01 octubre 2010

O Aquarium Finisterrae presenta «O Ártico e o cambio climático en Groenlandia»

[Ver nota en galego]



—Unha exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica a conservación das zonas polares
—Desde o 28 de setembro ata finais de decembro do 2010


A exposición, que se presenta por primeira vez en España, contén imaxes que reflicten a inmensa beleza que esconde o xeo do Ártico, realizadas polo autor, Carlos Caraglia, durante a súa expedición ao casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. As fotografías recollen ademais algúns dos efectos do quentamento global nesta rexión, onde se pode apreciar a perda de xeo que sofre o glaciar de Isertoq.

Motivado pola crenza de que é imprescindible adoptar iniciativas por parte da sociedade civil, Caraglia creou “Viaxe Polar", proxecto que ten como meta filmar e fotografar as zonas polares co propósito de realizar un documental e elaborar un banco de imaxes que serán utilizadas con fins divulgativos. O obxectivo fundamental consiste en mostrar os efectos do quentamento global sobre os polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeñan no equilibrio do clima de todo o planeta.

Caraglia realizou tres viaxes á Antártida en calidade de fotógrafo. Tras a súa primeira viaxe a esta rexión, en novembro de 2007, involucrouse de forma activa na loita pola preservación das zonas polares. Na súa penúltima viaxe (decembro de 2009), percorreu 7.000 millas mariñas (11.265 km) a bordo do Crebaxeos Ruso "Kapitan Klebnikov", accedendo aos lugares máis extremos da Terra, visitando as inaccesibles colonias de pingüíns emperador e os refuxios dende os que Scott e Shackleton iniciaron as campañas cara á conquista do Polo Sur. En xullo de 2010 realizou a súa quinta expedición, que tivo como obxectivo a busca de osos polares no Ártico.

>> Ver galería de fotos


El Aquarium Finisterrae presenta «El Ártico y el cambio climático en Groenlandia»

—Una exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica la conservación de las zonas polares
—Desde el 28 de septiembre hasta finales de diciembre del 2010


La exposición, que se presenta por primera vez en España, contiene imágenes que reflejan la inmensa belleza que esconde el hielo del Ártico, realizadas por el autor, Carlos Caraglia, durante su expedición al casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. Las fotografías recogen además algunos de los efectos del calentamiento global en esta región, donde se puede apreciar la pérdida de hielo que sufre el glaciar de Isertoq.

Motivado por la creencia de que es imprescindible adoptar iniciativas por parte de la sociedad civil, Caraglia creó "Viaje Polar", proyecto que tiene como meta filmar y fotografiar las zonas polares con el propósito de realizar un documental y elaborar un banco de imágenes que serán utilizadas con fines divulgativos. El objetivo fundamental consiste en mostrar los efectos del calentamiento global sobre los polos, su inmensa belleza, la fauna que lo habita y el importante papel que desempeñan en el equilibrio del clima de todo el planeta.

Caraglia realizó tres viajes a la Antártida en calidad de fotógrafo. Tras su primer viaje a esta región, en noviembre de 2007, se involucró de forma activa en la lucha por la preservación de las zonas polares. En su penúltimo viaje (diciembre de 2009), recorrió 7.000 millas marinas (11.265 km) a bordo del rompehielos ruso "Kapitan Klebnikov", accediendo a los lugares más extremos de la Tierra, visitando las inaccesibles colonias de pingüinos emperador y los refugios desde los que Scott y Shackleton iniciaron las campañas hacia la conquista del Polo sur. En julio de 2010 realizó su quinta expedición, que tuvo como objetivo la búsqueda de osos polares en el Ártico.

>> Ver galería de fotos