01 marzo 2011

Exposición "A vida no límite. As expedicións Bentart"

[Ver nota en galego]



- O Aquarium Finisterrae presenta unha exposición fotográfica sobre o traballo de investigadores españois e estranxeiros na Antártida ao abeiro dos proxectos e campañas Bentart

Os fondos mariños do Antártico, como consecuencia do seu illamento, gardan celosamente ecosistemas en gran parte constituídos por unha fauna endémica, cuxa supervivencia dependeu ao longo de millóns de anos da súa capacidade para desenvolver estratexias vitais especialmente adaptadas ao seu frío ámbito.



O proxecto Bentart ten como obxectivo o estudo das comunidades faunísticas que habitan os fondos mariños da Antártida do Oeste. Nos anos 1994 e 1995 desenvolvéronse as dúas primeiras campañas, que tiveron como área de traballo as illas Livingston e Decepción e o estreito de Bransfield ao norte da península Antártica. As outras dúas campañas, realizadas nos anos 2003 e 2006, centráronse no estudo do bentos do afastado e solitario mar de Bellingshausen.

As incógnitas que encerran os ecosistemas bentónicos antárticos son numerosas, e moitas delas aínda non foron resoltas. Cales son os grupos de invertebrados máis abundantes? Como se agrupan? De que condicións ambientais depende a súa densidade e distribución? Intentar achegar algunha luz a estas e outras preguntas son as formulacións do proxecto de investigación Bentart, que se foron concretando e afianzando ao longo dos anos de traballo.

Durante as campañas localizáronse densas comunidades de animais suspensívoros nos fondos que rodean as illas estudadas e a península Antártica. Tamén se puxo de manifesto que existe un gradiente latitudinal e batimétrico na distribución da biodiversidade, de tal maneira que, tanto esta coma a biomasa, diminúen claramente dende as illas Shetland do Sur cara ao mar de Bellingshausen, e que as comunidades faunísticas encontradas neste mar son notablemente diferentes coas estudadas na península Antártica e illas adxacentes.

En definitiva, a vida nos fondos mariños antárticos é única e complexa, e pola súa exposición a condicións de vida tan extremas, é dunha gran fraxilidade. O seu interese ecolóxico é excepcional, merecedor de ser preservado o máis inalterado posible para as futuras xeracións.

Do 1 de marzo ao 24 de abril de 2011


Exposición "La vida en el límite. Las expediciones Bentart"

- El Aquarium Finisterrae presenta una exposición fotográfica sobre el trabajo de investigadores españoles y extranjeros en la Antártida al amparo de los proyectos y campañas Bentart

Los fondos marinos del Antártico, como consecuencia de su aislamiento, guardan celosamente ecosistemas en gran parte constituidos por una fauna endémica, cuya supervivencia dependió a lo largo de millones de años de su capacidad para desarrollar estrategias vitales especialmente adaptadas a su frío ámbito.



El proyecto Bentart tiene como objetivo el estudio de las comunidades faunísticas que habitan los fondos marinos de la Antártida del Oeste. En los años 1994 y 1995 se desarrollaron las dos primeras campañas, que tuvieron como área de trabajo las islas Livingston y Decepción y el estrecho de Bransfield al norte de la península Antártica. Las otras dos campañas, realizadas en los años 2003 y 2006, se centraron en el estudio del bentos del alejado y solitario mar de Bellingshausen.

Las incógnitas que encierran los ecosistemas bentónicos antárticos son numerosas, y muchas de ellas aun no fueron resueltas. ¿Cuáles son los grupos de invertebrados más abundantes? ¿Cómo se agrupan? ¿De qué condiciones ambientales depende su densidad y distribución? Intentar acercar alguna luz a estas y otras preguntas son las formulaciones del proyecto de investigación Bentart, que se fueron concretando y afianzando a lo largo de los años de trabajo.

Durante las campañas se localizaron densas comunidades de animales suspensívoros en los fondos que rodean las islas estudiadas y la península Antártica. También se puso de manifiesto que existe un gradiente latitudinal y batimétrico en la distribución de la biodiversidad, de manera tal que, tanto ésta como la biomasa, disminuyen claramente desde las islas Shetland del Sur hacia el mar de Bellingshausen, y que las comunidades faunísticas encontradas en este mar son notablemente diferentes de las estudiadas en la península Antártica e islas adyacentes.

En definitiva, la vida en los fondos marinos antárticos es única y compleja, y por su exposición a condiciones de vida tan extremas, es de una gran fragilidad. Su interés ecológico es excepcional, merecedor de que sea preservado lo más inalterado posible para las futuras generaciones.

Del 1 de marzo al 24 de abril de 2011