28 marzo 2011

O sábado 26 de marzo instalouse a escultura de Pepe Galán, Grande Mayday 03, 2009, na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae

[Ver nota en galego]



A peza de 330 x 0,98 x 0,98 cm, está realizada en aceiro cortén e luz. Esta a través dun flash, proxecta secuencialmente a palabra MAYDAY, na mesma frecuencia que a lanterna do faro da Torre de Hércules.


A escultura instalada establece un diálogo creativo cos módulos e tanques da sala Maremagnum, trasladando ao visitante unha advertencia que prevén dos riscos aos que está sometido o medio natural, e o mariño de xeito especial.

Pepe Galán (A Coruña 1955)

Iniciase na pintura á vez que experimenta con outros soportes como a serigrafía, o gravado e a fotografía, medios que son compartidos co seu traballo escultórico.

Concorre en Feiras e exposicións nacionais e internacionais. Europa suponlle un importante contacto coas diferentes opcións artísticas, históricas e contemporáneas.

Partícipe e cofundador respectivamente de “A Galga” e “Gruporzán”. Representante da xeración que se dá a coñecer na década dos oitenta, tras comezar a súa experimentación plástica na inmediatamente anterior.

Galán irá creando unha obra que transita por distintas etapas: o tecido en volume, o metal, e materiais translucidos como plástico ou cristal.

A súa participación tanto no campo social, da formación como no da Arte é activa: implicase na política cultural e social do artista, forma parte de xurados en certames de artes visuais, exerce accións como activista cultural, colabora e imparte cursos de formación ou realiza esculturas, murais e monumentos de grandes dimensións para espazos públicos.

Nos últimos anos, partindo dunha liña persoal de traballo, explora na reutilización de materiais industriais, parabrisas de automóbiles, autobuses..., reflectindo conceptos como o territorio, a emigración ou a memoria colectiva.

Obra Pública:
Ferroetecido en liña curva 1990 no Centro de Saúde de Cerceda, A copa do Sol 1994 Parque escultórico da Torre de Hércules da Coruña, Vieiros de seu 1999 Praza de San Domingos en Lugo, Remando cara ao vento 2006 Paseo Marítimo de Neda Ferrol, ou Mortos do Portiño 2008 no Portiño, A Coruña.

Exposicións individuais:
Entre 1984 e 2010 efectúa múltiples exposicións, parte delas son as series: Tecido e tensión, Ferroetecido, O dentro pechado, Fendas e ancoras no vento, Para-brisa, Mayday. ou a retrospectiva, De onte para maña.

Exposicións colectivas:

O seu traballo foi exhibido en España, Portugal, Italia e Francia.

Museos, Coleccións Públicas e Privadas:
A súa obra está exposta, entre outros, no Museo Carlos Maside, Sada, A Coruña. Colección Banco Exterior de España. Fondos Biblioteca Nacional Madrid. Museo de Arte Contemporanea Unión Fenosa, A Coruña, Colección Fundación Caixanova Vigo.

www.pepegalan.com




El sábado 26 de marzo se instaló ña escultura de Pepe Galán, Grande Mayday 03, 2009, en la sala Maremagnum del Aquarium Finisterrae

La pieza de 330 x 0,98 x 0,98 cm, está realizada en acero cortén y luz. Esta a través de un flash, proyecta secuencialmente la palabra MAYDAY, en la misma frecuencia que la linterna del faro de la Torre de Hércules

La escultura instalada establece un diálogo creativo con los módulos y tanques de la sala Maremagnum, trasladando al visitante una advertencia que previene de los riesgos a los que está sometido el medio natural, y el marino de forma especial.

Pepe Galán (A Coruña 1955)

Se inicia en ña pintura a la vez que experimenta con otros soportes como la serigrafía, el grabado y la fotografía, medios que son compartidos con su trabajo escultórico.

Concurre en Ferias y exposiciones nacionales y internacionales. Europa le supone un importante contacto con las diferentes opciones artísticas, históricas y contemporáneas.

Partícipe y cofundador respectivamente de “A Galga” y “Gruporzán”. Representante de la generación que se da a conocer en la década de los ochenta, tras comenzar su experimentación plástica en la inmediatamente anterior.

Galán irá creando una obra que transita por distintas etapas: el tejido en volumen, el metal, y materiales translucidos como plástico o cristal.

Su participación tanto en el campo social, de la formación como en la del Arte es activa: se implica en la política cultural y social del artista, forma parte de jurados en certamenes de artes visuales, ejerce acciones como activista cultural, colabora e imparte cursos de formación o realiza esculturas, murales y monumentos de grandes dimensiones para espacios públicos.

En los últimos años, patiendo de una línea personal de trabajo, explora en la reutilización de materiales industrialess, parabrisas de automóbiles, autobuses..., reflejando conceptos como el territorio, la emigración o la memoria colectiva.

Obra Pública:
Ferroetecido en liña curva 1990 en el Centro de Salud de Cerceda, A copa do Sol 1994 Parque escultórico de la Torre de Hércules de A Coruña, Vieiros de seu 1999 Plaza de San Domingos en Lugo, Remando cara ao vento 2006 Paseo Marítimo de Neda Ferrol, o Mortos do Portiño 2008 no Portiño, A Coruña.

Exposiciones individuales:
Entre 1984 y 2010 efectúa múltiples exposiciones, parte de ellas son las series: Tecido e tensión, Ferroetecido, O dentro pechado, Fendas e ancoras no vento, Para-brisa, Mayday. o la retrospectiva, De onte para maña.

Exposiciones colectivas:

Su trabajo fue exhibido en España, Portugal, Italia y Francia.

Museos, Colecciones Públicas y Privadas:
Su obra está expuesta, entre otros, en el Museo Carlos Maside, Sada, A Coruña. Colección Banco Exterior de España. Fondos Biblioteca Nacional Madrid. Museo de Arte Contemporanea Unión Fenosa, A Coruña, Colección Fundación Caixanova Vigo.

www.pepegalan.com