24 febrero 2011

Presentación da exposición “A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)”

[Ver nota en galego]



- “A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)” é unha exposición promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira

Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.


A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades.

Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a “festa da árbore”.

Do 24 de febreiro ao 27 de marzo de 2011
Sala Municipal de Exposicións de PALEXCO. Avd. da Asociación da Prensa s/n. A Coruña



Presentación de la exposición "La granja agrícola experimental de Galicia (1888-1964)”

- "La granja agrícola experimental de Galicia (1888-1964)” es una exposición promovida por los Museos Científicos Coruñeses como un reconocimiento a aquella institución pionera

Creada en 1888 en las afueras de la ciudad de A Coruña, la Granja agrícola Experimental fue el primer centro de experimentación y difusión de nuevas técnicas agrícolas creado en Galicia y Asturias. Su actividad continuó en Monelos hasta 1964 y en la actualidad esas tareas se desarrollan en el Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo.

La aplicación de la ciencia al cometido agrícola permitió importantes logros: la creación de la raza rubia gallega, la actividad de la Estación de Fitopatología, el cultivo del lúpulo, la formación de personal y la difusión de novedades.

Al mismo tiempo, la Granja formó parte de la ciudad de A Coruña, de sus espacios y de la vida social, con iniciativas tan singulares como la "fiesta del árbol".

Del 24 de febrero al 27 de marzo de 2011
Sala Municipal de Exposiciones de PALEXCO. Avd. de la Asociación de la Prensa s/n. A Coruña