23 junio 2010

O concurso "A ciencia na miña vida", convocado polos Museos Científicos Coruñeses, celebra a súa fase final en Bruxelas

Ver nota completa: español | galego


—O evento ten lugar os días 23 e 24 de xuño, na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
—Os finalistas do concurso de microvídeos, convocado no marco do proxecto Cities and Science Communication (CASC), proceden de Romanía, Reino Unido e España


Os dous traballos seleccionados polo xurado no noso país son:
>> Categoría menores de 16 anos: "Traductor Automático Universal", dos alumnos de 4 ºB do IES Alexandre Bóveda de Vigo.



>> Categoría aberta: "Viviremos para sempre?", de Cristina de la Torre e José González.





O concurso invitaba a realizar unha gravación de menos de 3 minutos cun equipo sinxelo (teléfonos móbiles ou webcams) cuxo contido respondese á pregunta: Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro? O xurado, formado por especialistas de Holanda, Francia e Portugal, non se centrará na calidade técnica dos traballos, senón na creatividade demostrada, o uso de técnicas narrativas ou a claridade da mensaxe que transmiten.

A fase final deste concurso celebrarase no marco dunha reunión de traballo organizada polos Museos Científicos Coruñeses para analizar o desenvolvemento das diversas iniciativas de divulgación científica postas en marcha a través do Proxecto CASC. Nesta reunión trataranse cuestións como a diferente permeabilidade dos sistemas educativos europeos para incorporar iniciativas de divulgación ou o papel dos medios de comunicación tradicionais e as redes sociais na formación científica dos mozos.

O proxecto CASC está financiado pola Unión Europea e ten como obxectivo explorar novas formas de mellorar a implicación do público coa ciencia. Nel participan concellos, museos científicos, universidades e parques tecnolóxicos de once países europeos. Os Museos Científicos Coruñeses foron elixidos para liderar un grupo de traballo cuxo obxectivo é identificar e analizar as prácticas divulgativas que demostraron maior eficacia na conexión da ciencia co público.

El concurso "La ciencia en mi vida", convocado por los Museos Científicos Coruñeses, celebra su fase final en Bruselas

—El evento tendrá lugar los días 23 y 24 de junio, en la sed de la Fundación Galicia Europa en Bruselas
—Los finalistas del concurso de microvídeos, convocado en el marco del proyecto Cities and Science Communication (CASC), proceden de Rumanía, Reino Unido y España


>> Categoría menores de 16 años: "Traductor Automático Universal", de los alumnos de 4 ºB del IES Alexandre Bóveda de Vigo.



>> Categoría abierta: "Viviremos para sempre?", de Cristina de la Torre y José González.



El concurso invitaba a realizar una grabación de menos de 3 minutos con un equipo sencillo (teléfonos móviles o webcams) cuyo contenido respondiera a la pregunta: Que problemas te gustaría que resolvieran la ciencia y la tecnología en el futuro? El jurado, formado por especialistas de Holanda, Francia y Portugal, no se centrará en la calidad técnica de los trabajos, sino en la creatividad demostrada, el uso de técnicas narrativas o la claridad del mensaje que transmiten.

La fase final de este concurso se celebrará en el marco de una reunión de trabajo organizada por los Museos Científicos Coruñeses para analizar el desarrollo de las diversas iniciativas de divulgación científica puestas en marcha a través del Proyecto CASC. En esta reunión se tratarán cuestiones como la diferente permeabilidad de los sistemas educativos europeos para incorporar iniciativas de divulgación o el papel de los medios de comunicación tradicionales y las redes sociales en la formación científica de los chicos.

El proyecto CASC está financiado por la Unión Europea y tiene como objetivo explorar nuevas formas de mejorar la implicación del público con la ciencia. En él participan ayuntamientos, museos científicos, universidades y parques tecnológicos de once países europeos. Los Museos Científicos Coruñeses fueron elegidos para liderar un grupo de trabajo cuyo objetivo es identificar y analizar las prácticas divulgativas que demostraron mayor eficacia en la conexión de la ciencia con el público.



