16 marzo 2011

O CORPO. Exposición fotográfica na Domus

[Ver nota en galego]



Do 16 de marzo ao 24 de abril de 2011


Victoria Diehl dá corpo a un dos traballos máis románticos da fotografía española actual. Dende a pedra ata a carne nunha viaxe de ida e volta, xa que se nos seus primeiros traballos, cuns lixeiros toques de cor e co encadre axeitado ofrécenos a pedra nun proceso de resurrección, reencarnándose en seres vivos, con calor de vida nos seus fríos corpos, nos seus traballos máis recentes vemos o proceso inverso: como corpos reais se van convertendo en pedra, nun proceso de perda de cor e vida que agreta a súa pel e cuartea as superficies.

Victoria Diehl (A Coruña, 1978) é licenciada en Belas Artes e diplomada en Estudos Avanzados de fotografía pola Universidade de Vigo. Expuxo de xeito individual en Photogalicia, nos Institutos Cervantes de Viena, Milán e Roma, no Museo do Pobo Galego e na Galería Bacelos.

Tamén participou en exposicións colectivas e feiras como Arco (Madrid), Photo-London (Londres) ou Diva Art Fair (Nova York).

A súa obra forma parte de coleccións como a do CGAC, Caja Madrid, Caixanova, Museo de Pontevedra e Concello de Santiago de Compostela.



El CUERPO. Exposición fotográfica en la Domus

Del 16 de marzo al 24 de abril de 2011

Victoria Diehl, da cuerpo a uno de los trabajos más románticos de la fotografía española actual. Desde la piedra hasta la carne en un viaje de ida y vuelta, ya que si en sus primeros trabajos, con unos ligeros toques de color y con el encuadre adecuado nos ofrece la piedra en un proceso de resurrección, reencarnándose en seres vivos, con calor de vida en sus fríos cuerpos, en sus trabajos más recientes vemos el proceso inverso: cómo cuerpos reales se van convirtiendo en piedra, en un proceso de pérdida de color y vida que agrieta su piel y cuartea las superficies.

Victoria Diehl (A Coruña, 1978) es licenciada en Bellas Artes y diplomada en Estudios Avanzados de fotografía por la Universidade de Vigo. Expuso de forma individual en Photogalicia, en los Institutos Cervantes de Viena, Milán y Roma, en el Museo do Pobo Galego y en la Galería Bacelos.

También participó en exposiciones colectivas y ferias como Arco (Madrid), Photo-London (Londres) o Diva Art Fair (Nueva York).

Su obra forma parte de colecciones como la del CGAC, Caja Madrid, Caixanova, Museo de Pontevedra y Ayuntamiento de Santiago de Compostela.