17 diciembre 2010

A Domus acolle unha charla sobre a expedición oceanográfica Malaspina

[Ver nota en galego]



—O luns día 20 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia-coloquio "A expedición MALASPINA 2010: a exploración do océano global"
—A charla será impartida por participantes na expedición: Antonio Bode, Marta Varela e Marta Álvarez, Investigadores Titulares do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía


Na conferencia do 20 de decembro na Domus, os investigadores participantes na expedición MALASPINA 2010 farán un percorrido dende a perspectiva histórica da expedición orixinal do s. XVIII ata os máis avanzados obxectivos e tecnoloxía que se empregará na expedición actual. Destacarase especialmente a relación de ambas as dúas expedicións coa Coruña, cidade na que Alejandro Malaspina estivo recluído ao final da súa expedición pero tamén onde está un dos principais centros de investigación do Instituto Español de Oceanografía que participan no proxecto actual.

A expedición MALASPINA 2010 é unha circunnavegación do océano global co obxectivo de explorar a biodiversidade aínda descoñecida e analizar os efectos do cambio climático. Trátase dun esforzo extraordinario e multidisciplinar da comunidade científica española que rende homenaxe á viaxe que Alejandro Malaspina, ao mando de dous navíos da Armada Española, emprendeu en 1789. Nesta ocasión empregaranse os buques de investigación oceanográfica Hespérides e Sarmiento de Gamboa que realizarán máis de 40.000 millas náuticas percorrendo os océanos Atlántico, Índico e Pacífico entre decembro de 2010 e xullo de 2011.

Esta conferencia está organizada polo Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

La Domus acoge una charla sobre la expedición oceanográfica Malaspina

—El lunes día 20 de diciembre, a las 20:00 horas, tendrá lugar la conferencia-coloquio "La expedición MALASPINA 2010: la exploración del océano global"
—La charla será impartida por participantes en la expedición: Antonio Bode, Marta Varela y Marta Álvarez, Investigadores Titulares del Centro Oceanográfico de A Coruña del Instituto Español de Oceanografía


En la conferencia del 20 de diciembre en la Domus, los investigadores participantes en la expedición MALASPINA 2010 harán un recorrido desde la perspectiva histórica de la expedición original del s. XVIII hasta los más avanzados objetivos y tecnología que se empleará en la expedición actual. Se destacará especialmente la relación de ambas expediciones con A Coruña, ciudad en la que Alejandro Malaspina estuvo recluido al final de su expedición pero también donde está uno de los principales centros de investigación del Instituto Español de Oceanografía que participan en el proyecto actual.

La expedición MALASPINA 2010 es una circunnavegación del océano global con el objetivo de explorar la biodiversidad aún desconocida y analizar los efectos del cambio climático. Se trata de un esfuerzo extraordinario y multidisciplinar de la comunidad científica española que rinde homenaje al viaje que Alejandro Malaspina, al mando de dos navíos de la Armada Española, emprendió en 1789. En esta ocasión se emplearán los buques de investigación oceanográfica Hespérides y Sarmiento de Gamboa que realizarán más de 40.000 millas náuticas recorriendo los océanos Atlántico, Índico y Pacífico entre diciembre de 2010 y julio de 2011.

Esta conferencia está organizada por el Centro Oceanográfico de A Coruña del Instituto Español de Oceanografía, en colaboración con los Museos Científicos Coruñeses.