31 diciembre 2010

O Aquarium Finisterrae presenta a escultura "Humildade"

Ver nota completa: español | galego


—Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan a escultura “Humildade”, de Nando Lestón.
—A inauguración no Aquarium Finisterrae o 30 de decembro de 2010 serviu para despedir o ano nos mc2


Os Museos Científicos Coruñeses (Concellaría de Cultura) presentan, no Aquarium Finisterrae , a escultura “Humildade”, obra do artista Nando Lestón.

A escultura, un cilindro duns tres metros de altura, estará ubicada nunha terraza exterior do Aquarium Finisterrae. A obra vén ser un “faro de nasas”, un humilde faro nocturno, cómplice do grande e veciño faro da Torre de Hércules.
A instalación da escultura permite aos Museos Científicos Coruñeses felicitar aos seus visitantes a fin do ano 2010 e a chegada do 2011.


«Cando estaba traballando nos refugallos que traía o mar, emerxeron as anacaradas formas das cunchas e a quente suavidade das táboas, nas derivas da marea.

Anacos de nasas, medio afundidas na area despois dun temporal, pasaron a formar parte da paisaxe nas mañáns do meu taller. Desexaba erguerme para tocar, ou máis ben acariñar, aquelas “crebas” preñadas da salitre. Duras e un pouco reviradas polos envites das ondas.

Teimei sen darme conta, na nasa coma unha gaiola.Un algo atrapapeixes, unha “trampa”...e arrimei por vez primeira esta “arte” a pequenas composicións.

Deixa de ser oficio e pasa a ser unha forma pensada e despois intuída, cromática, leve.

Emerxiu entón a forma dun faro. Un faro nouturno, feito de ceo estrelado, fincado no mar, un cilindro etéreo. Guiador nas noites escuras. Humilde.

Converteuse a trampa, arrepentida, en pastor de mariñeiros»

Nando Lestón


El Aquarium Finisterrae presenta la escultura "Humildad"
—€”Los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan la escultura "€œHumildad"€, de Nando Lestón.
—La inauguración en el Aquarium Finisterrae el 30 de diciembre de 2010 sirvió para despedir el año en los mc2


Los Museos Científicos Coruñeses (Concejalía de Cultura) presentan, en el Aquarium Finisterrae , la escultura “Humildad”, obra del artista Nando Lestón.

La escultura, un cilindro de unos tres metros de altura, estará ubicada en una terraza exterior del Aquarium Finisterrae. La obra viene a ser un "faro de nasas"€, un humilde faro nocturno, cómplice del grande y vecino faro de la Torre de Hércules.
La instalación de la escultura permite a los Museos Científicos Coruñeses felicitar a sus visitantes el fin de año 2010 y la llegada del 2011.

«Cuando estaba trabajando en los restos que traía el mar, emergieron las anacaradas formas de las conchas y la caliente suavidad de las tablas, en las derivas de la marea.

Trozos de nasas, medio hundidas en la arena después de un temporal, pasaron a formar parte del paisaje en las mañanas de mi taller. Deseaba levantarme para tocar, o más bien acariciar, aquellas "crebas"€ preñadas de la salitre. Duras y un poco retorcidas por los envites de las olas.

Pensé sin darme cuenta, en la nasa como una jaula. Un algo atrapapece, una "€œtrampa"...y arrimé por vez primera este "arte"€ a pequeñas composiciones.

Deja de ser oficio y pasa a ser una forma pensada y después intuida, cromática, leve.

Emrgió entonces la forma de un faro. Un faro nouturno, hecho de cielo estrellado, hincado en el mar, un cilindro etéreo. Guía en las noches oscuras. Humilde.

Se convirtió la trampa, arrepentida, en pastor de marineros»

Nando Lestón


30 diciembre 2010

Os Museos Científicos Coruñeses modifican os seus horarios de apertura ao público a partir do 2 de xaneiro

Ver nota completa: español | galego


—Ata o mes de abril, de luns a venres a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae pechan unha hora antes: ás 18:00
—Os sábados, domingos e festivos (e en Semana Santa), os tres museos científicos abrirán unha hora máis tarde: ás 11:00

O 2 de xaneiro de 2011 entran en vigor os novos horarios dos Museos Científicos Coruñeses, que estarán vixentes ata o 30 de abril:

A Casa das Ciencias e a Domus abrirán de luns a venres de 10 a 18 horas. E os sábados, domingos e festivos, de 11 a 19 horas.

Os horarios do Aquarium Finisterrae serán, de luns a venres de 10 a 18 horas. E os sábados, domingos e festivos de 11 a 20 horas.

Durante as vacacións de Semana Santa (16-24 abril), os horarios de apertura ao público serán os mesmos que os sábados, domingos e festivos.

No referente ás proxeccións de cine 3D na Domus e de Planetario na Casa das Ciencias, a programación queda así:

PLANETARIO DIXITAL
-Sábados, domingos e festivos:
12:00 A noite do Vampiro (galego)
13:00 Evolución (castelán)
17:00 El mundo de Fugaz (castelán)
18:00 Evolución (galego)

-Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro:
12:00 A noite do Vampiro (galego)
13:00 Evolución (castelán)
17:00 El mundo de Fugaz (castelán)


CINE 3D
- De luns a venres, SOS Planet ás 17:00
- Sábados, domingos e festivos:
12:00 SOS Planet (castelán)
13:00 Wild Safari (galego)
17:00 SOS Planet (galego)
18:00 Wild Safari (castelán)

-Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro:
12:00 SOS Planet (castelán)
13:00 Wild Safari (galego)
17:00 Wild Safari (castelán)

Lembramos que os días 1 e 6 de xaneiro os tres museos estarán pechados.

Os novos horarios de apertura poden afectar tamén á programación dalgunhas actividades. A información actualizada, coas excepcións e posibles cambios de última hora estarán na páxina Horarios e prezos da nosa web, onde tamén se recollerán os horarios para o resto do ano 2011.



Los Museos Científicos Coruñeses modifican sus horarios de apertura al público a partir del 2 de enero

—Hasta el mes de abril, de lunes a viernes la Casa de las Ciencias, la Domus y el Aquarium Finisterrae cierran una hora antes: a las 18:00
—Los sábados, domingos y festivos (y en Semana Santa), los tres museos científicos abrirán una hora más tarde: a las 11:00

El 2 de enero de 2011 entran en vigor los nuevos horarios de los Museos Científicos Coruñeses, que estarán vigentes hasta el 30 de abril:

La Casa de las Ciencias y la Domus abrirán de lunes a viernes de 10 a 18 horas. Y los sábados, domingos y festivos, de 11 a 19 horas.

Los horarios del Aquarium Finisterrae serán, de lunes a viernes de 10 a 18 horas. Y los sábados, domingos y festivos de 11 a 20 horas.

Durante las vacaciones de Semana Santa (16-24 abril), los horarios de apertura al público serán los mismos que los sábados, domingos y festivos.

En lo referente a las proyecciones de cine 3D en la Domus y de Planetario en la Casa de las Ciencias, la programación queda así:

PLANETARIO DIGITAL
-Sábados, domingos y festivos:
12:00 A noite do Vampiro (gallego)
13:00 Evolución (castelán)
17:00 El mundo de Fugaz (español)
18:00 Evolución (gallego)

-Los días 3, 4, 5 y 7 de enero:
12:00 A noite do Vampiro (gallego)
13:00 Evolución (español)
17:00 El mundo de Fugaz (español)


CINE 3D
-De lunes a viernes, SOS Planet a las 17:00
-Sábados, domingos y festivos:
12:00 SOS Planet (español)
13:00 Wild Safari (gallego)
17:00 SOS Planet (gallego)
18:00 Wild Safari (español)

-Los días 3, 4, 5 y 7 de enero:
12:00 SOS Planet (español)
13:00 Wild Safari (gallego)
17:00 Wild Safari (español)

Recordamos que los días 1 y 6 de enero los tres museos estarán cerrados.

Los nuevos horarios de apertura pueden afectar también a la programación de algunas actividades. La información actualizada, con las excepciones y posibles cambios de última hora estarán en la página Horarios y precios de nuestra web, donde también se recogerán los horarios para el resto del año 2011.



28 diciembre 2010

Os Museos Científicos Coruñeses chegan aos 10 millóns de visitantes

Ver nota completa: español | galego


—Damián Retamar, de 4 anos, foi recibido no Aquarium Finisterrae como o visitante 10.000.000 dos mc2
—Esta cifra millonaria chega tras máis de 25 anos de actividade, desde a apertura da Casa das Ciencias o 1 de xuño de 1985


O 27 de decembro de 2010, Damián Retamar (de 4 anos), foi o visitante número 10.000.000 dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2). Esta foi a primeira visita de Damián ao Aquarium Finisterrae, 25 anos, 6 meses e 26 días despois de que entrase o primeiro visitante pola porta da Casa das Ciencias.

Damián Retamar, visitante 10.000.000 de mc2Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) reciben ao seu visitante dez millóns

Os Museos Científicos Coruñeses son unha institución creada polo Concello da Coruña para a diculgación da ciencia, que arrancou o 1 de xuño de 1985, coa apertura da Casa das Ciencias. En 1995 abriu ao público a Domus e o Aquarium Finisterrae completou a triloxía científica en 1999.

A iniciativa dos mc2 parte da premisa de que Sen ciencia non hai cultura e que polo tanto o analfabetismo científico é pura e sinxelamente analfabetismo. Ofrece ós cidadáns estímulos e recursos para incorpora-la ciencia á súa cultura e así capacitalos para comprende-lo mundo no que vivimos.

Alén das súas salas de exposicións, os Museos Científicos Coruñeses levan a ciencia á cidadanía mediante actividades, cursos, conferencias, obradoiros... As monografías de comunicación científica de mc2 dan resposta ás inquietudes da poboación sobre temas de actualidade como a gripe aviaria, as vacas tolas ou as células nai.

Para promover o labor dos divulgadores científicos, o Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses conceden cada ano os premios Prismas, un certame internacional que se celebra desde 1988. Coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, o premio Luis Freire fomenta a creatividade científica entre os escolares galegos desde 1999.

En xaneiro de 2009 reabriu as súas portas a Casa das Ciencias, tras unha ampla reforma que incluiu a instalación dun novo planetario dixital. Nesa liña, o cine 3D dixital (2008) da Domus e a OceanoSfera (2010) do Aquarium Finisterrae completan unha oferta audiovisual científica que sitúa aos Museos Científicos Coruñeses na vangarda europea.

25 anos despois, os Museos Científicos Coruñeses seguen a buscar novas fórmulas para conectar cos distintos Públicos da Ciencia e novas actividades para contribuir a incorporar a ciencia á axenda cultural cotián, como o ciclo Os luns con ciencia.




Los Museos Científicos Coruñeses llegan a los 10 millones de visitantes
—Damián Retamar, de 4 años, fue recibido en el Aquarium Finisterrae como el visitante 10.000.000 de los mc2
—Esta cifra millonaria llega tras más de 25 años de actividad, desde la apertura de la Casa de las Ciencias el 1 de junio de 1985


El 27 de diciembre de 2010, Damián Retamar (de 4 años), fue el visitante número 10.000.000 de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2). Esta fue la primera visita de Damián al Aquarium Finisterrae, 25 años, 6 meses y 26 días después de que entrara el primero visitante por la puerta de la Casa de las Ciencias.

Damián Retamar, visitante 10.000.000 de mc2Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) reciben ao seu visitante dez millóns

Los Museos Científicos Coruñeses son una institución creada por el Ayuntamiento de A Coruña para la diculgación de la ciencia, que arrancó el 1 de junio de 1985, con la apertura de la Casa de las Ciencias. En 1995 abrió al público la Domus y el Aquarium Finisterrae completó la trilogía científica en 1999.

La iniciativa de los mc2 parte de la premisa de que Sin ciencia no hay cultura y que por lo tanto el analfabetismo científico es pura y sencillamente analfabetismo. Ofrece a los ciudadanos estímulos y recursos para incorporar la ciencia a su cultura y así capacitarlos para comprender el mundo en el que vivimos.

Más allá de sus salas de exposiciones, los Museos Científicos Coruñeses llevan la ciencia a la ciudadanía mediante actividades, cursos, conferencias, talleres... Las monografías de comunicación científica de mc2 dan respuesta a las inquietudes de la población sobre temas de actualidad como la gripe aviar, las vacas locas o las células madre.

Para promover la labor de los divulgadores científicos, el Ayuntamiento de A Coruña y los Museos Científicos Coruñeses conceden cada año los premios Prismas, un certamen internacional que se celebra desde 1988. Con la colaboración de la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, el premio Luis Freire fomenta la creatividad científica entre los escolares gallegos desde 1999.

En enero de 2009 reabrió sus puertas la Casa de las Ciencias, tras una amplia reforma que incluyó la instalación de un nuevo planetario digital. En esa línea, el cine 3D digital (2008) de la Domus y la OceanoSfera (2010) del Aquarium Finisterrae completan una oferta audiovisual científica que sitúa a los Museos Científicos Coruñeses en la vanguardia europea.

25 años después, los Museos Científicos Coruñeses siguen a buscar nuevas fórmulas para conectar con los distintos Públicos de la Ciencia y nuevas actividades para contribuir a incorporar la ciencia a la agenda cultural cotidiano, como el ciclo Los lunes con ciencia.


17 diciembre 2010

A Domus acolle unha charla sobre a expedición oceanográfica Malaspina

Ver nota completa: español | galego


—O luns día 20 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia-coloquio "A expedición MALASPINA 2010: a exploración do océano global"
—A charla será impartida por participantes na expedición: Antonio Bode, Marta Varela e Marta Álvarez, Investigadores Titulares do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía


Na conferencia do 20 de decembro na Domus, os investigadores participantes na expedición MALASPINA 2010 farán un percorrido dende a perspectiva histórica da expedición orixinal do s. XVIII ata os máis avanzados obxectivos e tecnoloxía que se empregará na expedición actual. Destacarase especialmente a relación de ambas as dúas expedicións coa Coruña, cidade na que Alejandro Malaspina estivo recluído ao final da súa expedición pero tamén onde está un dos principais centros de investigación do Instituto Español de Oceanografía que participan no proxecto actual.

A expedición MALASPINA 2010 é unha circunnavegación do océano global co obxectivo de explorar a biodiversidade aínda descoñecida e analizar os efectos do cambio climático. Trátase dun esforzo extraordinario e multidisciplinar da comunidade científica española que rende homenaxe á viaxe que Alejandro Malaspina, ao mando de dous navíos da Armada Española, emprendeu en 1789. Nesta ocasión empregaranse os buques de investigación oceanográfica Hespérides e Sarmiento de Gamboa que realizarán máis de 40.000 millas náuticas percorrendo os océanos Atlántico, Índico e Pacífico entre decembro de 2010 e xullo de 2011.

Esta conferencia está organizada polo Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

La Domus acoge una charla sobre la expedición oceanográfica Malaspina

—El lunes día 20 de diciembre, a las 20:00 horas, tendrá lugar la conferencia-coloquio "La expedición MALASPINA 2010: la exploración del océano global"
—La charla será impartida por participantes en la expedición: Antonio Bode, Marta Varela y Marta Álvarez, Investigadores Titulares del Centro Oceanográfico de A Coruña del Instituto Español de Oceanografía


En la conferencia del 20 de diciembre en la Domus, los investigadores participantes en la expedición MALASPINA 2010 harán un recorrido desde la perspectiva histórica de la expedición original del s. XVIII hasta los más avanzados objetivos y tecnología que se empleará en la expedición actual. Se destacará especialmente la relación de ambas expediciones con A Coruña, ciudad en la que Alejandro Malaspina estuvo recluido al final de su expedición pero también donde está uno de los principales centros de investigación del Instituto Español de Oceanografía que participan en el proyecto actual.

La expedición MALASPINA 2010 es una circunnavegación del océano global con el objetivo de explorar la biodiversidad aún desconocida y analizar los efectos del cambio climático. Se trata de un esfuerzo extraordinario y multidisciplinar de la comunidad científica española que rinde homenaje al viaje que Alejandro Malaspina, al mando de dos navíos de la Armada Española, emprendió en 1789. En esta ocasión se emplearán los buques de investigación oceanográfica Hespérides y Sarmiento de Gamboa que realizarán más de 40.000 millas náuticas recorriendo los océanos Atlántico, Índico y Pacífico entre diciembre de 2010 y julio de 2011.

Esta conferencia está organizada por el Centro Oceanográfico de A Coruña del Instituto Español de Oceanografía, en colaboración con los Museos Científicos Coruñeses.


01 diciembre 2010

Ampliado o prazo de presentación de preguntas para o XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Ver nota completa: español | galego


—O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica.
—Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 20 de decembro para enviar as súas preguntas.


O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é facerse unha pregunta relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións.

Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 20 de decembro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 4 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 11 de xuño de 2011 e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares naceu en 1999 como unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Creado en memoria do botánico galego, premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.

Na XIII edición do "Luis Freire", o primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatorias visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero), e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Máis información, bases da convocatoria e boletín de inscrición en:
www.casaciencias.org/luis-freire

Ampliado el plazo de presentación de preguntas para el XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares
—€”El "Luis Freire" es un premio de investigación que reta a los estudiantes gallegos de secundaria a demostrar su creatividad científica.
—€”Los escolares que deseen participar tienen hasta el próximo 20 de diciembre para enviar sus preguntas.


El primer paso que los estudiantes deben dar para participar es hacerse una pregunta relacionada con hechos y procesos de la vida cotidiana, de su entorno más inmediato. Después, con el asesoramiento de un profesor, deberán diseñar la investigación cientifica que les permita obtener resultados y conclusiones.

Los escolares que deseen participar tienen hasta el próximo 20 de diciembre para enviar sus preguntas. Posteriormente, los admitidos tendrán 4 meses para desarrollar sus trabajos. La fase final tendrá lugar en la Domus el 11 de junio de 2011 y a ella concurrirán los cinco mejores trabajos seleccionados.

El Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares nació en 1999 como una iniciativa de los Museos Científicos Coruñeses para fomentar el interés por la ciencia y la formación en actitudes científicas. Creado en memoria del botánico gallego, premia a los participantes que se distinguen por la originalidad y el rigor de sus investigaciones, que demuestran sentido crítico, curiosidad y constancia.

En la XIII edición del "Luis Freire", el primer premio consiste en un viaje a un lugar o instalación de interés científico-cultural (en las pasadas convocatorias visitaron las excavaciones de Atapuerca y el parque natural Arribes del Duero), y un cheque-regalo de El Corte Inglés para el profesor.

El Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado por los Museos Científicos Coruñeses y El Corte Inglés, en colaboración con la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias.

Más información, bases de la convocatoria y boletín de inscripción en:
www.casaciencias.org/luis-freire