12 agosto 2010

O Aquarium Finisterrae acolle a mostra “Cidades Mergulladas”, enmarcada no salón do cómic “Viñetas desde o Atlántico”

Ver nota completa: español | galego


—O Aquarium Finisterrae participa un ano máis no Salón do Cómic da Coruña, con esta exposición que se poderá visitar ata o 30 de setembro
—"Cidades mergulladas" recolle exemplos de historietas españolas, franco-belgas e norteamericanas aparecidas orixinalmente en revistas, cadernos populares, cómic-book e prensa diaria


CIDADES MERGULLADAS
No Aquarium Finisterrae (Tunel de acceso á sala Maremagnum)
Desde o 12 de agosto ata o 30 de setembro de 2010
XIII edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña "Viñetas desde o Atlántico"

Son difícilmente detectables ata polos máis modernos sonares. Permanecen ocultas nas profundidades, algunhas mergulladas durante séculos ou encubertas polos escuros designios políticos ou criminais. Hainas que desbordan de vida, outras son grandes cemiterios. Algunhas son míticas, pero a súa lenda ten visos de realidade. Outras forman parte de conglomerados secretos onde se citan turbias maquinacións. Hainas, mesmo, ocupadas por seres que son doutros mundos, porque non todas están no noso.




Son as cidades mergulladas, urbes sinxelas ou complexas, pretéritas ou futuras, acochadas en viñetas de xéneros como a aventura, a fantasía, ou a ficción científica, mesmo poden rastrexarse nalgunhas series de humor. A imaginación de guionistas e debuxantes lévanos a mergullarse, en equipo de inmersión, nas profundidades de mares e océanos onde, grazas á fantasía, todo é posible.

«Nesta mostra encontrará exemplos de historietas españolas, franco-belgas e norteamericanas aparecidas orixinalmente en revistas, cadernos populares, cómic-book e prensa diaria. Esta exposición evidenciará que as cidades mergulladas existen».

Antoni Guiral i Conti
Comisario da exposición.

Antoni Guiral i Conti (Barcelona, 1959) é un home multidisciplinar que foi guionista, editor de fanzines ("Funnies"), puntual coordinador do Salón da Cidade Condal (1994), produtor editorial (Norma, Planeta, Camaleón), e notable teórico que colaborou en numerosas publicacións sobre o mundo do cómic. En 2005 publicou un libro editado polo Xoves, "Cando os cómics chamábanse cómics", dedicado á Escola Bruguera entre os anos 1945 e 1963, por cuxo traballo se lle deu o Premio Diario de Avisos "ao mellor labor en prol da historieta". Tamén gañou o Premio do Salón de Barcelona "ao mellor labor informativo”. Dende hai varios anos colabora con “Viñetas desde o Atlántico” e foi o comisario de varias das mostras relacionadas co mar e o cómic expostas no Aquarium Finisterrae (“Un mar de viñetas”, “Barcos de Papel”, “Monstros Mariños”…).


El Aquarium Finisterrae acoge la muestra "Ciudades Sumergidas", enmarcada en el salón del cómic "Viñetas desde o Atlántico"

—El Aquarium Finisterrae participa un año más en el Salón del Cómic de A Coruña, con esta exposición que se podrá visitar hasta el 30 de septiembre
—"Ciudades sumergidas" recoge ejemplos de historietas españolas, franco-belgas y norteamericanas aparecidas originalmente en revistas, cuadernos populares, cómic-book y prensa diaria


CIUDADES SUMERGIDAS
En el Aquarium Finisterrae (Tunel de acceso a la sala Maremagnum)
Desde el 12 de agosto hasta el 30 de septiembre de 2010
XIII edición del Salón Internacional del Cómic de A Coruña "Viñetas desde o Atlántico"

Son difícilmente detectables hasta por los más modernos sonares. Permanecen ocultas en las profundidades, algunas sumergidas durante siglos o encubiertas por los oscuros designios políticos o criminales. Las hay que desbordan de vida, otras son grandes cementerios. Algunas son míticas, pero su leyenda tiene visos de realidad. Otras forman parte de conglomerados secretos donde se citan turbias maquinaciones. Las hay, incluso, ocupadas por seres que son de otros mundos, porque no todas están en el nuestro.



Son las ciudades sumergidas, urbes sencillas o complejas, pretéritas o futuras, escondidas en viñetas de géneros como la aventura, la fantasía, o la ficción científica, incluso pueden rastrearse en algunas series de humor. La imaginación de guionistas y dibujantes los llevan a sumergirse, en equipo de inmersión, en las profundidades de mares y océanos donde, gracias a la fantasía, todo es posible.

«En esta muestra encontrará ejemplos de historietas españolas, franco-belgas y norteamericanas aparecidas originalmente en revistas, cuadernos populares, cómic-book y prensa diaria. Esta exposición evidenciará que las ciudades sumergidas existen».

Antoni Guiral i Conti
Comisario de la exposición.

Antoni Guiral i Conti (Barcelona, 1959) es un hombre multidisciplinar que fue guionista, editor de fanzines ("Funnies"), puntual coordinador del Salón de la Ciudad Condal (1994), productor editorial (Norma, Planeta, Camaleón), y notable teórico que colaboró en numerosas publicaciones sobre el mundo del cómic. En 2005 publicó un libro editado por el Jueves, "Cuando los cómics se llamaban cómics", dedicado a la Escuela Bruguera entre los años 1945 y 1963, por cuyo trabajo se le dio el Premio Diario de Avisos "a la mejor labor en pro de la historieta". También ganó el Premio del Salón de Barcelona "a la mejor labor informativa”. Desde hace varios años colabora con "Viñetas desde o Atlántico" y fue el comisario de varias de las muestras relacionadas con el mar y el cómic expuestas en el Aquarium Finisterrae ("Un mar de viñetas", "Barcos de Papel", "Monstruos Marinos").


O concurso “Leva a cámara á Casa das Ciencias” xa ten gañador

Ver nota completa: español | galego


—O proxecto “Máis alto, máis preto”, de Rogelio Fernández Mosquera, recibiu o primeiro premio dotado con 1.000 euros
—A proposta gañadora plasmarase nun corto que formará parte da programación da “III Mostra de Ciencia e Cinema”, que se celebrará na Coruña entre o 25 e o 30 de outubro.


Rogelio Fernández Mosquera gañou o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, do concurso “Leva a cámara á Casa das Ciencias” co proxecto “Máis alto, máis preto”. O certame buscaba promover a produción de dous proxectos audiovuais en homenaxe a Casa das Ciencias no seu XXV aniversario. Non obstante, o xurado (Xosé Antón Fraga Vázquez, director dos Museos Científicos Coruñeses; Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias, e Oscar Sánchez, crítico cinematográfico e membro da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias) acordou deixar deserto o segundo dos premios previstos nas bases da convocatoria.

O corto que se realice a partir do proxecto gañador formará parte da programación da “III Mostra de Ciencia e Cinema”, que se celebrará na Coruña entre os días 25 e 30 de outubro de 2010.


Máis información:
Convocatoria "Leva a cámara á Casa das Ciencias"


El concurso “Lleva tu cámara a la Casa de las Ciencias” ya tiene ganador

—El proyecto “Máis alto, máis preto”, de Rogelio Fernández Mosquera, ha recibido el primer premio dotado con 1.000 euros.
—La propuesta ganadora se plasmará en un corto que formará parte de la programación de la “III Mostra de Ciencia e Cinema”, que se celebrará en A Coruña entre el 25 y 30 de octubre.


Rogelio Fernández Mosquera ha ganado el primer premio, dotado con 1.000 euros, del concurso “Lleva tu cámara a la Casa de las Ciencias” con el proyecto “Máis alto, máis preto”. El certamen buscaba promover la producción de dos proyectos audiovisuales en homenaje a la Casa de las Ciencias en su XXV aniversario. Sin embargo, el jurado (Xosé Antón Fraga Vázquez, director de los Museos Científicos Coruñeses; Marcos Pérez Maldonado, director técnico de la Casa de las Ciencias, y Oscar Sánchez, crítico de cine y miembro de la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias) ha acordado dejar desierto el segundo de los premios previstos en las bases de la convocatoria.

El corto que se realice a partir del proyecto ganador formará parte de la programación de la III Mostra de Ciencia y Cinema, que se celebrará en A Coruña entre los días 25 y 30 de octubre de 2010.

Más información:
Convocatoria “Lleva tu cámara a la Casa de las Ciencias”


03 agosto 2010

O Planetario levará o nome de Jaítos Medal

Ver nota completa: español | galego


—Desde setembro, o Planetario levará o nome do noso compañeiro recentemente falecido.
—O Alcalde aceptou a proposta trasladada desde os Museos Científicos Coruñeses


A semana pasada, a dirección dos Museos Científicos Coruñeses trasladoulle ao Alcalde da Coruña a proposta de que o planetario da Casa das Ciencias levase o nome de "Planetario Jaítos Medal", reflexando o sentimento dos traballadores dos museos e a petición de persoas e colectivos relacionadas coa astronomía, ademais de centos de internautas que apoiaron a petición en Facebook.

Hoxe, 3 de agosto, recibimos a comunicación do Gabinete de Alcaldía aceptando a proposta, a executar en setembro. Desde os Museos Científicos Coruñeses queremos expresar a satisfacción polo recoñecemento ao noso compañeiro recentemente falecido.

Juan Carlos Medal Cabezas, ao que todos coñecían como Jaítos, traballou na Casa das Ciencias da Coruña desde a súa inauguración en 1985. No Planetario, Jaítos ensinou a mirar ao ceo a milleiros e milleiros de persoas.

El Planetario llevará el nombre de Jaítos Medal

—Desde septiembre, el Planetario llevará el nombre de nuestro compañero recién fallecido
—El Alcalde aceptó la propuesta trasladada desde los Museos Científicos Coruñeses


La semana pasada, la dirección de los Museos Científicos Coruñeses le trasladó al Alcalde de A Coruña la propuesta de que el planetario de la Casa de las Ciencias llevara el nombre de "Planetario Jaítos Medal", reflejando el sentimiento de los trabajadores de los museos y la petición de personas y colectivos relacionadas con la astronomía, además de cientos de internautas que apoyaron la petición en Facebook.

Hoy, 3 de agosto, recibimos la comunicación del Gabinete de Alcaldía aceptando la propuesta, a ejecutar en septiembre. Desde los Museos Científicos Coruñeses queremos expresar la satisfacción por el reconocimiento a nuestro compañero recién fallecido.

Juan Carlos Medal Cabezas, al que todos conocían como Jaítos, trabajó en la Casa de las Ciencias de A Coruña desde su inauguración en 1985. En el Planetario, Jaítos enseñó a mirar al cielo a miles y miles de personas.