16 junio 2010

O Aquarium Finisterrae estrea a nova «Charca das Caricias»

Ver nota completa: español | galego


—Reábrese ademais o Octopus's Garden, piscina exterior cuxa instalación se mellorou para aloxar de novo unha colonia de polbos

A nova Charca das Caricias constitúe un valioso recurso que permitirá manexar claves emocionais na comunicación de aspectos relacionados coa bioloxía mariña e a conservación do medio mariño.

Este módulo interactivo xa existía dende a apertura da Casa dos Peixes, pero agora inaugúrase unha versión moi mellorada que incorpora novos recursos e contidos. De feito, a instalación construíuse de novo nun lugar diferente e cun novo deseño.


A nova infraestrutura combina diferentes recursos (un acuario con animais vivos, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares) que permitirán realizar talleres e actividades educativas de gran calidade. Por exemplo, baixo a supervisión dos monitores do Aquarium, o público poderá coñecer máis de preto determinadas especies de animais e plantas, tocándoos e observando os máis pequenos coas lupas. No video-wall proxectarase o que se está a observar nos microscopios, de maneira que tamén poida ser contemplado por un grupo de visitantes. A pantalla xigante servirá así mesmo para proxectar vídeos e páxinas web relacionadas con talleres educativos e campañas nas que participa o acuario.

Para inaugurar a Charca das Caricias elixíronse tres actividades.

- Unha delas está relacionada co proxecto de investigación sobre a reprodución do santiaguiño que se realiza no Aquarium. O publico poderá observar as diferentes fases de desenvolvemento deste crustáceo (ovos, larvas, xuvenís), algunhas delas descoñecidas para a ciencia ata agora.

- A segunda actividade está centrada nas estrelas de mar, un grupo de invertebrados mariños moi popular entre os visitantes do Aquarium. Os participantes nesta actividade poderán identificar as distintas especies que viven no Aquarium observando as súas características físicas e utilizando unha sinxela clave.

- A terceira está relacionada coa campaña europea de consumo sostible de peixe, "Elixe o peixe correcto", na que o Aquarium Finisterrae participa xunto co acuario Nausicaa (Francia) e o Acquario de Génova (Italia).

As actividades están deseñadas tanto para o público xeral como para os grupos escolares que acudan en visita concertada, e realizaranse a determinadas horas.

O deseño da nova Charca das Caricias achega dous aspectos importantes, que os animais poderán ser manipulados baixo a supervisión de persoal especializado, o que redunda nun maior benestar dos exemplares, e que o público recibirá información explicativa en directo sobre as especies que estarán a tocar.


El Aquarium Finisterrae estrena la nueva «Charca de las Caricias»

—Se reabre además el Octopus’s Garden, piscina exterior cuya instalación se ha mejorado para alojar de nuevo una colonia de pulpos

La nueva Charca de las Caricias constituye un valioso recurso que permitirá manejar claves emocionales en la comunicación de aspectos relacionados con la biología marina y la conservación del medio marino.

Este módulo interactivo ya existía desde la apertura de la Casa de los Peces, pero ahora se inaugura una versión muy mejorada que incorpora nuevos recursos y contenidos. De hecho, la instalación se ha construido de nuevo en un lugar diferente y con un nuevo diseño.

La nueva infraestructura combina diferentes recursos (un acuario con animales vivos, una pantalla gigante, un ordenador, microscopios y lupas binoculares) que permitirán realizar talleres y actividades educativas de gran calidad. Por ejemplo, bajo la supervisión de los monitores del Aquarium, el público podrá conocer más de cerca determinadas especies de animales y plantas, tocándolos y observando los más pequeños con las lupas. En el video-wall se proyectará lo que se está observando en los microscopios, de manera que también pueda ser contemplado por un grupo de visitantes. La pantalla gigante servirá asimismo para proyectar vídeos y páginas web relacionadas con talleres educativos y campañas en las que participa el acuario.

Para inaugurar la Charca de las Caricias se han elegido tres actividades:

—Una de ellas está relacionada con el proyecto de investigación sobre la reproducción del santiaguiño que se realiza en el Aquarium. El publico podrá observar las diferentes fases de desarrollo de este crustáceo (huevos, larvas, juveniles), algunas de ellas desconocidas para la ciencia hasta ahora.

