20 octubre 2010

Conferencia na Domus sobre «A exposición a pesticidas como orixe da enfermidade de Parkinson»

Ver nota completa: español | galego


—O doutor Francisco Pan-Montojo falará sobre pesticidas e Parkinson, o xoves 21 de outubro ás 20 horas na Domus
—Pan-Montojo é un investigador coruñés que deselvolveu o seu traballo sobre este tema grazas a unha bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza


Durante a conferencia o Dr. Pan-Montojo falará do efecto local dun pesticida, a rotenona, sobre o sistema nervioso do intestino e cómo as alteracións producidas por esta inducen a progresión observada nos pacientes de Parkinson. Os resultados desta investigación así como outros resultantes de traballos posteriores in vitro serán presentadas durante a charla.

Aínda que unha pequena parte dos casos de Parkinson se debe a alteracións xenéticas ou a accidentes cerebrovasculares, a maior parte son de orixe descoñecida e se agrupan como enfermidade de Parkinson idiopático. Nestes casos a enfermidade ten un patrón típico de progresión, sendo as primeiras estruturas afectadas o sistema nervioso do intestino e o bulbo olfactivo. Curiosamente a enfermidade de Parkinson foi relacionada coa exposición a pesticidas e tanto o sistema nervioso do intestino coma o bulbo olfactivo son as estruturas nerviosas máis expostas aos axentes externos.

O Dr. Pan-Montojo, especializado en neurobioloxía, desenvolveu os seus traballos sobre este tema a través dun programa internacional de doutorado do Instituto Max-Planck e a Universidade Politécnica de Dresde (Alemaña). Os resultados foron publicados na revista científica PloS One.

Data: 21 de outubro de 2010
Horario: 20:00—21:30
Lugar: Domus

Conferencia en la Domus sobre «La exposición a pesticidas como origen de la enfermedad de Parkinson»

—El doctor Francisco Pan-Montojo hablará sobre pesticidas y Parkinson, el jueves 21 de octubre a las 20 horas en la Domus
—Pan-Montojo es un investigador coruñés que desarrolló su trabajo sobre este tema gracias a una beca de la Fundación Pedro Barrié de la Maza


Durante la conferencia el Dr. Pan-Montojo hablará del efecto local de un pesticida, la rotenona, sobre el sistema nervioso del intestino y cómo las alteraciones producidas por esta inducen la progresión observada en los pacientes de Parkinson. Los resultados de esta investigación así como otros resultantes de trabajos posteriores in vitro serán presentadas durante la charla.

Aunque una pequeña parte de los casos de Parkinson se debe a alteraciones genéticas o a accidentes cerebrovasculares, la mayor parte son de origen desconocido y se agrupan como enfermedad de Parkinson idiopático. En estos casos la enfermedad tiene un patrón típico de progresión, siendo las primeras estructuras afectadas el sistema nervioso del intestino y el bulbo olfativo. Curiosamente la enfermedad de Parkinson fue relacionada con la exposición a pesticidas y tanto el sistema nervioso del intestino como el bulbo olfativo son las estructuras nerviosas más expuestas a los agentes externos.

El Dr. Pan-Montojo, especializado en neurobiología, desarrolló sus trabajos sobre este tema a través de un programa internacional de doctorado del Instituto Max-Planck y la Universidad Politécnica de Dresde (Alemania). Los resultados fueron publicados en la revista científica PloS One.

Fecha: 21 de octubre de 2010
Horario: 20:00—21:30
Lugar: Domus



13 octubre 2010

A Domus acolle un Obradoiro sobre «Láser Graffiti» o venres 15 de outubro

Ver nota completa: español | galego


—O proxecto «Laser Graffiti» busca novas vías de comunicación artística, ligadas á tecnoloxía e o uso de software libre
—Tras o obradoiro faráse unha proxección nocturna, que simulará xigantescas pintadas sobre a fachada da Domus


O obradoiro, organizado por Ceo Aberto Creatividade, comezará na Domus ás 8 da tarde e está concibido como unha experiencia sobre novas tecnoloxías e o concepto de software libre e comunidade que rexe a creación en Internet.

Participación libre e gratuíta, ata completar o aforamento da Sala Leonardo Da Vinci. Non son necesarios coñecementos avanzados de informática, o único requisito é levar un portátil e unha webcam.

Data: 15 de outubro de 2010
Horario: 20:00—21:00
Lugar: Domus

Os participantes aprenderán a usar o software Laser Graffiti, ideado polo Graffiti Research Lab. Con este programa e un sistema informático formado por un portátil, unha cámara astronómica, un proxector de vídeo e un ponteiro láser, pódense realizar grafitis dixitais sobre as fachadas de edificios.

Velaí un exemplo:


Contidos do taller:
- O concepto de software libre. Breve presentación sobre que é o software libre e os distintos tipos de licenzas existentes que preservan a autoría pero permiten a libre distribución.
- Laser graffiti. Historia. Explicarase aos asistentes que o sistema que se vai utilizar foi desenvolvido polo Graffiti Research Lab e veranse vídeos con exemplos sobre o seu uso.
- Taller. Indicarase aos participantes unha dirección na que descargar o software necesario e ensinaráselles a poñelo en marcha, comentando os inconvenientes que adoitan aparecer.
- Probas. Para rematar o obradoiro, os asistentes probarán nos seus equipos o correcto funcionamento do sistema.

Ao finalizar o obradoiro, emprazarase os asistentes a participar nunha proxección nocturna, prevista sobre as 21 horas. Realizaranse grafitis dixitais de temática científica sobre a fachada da Domus. A acción comunicará de forma innovadora a celebración da Semana da Ciencia 2010, ofrecendo á poboación a información dun novo xeito inspirado nas novas tecnoloxías.

Máis información: http://www.graffitidigital.es



La Domus acoge un Taller sobre «Láser Graffiti» el viernes 15 de octubre

—El proyecto «Laser Graffiti» busca nuevas vías de comunicación artística, ligadas a la tecnología y el uso de software libre
—Tras el taller se hará una proyección nocturna, que simulará gigantescas pintadas sobre la fachada de la Domus


El taller, organizado por Ceo Aberto Creatividade, comenzará en la Domus a las 8 de la tarde y está concebido como una experiencia sobre nuevas tecnologías y el concepto de software libre y comunidad que rige la creación en Internet.

Participación libre y gratuita, hasta completar el aforo de la Sala Leonardo De la Vinci. No son necesarios conocimientos avanzados de informática, el único requisito es llevar un portátil y una webcam.

Fecha: 15 de octubre de 2010
Horario: 20:00—21:00
Lugar: Domus

Los participantes aprenderán a usar el software Laser Graffiti, ideado por el Graffiti Research Lab. Con este programa y un sistema informático formado por un portátil, una cámara astronómica, un proyector de vídeo y un puntero láser, se pueden realizar graffitis digitales sobre las fachadas de edificios.

Un ejemplo:


Contenidos del taller:
- El concepto de software libre. Breve presentación sobre qué es el software libre y los distintos tipos de licencias existentes que preservan la autoría pero permiten la libre distribución.
- Laser graffiti. Historia. Se explicará a los asistentes que el sistema que se va a utilizar fue desarrollado por el Graffiti Research Lab y se verán vídeos con ejemplos sobre su uso.
- Taller. e indicará a los participantes una dirección en la que descargar el software necesario y se les enseñará a ponerlo en marcha, comentando los inconvenientes que suelen aparecer.
- Probas. Para finalizar el taller, los asistentes probarán en sus equipos el correcto funcionamiento del sistema.

Al finalizar el taller, se emplazará los asistentes a participar en una proyección nocturna, prevista sobre las 21 horas. Se realizarán graffitis digitales de temática científica sobre la fachada de la Domus. La acción comunicará de forma innovadora la celebración de la Semana de la Ciencia 2010, ofreciendo a la población la información de una nueva manera inspirada en las nuevas tecnologías.

Más información: http://www.graffitidigital.es


01 octubre 2010

A Domus presenta «Albinismo. Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal»

Ver nota completa: español | galego


—Unha exposición de fotografías realizadas por Ana Yturralde
—Organizada por ALBA (Asociación de ayuda a personas con albinismo) en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses


Esta exposición recolle en 21 instantáneas testemuños de persoas con albinismo, algúns nacidas ou residentes en España, entre as que hai estudantes brillantes, profesores, músicos, educadores... Son o que quixeron ser, quizais con máis dificultades que outros, pero coa mirada cara a diante, deixando claro que a diferenza pode converterse en vantaxe á hora de asumir retos. En outros países, como Senegal, a situación é moi diferente.

O albinismo é unha condición xenética causada por mutacións en xenes que están relacionados directamente coa produción do pigmento que existe na nosa pel, pelo e ollos, a melanina. Por iso, a manifestación máis característica das persoas con esta afección é a falta total ou parcial de pigmentación, ademais de limitacións visuais. Ten unha incidencia mundial baixa, unha de cada 20.000 persoas.

A pesar de ter unhas consecuencias de gravidade moderada, vese na sociedade como un fenómeno estraño e descoñecido. Pode chegar a converterse, polo tanto, nun estigma para quen o padece e un tabú para a propia sociedade, que é incapaz de asimilalo. Dende ALBA infórmase e orienta ás familias dos pasos que deben seguir para visitar especialistas de referencia, solicitar axudas ou actuar ante os aspectos psicolóxicos que poidan presentarse.

Unha condición Xenética, dúas realidades

ESPAÑA
Vivir a diferenza con naturalidade
Soportan a indiferenza e inexactitude dalgúns profesionais médicos que aínda hoxe en día descoñecen o que significa a súa condición xenética. Igualmente soportan -unhas veces mellor que outras- as miradas curiosas e os comentarios máis insidiosos, as burlas dos compañeiros, os murmurios. Nada diso puido menoscabar as súa autoestima. Fan a súa vida con normalidade, grazas en moitos casos ás axudas ópticas e ao apoio de institucións como a ONCE, que traballa para a integración de persoas con baixa visión e cegueira.


SENEGAL
O reto de superar a exclusión
Ser diferente resulta sempre difícil, pero selo no continente africano pode resultar toda unha proeza. Nos últimos tempos desvelouse aos ollos do mundo a atroz situación á que están sometidas as persoas con albinismo nalgúns países como Tanzania, onde son perseguidos e mutilados por ignorancia ou engano.

Noutros lugares, como Senegal, os albinos non son obxecto de persecucións nin de inhumanas matanzas. Non obstante, hai outras formas de eliminar dunha sociedade a un grupo de persoas: humillándoas, ou pero aínda, ignorándoas, deixándoas á marxe das oportunidades que gozan o resto de veciños que conforman a súa comunidade. Deste modo, a súa vida transcorre entre a marxinación social e a pobreza que, consecuentemente, os rodea.

Para mellorar as súas condicións de vida diarias abondaría con moi pouco -cremas protectoras, roupa con filtro, lentes de sol, axudas ópticas. Para lograr a integración na súa sociedade o camiño aínda se augura longo, pero os primeiros pasos xa se deron.


La Domus presenta «Albinismo. Una condición genética, dos realidades: España y Senegal»

—€”Una exposición de fotografías realizadas por Ana Yturralde
—Organizada por ALBA (Asociación de ayuda la personas con albinismo) en colaboración con los Museos Científicos Coruñeses


Esta exposición recoge en 21 instantáneas testimonios de personas con albinismo, algunos nacidas o residentes en España, entre las que hay estudiantes brillantes, profesores, músicos, educadores... Son lo que quisieron ser, quizás con más dificultáis que otros, pero con la mirada hacia delante, dejando claro que la diferencia puede convertirse en ventaja a la hora de asumir retos. En otros países, como Senegal, la situación es muy diferente.

El albinismo es una condición genética causada por mutaciones en genes que están relacionados directamente con la producción del pigmento que existe en nuestra piel, pelo y ojos, la melanina. Por eso, la manifestación más característica de las personas con esta afición es la falta total o parcial de pigmentación, además de limitaciones visuales. Tiene un incidente mundial baja, una de cada 20.000 personas.

A pesar de tener unas consecuencias de gravedad moderada, se ve en la sociedad como un fenómeno extraño y desconocido. Puede llegar a convertirse, por lo tanto, en un estigma para quien lo padece y un tabú para la propia sociedad, que es incapaz de asimilarlo. Desde ALBA se informa y orienta a las familias de los pasos que deben seguir para visitar especialistas de referencia, solicitar ayudas o actuar ante los aspectos psicológicos que puedan presentarse.

Una condición Genética, dos realidades

ESPAÑA
Vivir la diferencia con naturalidad
Soportan la indiferencia e inexactitude de algunos profesionales médicos que aún hoy en día desconocen el que significa su condición genética. Igualmente soportan -unas veces mejor que otras- las miradas curiosas y los comentarios más insidiosos, las burlas de los compañeros, los murmullos. Nada de eso pudo menoscabar las su autoestima. Hacen su vida con normalidad, gracias en muchos casos a las ayudas ópticas y al apoyo de instituciones como la ONCE, que trabaja para la integración de personas con baja visión y ceguera.

SENEGAL
El reto de superar la exclusión
Ser diferente resulta siempre difícil, pero serlo en el continente africano puede resultar toda una proeza. Nos últimos tiempos se desveló a los ojos del mundo a atroz situación a la que están sometidas las personas con albinismo en algunos países como Tanzania, donde son perseguidos y mutilados por ignorancia o engaño.

En otros lugares, como Senegal, los albinos no son objeto de persecuciones ni de inhumanas matanzas. No obstante, hay otras formas de eliminar de una sociedad a un grupo de personas: humillándolas, o pero aún, ignorándolas, dejándolas a la margen de las oportunidades que disfrutan el resto de vecinos que conforman su comunidad. De este modo, su vida transcurre entre la marginación social y la pobreza que, consecuentemente, los rodea.

Para mejorar sus condiciones de vida diarias abondaría con muy poco -créemelas protectoras, ropa con filtro, gafas de sol, ayudas ópticas. Para lograr la integración en su sociedad el camino aún se augura largo, pero los primeros pasos ya se dieron.


O Aquarium Finisterrae presenta «O Ártico e o cambio climático en Groenlandia»

Ver nota completa: español | galego


—Unha exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica a conservación das zonas polares
—Desde o 28 de setembro ata finais de decembro do 2010


A exposición, que se presenta por primeira vez en España, contén imaxes que reflicten a inmensa beleza que esconde o xeo do Ártico, realizadas polo autor, Carlos Caraglia, durante a súa expedición ao casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. As fotografías recollen ademais algúns dos efectos do quentamento global nesta rexión, onde se pode apreciar a perda de xeo que sofre o glaciar de Isertoq.

Motivado pola crenza de que é imprescindible adoptar iniciativas por parte da sociedade civil, Caraglia creou “Viaxe Polar", proxecto que ten como meta filmar e fotografar as zonas polares co propósito de realizar un documental e elaborar un banco de imaxes que serán utilizadas con fins divulgativos. O obxectivo fundamental consiste en mostrar os efectos do quentamento global sobre os polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeñan no equilibrio do clima de todo o planeta.

Caraglia realizou tres viaxes á Antártida en calidade de fotógrafo. Tras a súa primeira viaxe a esta rexión, en novembro de 2007, involucrouse de forma activa na loita pola preservación das zonas polares. Na súa penúltima viaxe (decembro de 2009), percorreu 7.000 millas mariñas (11.265 km) a bordo do Crebaxeos Ruso "Kapitan Klebnikov", accedendo aos lugares máis extremos da Terra, visitando as inaccesibles colonias de pingüíns emperador e os refuxios dende os que Scott e Shackleton iniciaron as campañas cara á conquista do Polo Sur. En xullo de 2010 realizou a súa quinta expedición, que tivo como obxectivo a busca de osos polares no Ártico.

>> Ver galería de fotos


El Aquarium Finisterrae presenta «El Ártico y el cambio climático en Groenlandia»

—Una exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica la conservación de las zonas polares
—Desde el 28 de septiembre hasta finales de diciembre del 2010


La exposición, que se presenta por primera vez en España, contiene imágenes que reflejan la inmensa belleza que esconde el hielo del Ártico, realizadas por el autor, Carlos Caraglia, durante su expedición al casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. Las fotografías recogen además algunos de los efectos del calentamiento global en esta región, donde se puede apreciar la pérdida de hielo que sufre el glaciar de Isertoq.

Motivado por la creencia de que es imprescindible adoptar iniciativas por parte de la sociedad civil, Caraglia creó "Viaje Polar", proyecto que tiene como meta filmar y fotografiar las zonas polares con el propósito de realizar un documental y elaborar un banco de imágenes que serán utilizadas con fines divulgativos. El objetivo fundamental consiste en mostrar los efectos del calentamiento global sobre los polos, su inmensa belleza, la fauna que lo habita y el importante papel que desempeñan en el equilibrio del clima de todo el planeta.

Caraglia realizó tres viajes a la Antártida en calidad de fotógrafo. Tras su primer viaje a esta región, en noviembre de 2007, se involucró de forma activa en la lucha por la preservación de las zonas polares. En su penúltimo viaje (diciembre de 2009), recorrió 7.000 millas marinas (11.265 km) a bordo del rompehielos ruso "Kapitan Klebnikov", accediendo a los lugares más extremos de la Tierra, visitando las inaccesibles colonias de pingüinos emperador y los refugios desde los que Scott y Shackleton iniciaron las campañas hacia la conquista del Polo sur. En julio de 2010 realizó su quinta expedición, que tuvo como objetivo la búsqueda de osos polares en el Ártico.

>> Ver galería de fotos