a expedición científica a Galicia do Príncipe Alberto I de Mónaco, producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración có Musée Océanographique de Mónaco e coa participación e patrocinio do Museo do Mar de Galicia.

E o sábado 14 de novembro terá lugar a entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Entre os actos que engloba este evento, está unha conferencia o día 13 na Domus a cargo do gañador na modalidade de textos inéditos, que falará sobre a metamorfose dos insectos.


Programa completo da Semana da Ciencia 2009 nos Museos Científicos Coruñeses:

- Do 9 ao 15 de novembro: Portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

- 10 de novembro. Presentación do libro “Aquí estamos…mutando”, de Ana González Tizón (UDC). Na Domus ás 20 horas.

- 12 de novembro. Presentación de “Historia do Príncipe e a sardiña”, exposición de fotografías sobre a expedición científica a Galicia do Príncipe Alberto I de Mónaco (1886). No Aquarium Finisterrae ás 13:30 horas.

- 12 de novembro. Encontro con profesores, no que se lles presentarán as novidades dos Museos Científicos Coruñeses para o curso escolar. Na Domus ás 19 horas.

- 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 17 horas, no Planetario da Casa das Ciencias. Cosmicontos dirixidos a nenos de 4 a 10 anos. Actividade gratuita. Co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 14, 15, 21 e 22 de novembro ás 18 horas, no Aquarium Finisterrae: visitas teatralizadas guiadas polo Capitán Nemo. Para nenos de 6 a 13 anos. Reserva de praza no teléfono 981 189 842. Actividade gratuita. Co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 13 de novembro. Conferencia “Biología y prodigio en la metamorfosis de los insectos “, a cargo de Xavier Bellés, director do Instituto de Bioloxía Evolutiva (CSIC-UPF). Prisma Casa das Ciencias 2009 ao mellor texto inédito. Na Domus, ás 20 horas.

- 14 de novembro. Actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación:
Presentación do documental "Descubriendo el comportamiento animal", Prisma ao mellor traballo multimedia 2009. Lugar: sala Leonardo da Vinci, Domus.
Entrega de Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. Salón de Plenos do Excmo. Concello da Coruña.

- 21 de novembro. Representación na Domus dunha obra sobre evolución realizada polo grupo de teatro infantil dirixido por Chévere. Actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.


Los Museos Científicos Coruñeses celebran la Semana de la Ciencia 2009

—El programa de actividades se abre con jornadas de puertas abiertas en la Casa de las Ciencias, Domus y Aquarium Finisterrae, del 9 al 15 de noviembre

La Semana de la Ciencia 2009 incluye un conjunto de actividades patrocinadas por la Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de I+D+i):
- En la Casa de las Ciencias, Cosmicontos, sesiones especiales de teatro con el planetario como fondo para niños entre 4 y 10 años.
- En el Aquarium habrá visitas teatralizadas guiadas por el Capitán Nemo, pensadas para niños entre 6 y 13 años.
- En la Domus, el 21 de noviembre, un grupo de niños y niñas que llevan varias sesiones trabajando bajo la dirección del grupo Chévere, representará una obra sobre evolución. La actividad comenzó el pasado de octubre con la formación del grupo de teatro con niños y niñas de entre 6 y 11 años. A lo largo de seis jornadas trabajaron diferentes aspectos de la creación teatral, como el maquillaje o el vestuario.

Además, el martes 10 se presentará en la Domus el libro "Aquí estamos... mutando", editado por Ana González Tizón y realizado por ella misma con Andrés Martínez Lage, ambos de la Universidad de la Coruña, y alumnos del tercer ciclo de Biología.

El día 12 se presentará en el Aquarium "Historia del Príncipe y la sardina", una exposición de fotografías sobre la expedición científica a Galicia del Príncipe Alberto I de Mónaco, producida por los Museos Científicos Coruñeses en colaboración con el Musée Océanographique de Mónaco y con la participación y patrocinio del Museo del Mar de Galicia.

Y el sábado 14 de noviembre tendrá lugar a entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación. Entre los actos que engloba este evento está una conferencia el día 13 en la Domus, a cargo del ganador en la modalidad de textos inéditos, que hablará sobre la metamorfosis de los insectos.


Programa completo de la Semana de la Ciencia 2009 en los Museos Científicos Coruñeses:

- Del 9 al 15 de noviembre: Puertas abiertas en la Casa de las Ciencias, Domus y Aquarium Finisterrae.

- 10 de noviembre. Presentación del libro "Aquí estamos... mutando", de Ana González Tizón (UDC). En la Domus a las 20 horas.

- 12 de noviembre. Presentación de "Historia del Príncipe y la sardina", exposición de fotografías sobre la expedición científica a Galicia del Príncipe Alberto I de Mónaco (1886). En el Aquarium Finisterrae a las 13:30 horas.

- 12 de noviembre. Encuentro con profesores, en el que se les presentarán las novedades de los Museos Científicos Coruñeses para el curso escolar. En la Domus a las 19 horas.

- 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 17 horas, en el Planetario de la Casa de las Ciencias. Cosmicontos dirigidos a niños de 4 a 10 años. Actividad gratuita. Con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.

- 14, 15, 21 y 22 de noviembre a las 18 horas, en el Aquarium Finisterrae: visitas teatralizadas guiadas por el Capitán Nemo. Para niños de 6 a 13 años. Reserva de plaza en el teléfono 981 189 842. Actividad gratuita. Con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección General de Investigación, desarrollo e innovación, Xunta de Galicia.

- 13 de noviembre. Conferencia "Biología y prodigio en la metamorfosis de los insectos", a cargo de Xavier Bellés, director del Instituto de Biología Evolutiva (CSIC-UPF). Prisma Casa de las Ciencias 2009 al mejor texto inédito. En la Domus, a las 20 horas.

- 14 de noviembre. Actos de entrega de los Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación:
Presentación del documental "Descubriendo el comportamiento animal", Prisma al mejor trabajo multimedia 2009. Lugar: sala Leonardo de la Vinci, Domus. Entrega de Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación. Salón de Plenos del Excmo. Ayuntamiento de la Coruña.

- 21 de noviembre. Representación en la Domus de una obra sobre evolución realizada por el grupo de teatro infantil dirigido por Chévere. Actividad con el patrocinio de la Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia.