06 febrero 2011

Conferencia sobre a Granxa agrícola de Monelos, o luns 7 de febreiro na nova Biblioteca do Forum

[Ver nota en galego]



—Xose A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2), abre un ciclo de conferencias na nova Biblioteca do Forum
—A Granxa agrícola experimental de Monelos (1888-1964), un centro pioneiro, protagoniza unha exposición promovida polos mc2, que se inaugura o 24 de febreiro


Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) abren o ciclo de conferencias Para saber +, na nova Biblioteca do Forum Metropolitano da Coruña, o luns 7 de febreiro ás 19.30 horas. Baixo o título "A Granxa agrícola de Monelos. Investigación e difusión da ciencia na cidade" o director dos mc2, Xosé A. Fraga falará sobre ese centro que foi pioneiro na aplicación da ciencia ao labor agrícola.

Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, no actual bairro de Monelos, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galícia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.


A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades.



Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a “festa da árbore”. Como recoñecemento a aquela institución pioneira, o 24 de febreiro inaugurarase en Palexco a exposición "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964)", promovida polos Museos Científicos Coruñeses.

O ciclo de conferencias Para saber + continuará este mes de febreiro de 2011 explorando o impacto de Internet nas relacións pai-fillo e A Coruña como territorio literario, para volver á ciencia o 28 de febreiro, cunha charla sobre mulleres galegas e ciencia.

Programa completo de actividades (PDF, 852 KB) na nova Biblioteca do Forum.


Conferencia sobre la Granja agrícola de Monelos, el lunes 7 de febrero en la nueva Biblioteca del Forum

—Xose A. Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses (=mc2), abre un ciclo de conferencias en la nueva Biblioteca del Forum
—La Granja agrícola experimental de Monelos (1888-1964), un centro pionero, protagoniza una exposición promovida por los mc2, que se inaugura el 24 de febrero


Los Museos Científicos Coruñeses (=mc2) abren el ciclo de conferencias Para saber +, en la nueva Biblioteca del Forum Metropolitano de A Coruña, o luns 7 de febreiro ás 19.30 horas. Bajo el título "La Granja agrícola de Monelos. Investigación y difusión de la ciencia en la ciudad" el director de los mc2, Xosé A. Fraga hablará sobre ese centro que fue pionero en la aplicación de la ciencia a la labor agrícola.

Creada en 1888 en las afueras de la ciudad de A Coruña, en el actual barrio de Monelos, la Granja agrícola Experimental fue el primer centro de experimentación y difusión de nuevas técnicas agrícolas creado en Galícia y Asturias. Su actividad continuó en Monelos hasta 1964 y en la actualidad esas tareas se desarrollan en el Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo.

La aplicación de la ciencia a la labor agrícola permitió importantes logros: la creación de la raza rubia gallega, la actividad de la Estación de Fitopatología, el cultivo del lúpulo, la formación de personal y la difusión de novedades.


Además, la Granja formó parte de la ciudad de A Coruña, de sus espacios y de la vida social, con iniciativas tan singulares como la "€œfiesta del árbol"€. Como reconocimiento a aquella institución pionera, el 24 de febrero se inaugurará en Palexco la exposición "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964)", promovida por los Museos Científicos Coruñeses.

El ciclo de conferencias Para saber + continuará este mes de febrero de 2011 explorando el impacto de Internet en las relaciones padre-hijo y A Coruña como territorio literario, para volver a la ciencia el 28 de febrero, con una charla sobre mujeres gallegas y ciencia.

Programa completo de actividades (PDF, 852 KB) en la nueva Biblioteca del Forum.