—La segunda actividad está centrada en las estrellas de mar, un grupo de invertebrados marinos muy popular entre los visitantes del Aquarium. Los participantes en esta actividad podrán identificar las distintas especies que viven en el Aquarium observando sus características físicas y utilizando una sencilla clave.

—La tercera está relacionada con la campaña europea de consumo sostenible de pescado “Elige el pescado correcto”, en la que el Aquarium Finisterrae participa junto con el acuario Nausicaa (Francia) y el Acquario di Génova (Italia).

Las actividades están diseñadas tanto para el público general como para los grupos escolares que acudan en visita concertada, y se realizarán a determinadas horas.

El diseño de la nueva Charca de las Caricias aporta dos aspectos importantes, el que los animales podrán ser manipulados bajo la supervisión de personal especializado, lo que redunda en un mayor bienestar de los ejemplares, y que el público recibirá información explicativa en directo sobre las especies que estarán tocando.


Ganadores do concurso de vídeo afeccionado «A Ciencia da miña vida»

Ver nota completa: español | galego


—Convocado polos Museos Científicos Coruñeses o concurso realizouse simultáneamente en varias cidades europeas, dentro do proxecto CASC
—Os dous traballos seleccionados competirán en Bruxelas cos gañadores do resto de países europeos participantes


O certame de vídeo afeccionado "A Ciencia da miña vida" xa ten gañadores. Estes foron os traballos premiados, nas dúas categorías:

+ Menores de de 16 anos:“Traductor automático universal (TAU)”, un vídeo dos alumnos de 4º B do IES Alexandre Bóveda (Vigo).
+ Aberta:“Viviremos para sempre?”, un vídeo de Cristina de la Torre e José González.

O concurso invitaba a realizar unha gravación curta, de menos de 3 minutos, cuxo contido respondese á seguinte pregunta: Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro?, utilizando o teléfono móbil ou mesmo cun webcam, e empregando todo tipo de recursos audiovisuais.

O premio consiste nunha cámara de vídeo e unha viaxe a Bruxelas, onde competirán cos seus traballos cos gañadores do resto de países europeos participantes neste concurso.

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses o concurso realizouse simultáneamente en varias cidades europeas participantes no proxecto CASC (Cities and Science Communication), cuxo obxectivo principal é compartir experiencias e coñecementos para explorar novas formas de mellorar a implicación do público coa ciencia.


Ganadores del concurso de vídeo aficionado «La Ciencia de mi vida»

—Convocado por los Museos Científicos Coruñeses el concurso se realizó simultáneamente en varias ciudades europeas, dentro del proyecto CASC
—Los dos trabajos seleccionados competirán en Bruselas con los ganadores del resto de países europeos participantes


El certamen de vídeo aficionado "La Ciencia de mi vida" ya tiene ganadores. Estos fueron los trabajos premiados, en las dos categorías:

+ Menores de de 16 años: "Traductor automático universal (TAU)", un vídeo de los alumnos de 4ºB del IES Alexandre Bóveda (Vigo).
+ Abierta: "Viviremos para sempre?", un vídeo de Cristina de la Torre y José González.

El concurso invitaba a realizar una grabación corta, de menos de 3 minutos, cuyo contenido respondiera a la siguiente pregunta: ¿Qué problemas te gustaría que resolvieran la ciencia y la tecnología en el futuro?, utilizando el teléfono móvil o incluso con una webcam, y empleando todo tipo de recursos audiovisuales.

El premio consiste en una cámara de vídeo y un viaje a Bruselas, donde competirán con sus trabajos con los ganadores del resto de países europeos participantes en este concurso.

Convocado por los Museos Científicos Coruñeses el concurso se realizó simultáneamente en varias ciudades europeas participantes en el proyecto CASC (Cities and Science Communication), cuyo objetivo principal es compartir experiencias y conocimientos para explorar nuevas formas de mejorar la implicación del público con la ciencia.


15 junio 2010

Concurso de audiovisuais sobre a Casa das Ciencias con motivo do seu 25 aniversario

Ver nota completa: español | galego


—Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu 25 aniversario.

—O obxectivo do concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias" é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística.


Fallo do xurado:
Rogelio Fernández Mosquera, gañador do primeiro premio

Para participar hai que enviar unha memoria descritiva do proxecto antes do 9 de xullo de 2010, á seguinte dirección:

Casa das Ciencias
Concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias"
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

O proxecto ten que cumplir as seguintes BASES:

1. Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu 25 aniversario. O obxectivo do concurso é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística, sen ningún tipo de limitación en canto á duración, formato, xénero, estilo, etc.

2. Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán acompañar a súa solicitude dunha autorización asinada polos seus pais ou titores, que os representarán a efectos legais.

3. Cada participante deberá presentar por escrito unha memoria descritiva do proxecto, que responda ás seguintes características:

-Sinopse reducida do proxecto (máximo 400 caracteres)
-Declaración de intencións (máximo 2.500 caracteres)
-Biofilmografía do solicitante (máximo 500 caracteres)
-Información de contacto: Nome completo, Enderezo Postal, Teléfono e Correo Electrónico.

As memorias deben enviarse a:

Casa das Ciencias
Concurso Leva a Cámara á Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

4. O prazo de entrega das memorias dos proxectos comeza coa publicación destas bases e remata o 9 de xullo de 2010.

5. Un xurado formado por tres persoas designadas polos Museos Científicos Coruñeses vencelladas tanto ao mundo da ciencia como ao da creación audiovisual seleccionará os dous proxectos gañadores, que recibirán cada un 1.000 € para a súa produción.

6. A reunión do xurado celebrarase o día 16 de xullo de 2010. A súa decisión darase a coñecer a través do sitio web dos Museos Científicos Coruñeses.

7. Os autores e autoras dos proxectos gañadores comprométense a entregar dúas copias en formato DVD coa versión final da súa obra na Casa das Ciencias da Coruña antes do 15 de outubro de 2010. As obras realizadas formarán parte da programación da III Mostra de Ciencia e Cinema, a celebrar na Coruña entre os días 25 e 30 de outubro.

8. Os autores ou autoras cederán gratuitamente aos Museos Científicos Coruñeses o uso das obras gañadoras deste concurso. Os Museos Científicos Coruñeses resérvanse o dereito de reproducir total ou parcialmente as obras gañadoras nas súas instalacións, nos seus sitios en Internet ou en calquera institución coa que colaboren, co ánimo de difundir e divulgar as obras seleccionadas.

9. A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e da decisión do xurado.


Concurso de audiovisuales sobre la Casa de las Ciencias con motivo de su 25 aniversario

—Los Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para la elaboración de audiovisuales relacionados con la Casa de las Ciencias, dentro de los actos de celebración de su 25 aniversario.

—El objetivo del concurso "Lleva tu Cámara a la Casa de las Ciencias" es promover la producción de dos proyectos audiovisuales en homenaje la esta institución museística.


Fallo del jurado:
Rogelio Fernández Mosquera, ganador del primer premio

Para participar hay que enviar una memoria descriptiva del proyecto antes del 9 de julio de 2010, a la siguiente dirección:

Casa de las Ciencias
Concurso "Lleva la Cámara a la Casa de las Ciencias"
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

El proyecto tiene que cumplir las siguientes BASES:

1. Los Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para la elaboración de audiovisuales relacionados con la Casa de las Ciencias, dentro de los actos de celebración de su 25 aniversario. El objetivo del concurso es promover la producción de dos proyectos audiovisuales en homenaje a esta institución museística, sin ningún tipo de limitación en cuanto a la duración, formato, género, estilo, etc.

2. Podrán participar en este concurso todas las personas mayores de 16 años. Los menores de edad deberán acompañar su solicitud de una autorización firmada por sus padres o tutores, que los representarán a efectos legales.

3. Cada participante deberá presentar por escrito una memoria descriptiva del proyecto, que responda a las siguientes características:

-Sinopsis reducida del proyecto (máximo 400 caracteres)
-Declaración de intenciones (máximo 2.500 caracteres)
-Biofilmografía del solicitante (máximo 500 caracteres)
-Información de contacto: Nombre completo, Dirección Postal, Teléfono y Correo Electrónico.

