25 enero 2011

A Domus acolle o mércores 26 de xaneiro a conferencia "Arqueoloxía galega no berce da civilización"

[Ver nota en galego]



—O investigador Juan Luis Montero e o fotógrafo Eloy Taboada falarán ás 8 da tarde sobre o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES)
—Neste proxecto de investigación da Universidade da Coruña ten especial relevancia o estudio do nacemento da escritura, rasgo de identidade humana


O mércores 26 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar na Domus unha charla sobre a arqueoloxía que estuda as antigas civilizacións do Próximo Oriente. A entrada é libre e gratuita nesta conferencia que serve de peche á exposición fotográfica "Éufrates: Un río de Historias", que estivo durante o último mes na Domus.

Na primeira parte da charla "Arqueoloxía galega no berce da civilización", o doutor Juan Luis Montero fará unha presentación das investigacións arqueolóxicas no Val do Medio-Éufrates sirio. É unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do IV milenio a.C. O seu obxectivo principal e, polo tanto, o motivo do seu nacemento é examinar unha zona situada na Siria actual, denominada polos especialistas da antigüidade próximo-oriental, a conca sirio-mesopotámica.

A continuación terá lugar unha proxección audiovisual na que se dá a coñecer o contexto cultural e humano da expedición a través das imaxes de Eloy Taboada, fotógrafo do proxecto.


Juan Luis Montero é profesor de Historia Antigua, Vicedecano da Facultade de Humanidades da UDC (Campus de Ferrol) e director da expedición Arqueolóxica da UDC en Siria, pioneira en Galicia. Participou en varios proxectos de investigación de universidades francesas sobre arqueoloxía sirio-mesopotámica e foi membro da Misión Arqueolóxica Francesa a Mari (Siria). Recibiu diversos premios polo seu traballo, como o Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades en 2004, e foi nomeado polo primeiro ministro de Francia Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas.

Eloy Taboada é o fotógrafo da exposición sobre o proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio que actualmente exponse na Domus. Colaborou en revistas e diarios como Historia de National Geographic, Clío, Sirio Magazine, La Voz de Galicia, entre outros, e recibiu dúas mencións de honra nas categorías de Belas Artes e de Natureza no certame fotográfico "International Photography Awards", celebrado en Os Ánxeles (EEUU).


La Domus acoge el miércoles 26 de enero la conferencia "Arqueología gallega en la cuna de la civilización"

—El investigador Juan Luis Montero y el fotógrafo Eloy Taboada hablarán a las 8 de la tarde sobre el Proyecto Arqueológico Medio Éufrates Sirio (PAMES)
—En este proyecto de investigación de la Universidade da Coruña tiene especial relevancia el estudio del nacimiento de la escritura, rasgo de identidad humana


El miércoles 26 de enero, a las 20 horas, tendrá lugar en la Domus una charla sobre la arqueología que estudia las antiguas civilizaciones del Próximo Oriente. La entrada es libre y gratuita en esta conferencia que sirve de cierre a la exposición fotográfica "Éufrates: Un río de Historias", que ha estado durante el último mes en la Domus.

En la primera parte de la charla "Arqueología gallega en la cuna de la civilización", el doctor Juan Luis Montero hará una presentación de las investigaciones arqueológicas en el Valle del Medio-Éufrates sirio. Es una iniciativa científica de gran interés para el estudio de las diferentes civilizaciones que habitaron el Próximo Oriente desde finales del IV milenio a.C. Su objetivo principal y, por lo tanto, el motivo de su nacimiento es examinar una zona ubicada en la Siria actual, denominada por los especialistas de la antigüedad próximo-oriental, la cuenca sirio-mesopotámica.

A continuación tendrá lugar una proyección audiovisual en la que se da a conocer el contexto cultural y humano de la expedición a través de las imágenes de Eloy Taboada, fotógrafo del proyecto.

Juan Luis Montero es profesor de Historia Antigua, Vicedecano de la Facultad de Humanidades de la UDC (Campus de Ferrol) y director de la expedición Arqueológica de la UDC en Siria, pionera en Galicia. Participó en varios proyectos de investigación de universidades francesas sobre arqueología sirio-mesopotámica y fue miembro de la Misión Arqueológica Francesa a Mari (Siria). Recibió diversos premios por su trabajo, como el Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades en 2004, y fue nombrado por el primer ministro de Francia Cabaleiro de la Orden de las Palmas Académicas.

Eloy Taboada es el fotógrafo de la exposición sobre el proyecto Arqueológico Medio Éufrates Sirio que actualmente se exponen en la Domus. Colaboró en revistas y diarios como Historia de National Geographic, Clío, Sirio Magazine, La Voz de Galicia, entre otros, y recibió dos menciones de honor en las categorías de Bellas Artes y de Naturaleza en el certamen fotográfico "International Photography Awards", celebrado en Los Ángeles (EUA).