16 marzo 2011

Zona-i, espazo de reflexión sobre a información científica

[Ver nota en galego]



"Saber moito non é o mesmo que ser intelixente; a intelixencia non é só información, senón tamén xuízo, o xeito en que se recolle e manexa a información". Carl Sagan (1934-1996), astrónomo, exobiólogo e divulgador científico estadounidense.

Hoxe en día, as noticias científicas chegan ao público en enormes cantidades por multitude de canles: televisión, radio, Internet, libros, revistas, axencias de noticias, centros de ciencia, etc. En cada país, existen centos de axentes dedicados á popularización da ciencia, e todos falan ao mesmo tempo. Tanto é así que, para os cidadáns, comeza a resultar moi difícil procesar e dixerir toda a información científica que reciben.


A Zona-i do Aquarium foi concibida para axudar aos visitantes a interpretar toda esta información de forma lúdica. Dende o punto de vista museográfico, foi deseñada como un entorno no que os visitantes se internan para xogar, recibir información selecta, realizar actividades que teñen que ver coa actualidade científica e, sobre todo, opinar e votar sobre cuestións que afectan á súa vida cotiá. O seu deseño arquitectónico recorda á natureza e está construída e iluminada con materiais e tecnoloxías moi novidosas que lle dan un aspecto orgánico e futurista.

A Zona-i é unha produción dos Museos Científicos Coruñeses. Coa colaboración da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Obra financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

DESCUBRINDO A ZONA-i

Palabras encadeadas
Os 90 metros de perímetro da sala levan un zócalo polo que discorre unha longa secuencia de palabras encadeadas. Os vocábulos elixidos gardan relación con noticias e temas de actualidade mariña e coas claves educativas e museográficas da sala. Os visitantes poden xogar a descubrir as palabras ocultas na cadea.

Participa
Esta sección da Zona-i ofrece a posibilidade de alternar tres actividades:

- Talleres e actividades de actualidade científica, en directo e guiados por un monitor ou un científico.
- A emisión dun microblog sobre a actividade diaria do Aquarium Finisterrae (actividades, visitas, programa educativo, proxectos de investigación, bioloxía...).
- A proxección en tempo real as imaxes que se xeran no "estudo" de TV da sala.

Os talleres de actualidade científica permitirán aos visitantes coñecer de primeira man o resultado de proxectos de investigación relacionados co océano. Os encargados de dirixir algúns destes talleres serán científicos que traballan en centros de investigación galegos que, ao mesmo tempo, exercitarán técnicas de divulgación científica. Cóntase para iso coa
colaboración de científicos da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e do Centro da Coruña de la Agencia Estatal de Meteorología (AEMET).

Entérate
Cada semana seleccionaranse noticias científicas relevantes pola súa calidade ou impacto na vida das persoas, e presentaranse ao público nunha gran pantalla situada na entrada da sala. Os titulares destas noticias tamén poderán lerse nun rótulo deslizante que colga do teito.

Deste modo, as noticias presentaranse en dous formatos, un de lectura rápida e outro que permita afondar máis no seu contido, para satisfacer tanto aos impacientes coa lectura como aos que prefiren recibir máis información.

Choose
Este módulo está formulado como un concurso de preguntas e respostas chamado "Elixir e Cambiar". Nunha gran pantalla colocada sobre a parede formúlase os visitantes unha pregunta e pídeselles que respondan elixindo entre catro opcións. As preguntas están formuladas para confrontar ao público con temas de actualidade científica que afectan á súa vida cotiá.

Cada resposta das catro posibles ten asignada unha cor e os visitantes teñen 50 segundos para elixir a súa proposta utilizando os interruptores do pupitre interactivo situado fronte á pantalla. Hai varios interruptores da mesma cor, de maneira que poden responder varias persoas á vez.

Cando o tempo se esgota, un ordenador calcula cual foi a resposta elixida por un maior número de participantes. Entón, a luz de toda a sala cambiará segundo a cor asociada a esa resposta.

É un modo de trasmitir ao público que, no que se refire á conservación do medioambiente, as súas opinións e eleccións importan e inflúen.