Las memorias deben enviarse a:

Casa de las Ciencias
Concurso Lleva tu Cámara a la Casa de las Ciencias
Parque de Santa Margarita
15005 A Coruña

4. El plazo de entrega de las memorias de los proyectos comienza con la publicación de estas bases y termina el 9 de julio de 2010.

5. Un jurado formado por tres personas designadas por los Museos Científicos Coruñeses, vinculadas tanto al mundo de la ciencia como al de la creación audiovisual, seleccionará los dos proyectos ganadores, que recibirán cada uno 1.000 € para su producción.

6. La reunión del jurado se celebrará el día 16 de julio de 2010. Su decisión se dará a conocer a través del sitio web de los Museos Científicos Coruñeses.

7. Los autores y autoras de los proyectos ganadores se comprometen a entregar dos copias en formato DVD con la versión final de su obra en la Casa de las Ciencias de A Coruña antes del 15 de octubre de 2010. Las obras realizadas formarán parte de la programación de la III Mostra de Ciencia e Cinema, a celebrar en la Coruña entre los días 25 y 30 de octubre.

8. Los autores o autoras cederán gratuitamente a los Museos Científicos Coruñeses el uso de las obras ganadoras de este concurso. Los Museos Científicos Coruñeses se reservan el derecho de reproducir total o parcialmente las obras ganadoras en sus instalaciones, en sus sitios en Internet o en cualquier institución con la que colaboren, con el ánimo de difundir y divulgar las obras seleccionadas.

9. La participación en el concurso implica la aceptación de todas y cada una de las bases del concurso y de la decisión del jurado.


05 junio 2010

O Planetario da Casa das Ciencias presenta "O Mundo de Fugaz"

Ver nota completa: español | galego


—"O Mundo de Fugaz" é unha produción do Planetario de Pamplona adaptada ao novo sistema de proxección dixital da Casa das Ciencias
>> Ver horarios de proxección


"O mundo de Fugaz" é un audiovisual pensado para que os máis pequenos tamén gocen do Planetario. Fugaz, a protagonista do programa, é unha estrela parlanchina que invita aos que asisten á sesión a participar nos seus xogos favoritos: cantar cancións, bailar, xogar á ruleta dos planetas, visitar o fondo do mar ou ir á granxa.



A través do ceo estrelado, fotografías, animacións e debuxos, a estrela Fugaz tamén nos presentará aos seus amigos, a Osa Maior e os planetas. Marte, por exemplo, sempre está colorado da vergoña que pasa durante o programa. A Saturno todo lle dá igual porque el só quere ir á praia a estrear o seu flotador. Tamén coñeceremos a Xúpiter, Venus, Urano, Neptuno e a Mercurio, que ten toda a cara chea de grans. E non falta a Terra, onde viven os humanos e outros moitos animais.

>> Ver horarios e prezos

>> Visitas escolares: os grupos con reserva previa tamén poden escoller a proxección de "O mundo de Fugaz"


El Planetario de la Casa de las Ciencias presenta "El Mundo de Fugaz"

—"El Mundo de Fugaz" es una producción del Planetario de Pamplona adaptada al nuevo sistema de proyección digital de la Casa de las Ciencias
>> Ver horarios de proyección


"El mundo de Fugaz" es un audiovisual pensado para que los más pequeños también disfruten del Planetario. Fugaz, la protagonista del programa, es una estrella parlanchina que invita a los que asisten a la sesión a participar en sus juegos favoritos: cantar canciones, bailar, jugar a la ruleta de los planetas, visitar el fondo del mar o ir a la granja.



A través del cielo estrellado, fotografías, animaciones y dibujos, la estrella Fugaz también nos presentará a sus amigos, la Osa Mayor y los planetas. Marte, por ejemplo, siempre está colorado de la vergüenza que pasa durante el programa. A Saturno todo le da igual porque él sólo quiere ir a la playa a estrenar su flotador. También conoceremos a Júpiter, Venus, Urano, Neptuno y a Mercurio, que tiene toda la cara llena de granos. Y no falta la Tierra, donde viven los humanos y otros muchos animales.

>> Ver horarios y precios

>> Visitas escolares: los grupos con reserva previa también pueden escoger la proyección de "El mundo de Fugaz"