15 junio 2010

Concurso de audiovisuais sobre a Casa das Ciencias con motivo do seu 25 aniversario

[Ver nota en galego]



—Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu 25 aniversario.

—O obxectivo do concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias" é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística.


Fallo do xurado:
Rogelio Fernández Mosquera, gañador do primeiro premio

Para participar hai que enviar unha memoria descritiva do proxecto antes do 9 de xullo de 2010, á seguinte dirección:

Casa das Ciencias
Concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias"
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

O proxecto ten que cumplir as seguintes BASES:

1. Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu 25 aniversario. O obxectivo do concurso é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística, sen ningún tipo de limitación en canto á duración, formato, xénero, estilo, etc.

2. Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán acompañar a súa solicitude dunha autorización asinada polos seus pais ou titores, que os representarán a efectos legais.

3. Cada participante deberá presentar por escrito unha memoria descritiva do proxecto, que responda ás seguintes características:

-Sinopse reducida do proxecto (máximo 400 caracteres)
-Declaración de intencións (máximo 2.500 caracteres)
-Biofilmografía do solicitante (máximo 500 caracteres)
-Información de contacto: Nome completo, Enderezo Postal, Teléfono e Correo Electrónico.

As memorias deben enviarse a:

Casa das Ciencias
Concurso Leva a Cámara á Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

4. O prazo de entrega das memorias dos proxectos comeza coa publicación destas bases e remata o 9 de xullo de 2010.

5. Un xurado formado por tres persoas designadas polos Museos Científicos Coruñeses vencelladas tanto ao mundo da ciencia como ao da creación audiovisual seleccionará os dous proxectos gañadores, que recibirán cada un 1.000 € para a súa produción.

6. A reunión do xurado celebrarase o día 16 de xullo de 2010. A súa decisión darase a coñecer a través do sitio web dos Museos Científicos Coruñeses.

7. Os autores e autoras dos proxectos gañadores comprométense a entregar dúas copias en formato DVD coa versión final da súa obra na Casa das Ciencias da Coruña antes do 15 de outubro de 2010. As obras realizadas formarán parte da programación da III Mostra de Ciencia e Cinema, a celebrar na Coruña entre os días 25 e 30 de outubro.

8. Os autores ou autoras cederán gratuitamente aos Museos Científicos Coruñeses o uso das obras gañadoras deste concurso. Os Museos Científicos Coruñeses resérvanse o dereito de reproducir total ou parcialmente as obras gañadoras nas súas instalacións, nos seus sitios en Internet ou en calquera institución coa que colaboren, co ánimo de difundir e divulgar as obras seleccionadas.

9. A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e da decisión do xurado.


Concurso de audiovisuales sobre la Casa de las Ciencias con motivo de su 25 aniversario

—Los Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para la elaboración de audiovisuales relacionados con la Casa de las Ciencias, dentro de los actos de celebración de su 25 aniversario.

—El objetivo del concurso "Lleva tu Cámara a la Casa de las Ciencias" es promover la producción de dos proyectos audiovisuales en homenaje la esta institución museística.


Fallo del jurado:
Rogelio Fernández Mosquera, ganador del primer premio

Para participar hay que enviar una memoria descriptiva del proyecto antes del 9 de julio de 2010, a la siguiente dirección:

Casa de las Ciencias
Concurso "Lleva la Cámara a la Casa de las Ciencias"
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

El proyecto tiene que cumplir las siguientes BASES:

1. Los Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para la elaboración de audiovisuales relacionados con la Casa de las Ciencias, dentro de los actos de celebración de su 25 aniversario. El objetivo del concurso es promover la producción de dos proyectos audiovisuales en homenaje a esta institución museística, sin ningún tipo de limitación en cuanto a la duración, formato, género, estilo, etc.

2. Podrán participar en este concurso todas las personas mayores de 16 años. Los menores de edad deberán acompañar su solicitud de una autorización firmada por sus padres o tutores, que los representarán a efectos legales.

3. Cada participante deberá presentar por escrito una memoria descriptiva del proyecto, que responda a las siguientes características:

-Sinopsis reducida del proyecto (máximo 400 caracteres)
-Declaración de intenciones (máximo 2.500 caracteres)
-Biofilmografía del solicitante (máximo 500 caracteres)
-Información de contacto: Nombre completo, Dirección Postal, Teléfono y Correo Electrónico.

Las memorias deben enviarse a:

Casa de las Ciencias
Concurso Lleva tu Cámara a la Casa de las Ciencias
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

4. El plazo de entrega de las memorias de los proyectos comienza con la publicación de estas bases y termina el 9 de julio de 2010.

5. Un jurado formado por tres personas designadas por los Museos Científicos Coruñeses, vinculadas tanto al mundo de la ciencia como al de la creación audiovisual, seleccionará los dos proyectos ganadores, que recibirán cada uno 1.000 € para su producción.

6. La reunión del jurado se celebrará el día 16 de julio de 2010. Su decisión se dará a conocer a través del sitio web de los Museos Científicos Coruñeses.

7. Los autores y autoras de los proyectos ganadores se comprometen a entregar dos copias en formato DVD con la versión final de su obra en la Casa de las Ciencias de A Coruña antes del 15 de octubre de 2010. Las obras realizadas formarán parte de la programación de la III Mostra de Ciencia e Cinema, a celebrar en la Coruña entre los días 25 y 30 de octubre.

8. Los autores o autoras cederán gratuitamente a los Museos Científicos Coruñeses el uso de las obras ganadoras de este concurso. Los Museos Científicos Coruñeses se reservan el derecho de reproducir total o parcialmente las obras ganadoras en sus instalaciones, en sus sitios en Internet o en cualquier institución con la que colaboren, con el ánimo de difundir y divulgar las obras seleccionadas.

9. La participación en el concurso implica la aceptación de todas y cada una de las bases del concurso y de la decisión del jurado.