Imaxina
O obxectivo museográfico deste módulo é mostrar o feito de que a información que aparece nos medios de comunicación pode ser interpretada de forma distinta segundo quen a recibe.

Facilítase ao visitante unha breve descrición dun obxecto mariño e invítaselle a que o debuxe sobre unha gran pantalla táctil. A resposta gráfica do visitante proxéctase a gran tamaño sobre a membrana da parede.

A pantalla de inicio permite seleccionar entre a versión para "Principiantes" e a versión "Avanzada". O modo avanzado ofrece descricións para adultos, mentres que a versión para principiantes ofrece adiviñanzas sobre obxectos mariños para que os nenos poden xogar a debuxar o obxecto escondido nelas.

Descubre
Moitos descubrimentos tiveron lugar porque alguén foi capaz de pensar e ver o mundo de forma diferente.

Este módulo mostra dúas perspectivas dende as que se pode observar e interpretar un acuario. "O acuario que ves" é a visión do visitante que pasea polas nosas salas. "O acuario que non ves" é a visión inusual que tería alguén que estivese dentro da auga.

Informa
Neste módulo invítase ao visitante a converterse en reporteiro de televisión. Ao entrar no "Estudo de TV " da Zona-i e pulsar o botón de inicio, o visitante desencadea un proceso no que debe actuar como un correspondente de noticias científicas.

Actúa

Este módulo é unha sorpresa para o visitante. Sobre unha da columnas da sala encontrará un enorme botón vermello co rótulo "Precaución" en diferentes idiomas. O tamaño e cor do botón invitan a desobedecer a orde.

Cando alguén o pulse toda a sala se apagará de golpe. Uns segundos máis tarde, nas diferentes pantallas da sala aparecerá unha dobre mensaxe:

- A cita do escritor inglés Horace Annesley Vachell (1861-1955), "Na natureza non hai recompensas ou castigos, hai consecuencias"
- Unha viñeta sobre as consecuencias da actividade humana sobre o medio.



Zona-i, espacio de reflexión sobre la información científica

“Saber mucho no es lo mismo que ser inteligente; la inteligencia no es solo información, sino también juicio, la manera en que se recoge y maneja la información”. Carl Sagan (1934-1996), astrónomo, exobiólogo y divulgador científico estadounidense.


Hoy en día, las noticias científicas llegan al público en enormes cantidades por multitud de canales: televisión, radio, Internet, libros, revistas, agencias de noticias, centros de ciencia, etc. En cada país, existen cientos de agentes dedicados a la popularización de la ciencia, y todos hablan al mismo tiempo. Tanto es así que, para los ciudadanos, comienza a resultar muy difícil procesar y digerir toda la información científica que reciben.

La Zona-i del Aquarium ha sido concebida para ayudar a los visitantes a interpretar toda esta información de forma lúdica. Desde el punto de vista museográfico, ha sido diseñada como un entorno en el que los visitantes se adentran para jugar, recibir información selecta, realizar actividades que tienen que ver con la actualidad científica y, sobre todo, opinar y votar sobre cuestiones que afectan a su vida cotidiana. Su diseño arquitectónico recuerda a la naturaleza y está construida e iluminada con materiales y tecnologías muy novedosas que le dan un aspecto orgánico y futurista.

La Zona-i es una producción de los Museos Científicos Coruñeses. Con la colaboración de la Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

Obra financiada con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.


DESCUBRIENDO LA ZONA-i

Palabras encadenadas
Los 90 metros de perímetro de la sala llevan un zócalo por el que discurre una larga secuencia de palabras encadenadas. Los vocablos elegidos guardan relación con noticias y temas de actualidad marina y con las claves educativas y museográficas de la sala. Los visitantes pueden jugar a descubrir las palabras ocultas en la cadena.

Participa
Esta sección de la Zona-i ofrece la posibilidad de alternar tres actividades:

- Talleres y actividades de actualidad científica, en directo y guiados por un monitor o un científico.
- La emisión de un microblog sobre la actividad diaria del Aquarium Finisterrae (actividades, visitas, programa educativo, proyectos de investigación, biología, ...).
- La proyección en tiempo real las imágenes que se generan en el “estudio” de TV de la sala.

