16 abril 2010

O BENEFICIO ECONÓMICO DE PRESERVAR A BIODIVERSIDADE

[Ver nota en galego]




Con este título a Domus acollerá o vindeiro luns, 19 de abril, ás 20 horas, a seguinte sesión do II ciclo Luns con Ciencia. A charla será impartida por María Loureiro, profesora no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela.

María Loureiro é doutora en Economía pola Washington State University. Obtivo o "Premio de Investigación Social Monteiro Ríos, " da Xunta de Galicia (2007), e o "Sylvia Lane Fellowship, " do Comité profesional "Women in Agricultural Economics" (2002).

Publicou máis de 50 artigos en revistas internacionais no campo de economía ambiental e economía agraria, e é revisora das revistas American Journal of Agricultural Economics, Environmental and Resource Economics, Journal of Environmental Management, Journal of Environmental Economics and Management, entre outras moitas.

O II ciclo Luns con Ciencia, englobado no programa de actos que os Museos
Científicos Coruñeses celebrarán en 2010 con motivo do Ano da Biodiversidade, ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

Organizado en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Universidade da Coruña), e a participación do Centro Ocenográfico da Coruña (IEO). Patrocinado por Caixanova.



EL BENEFICIO ECONÓMICO DE PRESERVAR LA BIODIVERSIDAD

Con este título la Domus acogerá el próximo lunes, 19 de abril, a las 20 horas, la siguiente sesión del II ciclo Luns con Ciencia. La charla será impartida por María Loureiro, profesora en el Departamento de Fundamentos de Análisis Económico de la Universidade de Santiago de Compostela.

María Loureiro es doctora en Economía por el Washington State University. Obtuvo el "Premio de Investigación Social Montero Ríos," de la Xunta de Galicia (2007), y el "Sylvia Lane Fellowship," del Comité profesional "Women in Agricultural Economics" (2002).

Publicó más de 50 artículos en revistas internacionales en el campo de economía ambiental y economía agraria, y es revisora de las revistas American Journal of Agricultural Economics, Environmental and Resource Economics, Journal of Environmental Management, Journal of Environmental Economics and Management, entre otras muchas.

El II ciclo Luns con Ciencia, englobado en el programa de actos que los Museos Científicos Coruñeses celebrarán en 2010 con motivo del Año de la Biodiversidad, tiene como objetivo incorporar la ciencia a la agenda cultural de los ciudadanos.

Organizado en colaboración con el Departamento de Pedagogía y Didáctica (Universidade da Coruña), y la participación del Centro Ocenográfico de A Coruña (IEO). Patrocinado por Caixanova.