11 febrero 2011

Aberta a primeira Galería da Universidade da Coruña nos Museos Científicos Coruñeses

[Ver nota en galego]



—O Aquarium Finisterrae abre unha galería que presenta en sociedade o labor investigador dalgúns dos equipos científicos que traballan na Coruña.
—O novo espazo expositivo, froito da colaboración entre a Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, inaugúrase para celebrar o Ano Internacional da Química


“Galerías da UDC nos mc2” é un proxecto realizado entre dous institucións científicas relevantes da cidade, os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña, froito dun conxunto amplo de colaboracións que se desenvolve entre ambas entidades.

As “Galerías da UDC” pretenden amosar o labor investigador dalgúns dos equipos científicos que traballan na universidade, contribuindo á visualización desa actividade entre o público, neste caso entre os visitantes dos Museos Científicos Coruñeses. O obxectivo final das intervencións é, por tanto, informar ao público e estimular o interese pola ciencia, achegar aos investigadores á sociedade.




O propio nome de “Galería” alude ao carácter de fiestra pola que o público pode asomarse e ollar o que se fai no interior da UDC, utilizando como denominación algo que forma parte do patrimonio identitario da cidade herculina.

Este novo espazo forma parte da contribución dos Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña á celebración do Ano Internacional da Química.

Galería da UDC no Aquarium
A primeira Galería da UDC abrese agora no Aquarium Finisterrae, nun espazo dentro da sala Humboldt, onde se presentan dous traballos; un sobre a loita contra organismos incrustantes e outro sobre novos tratamentos contra as bacterias patóxenas.

No primeiro caso, o grupo de investigación PRONAMAR (Productos Naturais Mariños) da Universidade da Coruña presenta o proxecto no que está a traballar, unha sustancia obtida dunha esponxa mariña que podería ser eficaz para evitar as incrustacións de organismos acuáticos nas superficies somerxidas de barcos, canos ou plataformas petrolíferas, un problema que ocasiona grandes perdas económicas y de rendemento.

No segundo, o grupo PRONAMAR da UDC e o Grupo de Microbioloxía da Universidade de Santiago traballan cunha sustancia que as bacterias mariñas empregan para transportar ao seu interior o ferro que precisan; esta sustancia podería converterse no laboratorio nun cabalo de Troia para introducir antibióticos na bacterias patóxenas, o que sería de especial utilidade no tratamento de peixes nas granxas acuícolas.

Neste mesmo ano está previsto abrir unha nova “Galería”, neste caso na Domus.


Abierta la primera Galería de la Universidade da Coruña en los Museos Científicos Coruñeses
—El Aquarium Finisterrae abre una galería que presenta en sociedad la labor investigadora de algunos de los equipos científicos que trabajan en la Coruña
—”El nuevo espacio expositivo, fruto de la colaboración entre la Universidade da Coruña y los Museos Científicos Coruñeses, se inaugura para celebrar el Año Internacional de la Química


"Galerías de la UDC en los mc2" es un proyecto realizado entre dos instituciones científicas relevantes de la ciudad, los Museos Científicos Coruñeses y la Universidade da Coruña, fruto de un conjunto amplio de colaboraciones que se desarrolla entre ambas entidades.

Las Galerías de la UDC pretenden mostrar la labor investigadora de algunos de los equipos científicos que trabajan en la universidad, contribuindo a la visualización de esa actividad entre lo público, en este caso entre los visitantes de los Museos Científicos Coruñeses. El objetivo final de las intervenciones es, por tanto, informar al público y estimular el interés por la ciencia, acercar a los investigadores a la sociedad.



El propio nombre de "Galería" alude al carácter de ventana por la que el público puede asomar y mirar lo que se hace en el interior de la UDC, utilizando como denominación algo que forma parte del patrimonio identitario de la ciudad herculina.

Este nuevo espacio me la fuere parte de la contribución de los Museos Científicos Coruñeses y la Universidade da Coruña a la celebración del Año Internacional de la Química.

Galería de la UDC en el Aquarium
La primera Galería de la UDC abrese ahora en el Aquarium Finisterrae, en un espacio dentro de la sala Humboldt, donde se presentan dos trabajos; uno sobre la lucha contra organismos incrustantes y otro sobre nuevos tratamientos contra las bacterias patógenas.

En el primero caso, el grupo de investigación PRONAMAR (Productos Naturales Marinos) de la Universidade da Coruña presenta el proyecto en el que está trabajando, una sustancia obtenida de una esponja marina que podría ser eficaz para evitar las incrustacións de organismos acuáticos en las superficies sumergidas de barcos, cañerías o plataformas petrolíferas, un problema que ocasiona grandes pérdidas económicas y de rendimiento.

En el segundo, el grupo PRONAMAR de la UDC y el Grupo de Microbiología de la Universidad de Santiago trabajan con una sustancia que las bacterias marinas emplean para transportar a su interior el hierro que precisan; esta sustancia podría convertirse en el laboratorio en un caballo de Troya para introducir antibióticos en la bacterias patógenas, lo que sería de especial utilidad en el tratamiento de peces en las granjas acuícolas.

En este incluso año está previsto abrir una nueva "Galería", en este caso en la Domus.