Los talleres de actualidad científica permitirán a los visitantes conocer de primera mano el resultado de proyectos de investigación relacionados con el océano. Los encargados de dirigir algunos de estos talleres serán científicos que trabajan en centros de investigación gallegos que, al mismo tiempo, ejercitarán técnicas de divulgación científica. Se cuenta para ello con la
colaboración de científicos de la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña y del Centro de A Coruña de la Agencia Estatal de Meteorología (AEMET).

Entérate
Cada semana se seleccionarán noticias científicas relevantes por su calidad o impacto en la vida de las personas, y se presentarán al público en una gran pantalla situada en la entrada de la sala. Los titulares de estas noticias también podrán leerse en un rótulo deslizante que cuelga del techo.

De este modo, las noticias se presentarán en dos formatos, uno de lectura rápida y otro que permita profundizar más en su contenido, para satisfacer tanto a los impacientes con la lectura como a los que prefieren recibir más información.

Choose
Este módulo está planteado como un concurso de preguntas y respuestas llamado “Elegir y Cambiar”. En una gran pantalla colocada sobre la pared se formula a los visitantes una pregunta y se les pide que respondan eligiendo entre cuatro opciones. Las preguntas están formuladas para confrontar al público con temas de actualidad científica que afectan a su vida cotidiana.

Cada respuesta de las cuatro posibles tiene asignado un color y los visitantes tienen 50 segundos para elegir su propuesta utilizando los pulsadores del pupitre interactivo situado frente a la pantalla. Hay varios pulsadores del mismo color, de manera que pueden responder varias personas a la vez.

Cuando el tiempo se agota, un ordenador calcula cual ha sido la respuesta elegida por un mayor número de participantes. Entonces, la luz de toda la sala cambiará según el color asociado a esa respuesta.

Es un modo de trasmitir al público que, en lo que se refiere a la conservación del medioambiente, sus opiniones y elecciones importan e influyen.

Imaxina
El objetivo museográfico de este módulo es mostrar el hecho de que la información que aparece en los medios de comunicación puede ser interpretada de forma distinta según quién la recibe.

Se facilita al visitante una breve descripción de un objeto marino y se le invita a que lo dibuje sobre una gran pantalla táctil. La respuesta gráfica del visitante se proyecta a gran tamaño sobre la membrana de la pared.

La pantalla de inicio permite seleccionar entre la versión para “Principiantes” y la versión “Avanzada”. El modo avanzado ofrece descripciones para adultos, mientras que la versión para principiantes ofrece adivinanzas sobre objetos marinos para que los niños pueden jugar a dibujar el objeto escondido en ellas.

Descubre
Muchos descubrimientos tuvieron lugar porque alguien fue capaz de pensar y ver el mundo de forma diferente.

Este módulo muestra dos perspectivas desde las que se puede observar e interpretar un acuario. “El acuario que ves” es la visión del visitante que pasea por nuestras salas. “El acuario que no ves” es la visión inusual que tendría alguien que estuviera dentro del agua.

Informa
En este módulo se invita al visitante a convertirse en reportero de televisión. Al entrar en el “Estudio de TV” de la Zona-i y pulsar el botón de inicio, el visitante desencadena un proceso en el que debe actuar como un corresponsal de noticias científicas.

Actúa
Este módulo es una sorpresa para el visitante. Sobre una de la columnas de la sala encontrará un enorme botón rojo con el rótulo “Precaución” en diferentes idiomas. El tamaño y color del botón invitan a desobedecer la orden.

Cuando alguien lo pulse toda la sala se apagará de golpe. Unos segundos más tarde, en las diferentes pantallas de la sala aparecerá un doble mensaje:
- La cita del escritor inglés Horace Annesley Vachell (1861-1955), “En la naturaleza no hay recompensas o castigos, hay consecuencias”
- Una viñeta sobre las consecuencias de la actividad humana sobre el medio ambiente.