06 mayo 2011

O Aquarium Finisterrae convértese en adega submarina para o viño Ribeiro máis apreciado no mundo

[Ver nota en galego]



—O pasado xoves 5 de maio tivo lugar a colocación de tres botellas de viño Ribeiro, das adegas de Emllio Rojo, colleita de 2009, no interior do tanque da sala Nautilus.


As botellas de viño ribeiro de Emilio Rojo colocadas na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae permanecerán ata decembro deste ano nesas augas procedentes do océano Atlántico. Coa experiencia se trata de comprobar o proceso de maduración do viño nunhas peculiares condicións ambientais.

Este famoso viticultor galego adoita cubrir con terra algunhas das súas botellas e deixar que así madure o viño, pero nesta ocasión decidiu cambiar de medio físico para contrastar os resultados.






Emilio Rojo é un enxeñeiro que abandonou a súa carreira nunha multinacional tecnolóxica polo cultivo das viñas. O seu viño pódese atopar nas cartas dalgúns dos mellores restaurantes de España e do mundo. En 1987 sacou ao mercado a súa primeira colleita, embotellou 5.000 unidades. Agora vende todo o que embotella, e hai cupos. Das 800 caixas (de 12 botellas) que adoita producir, a EE.UU. correspóndenlle unhas 50 caixas, as mesmas que a Alemaña.


El Aquarium Finisterrae se convierte en bodega submarina para el vino Ribeiro más apreciado en el mundo


—El pasado jueves 5 de mayo tuvo lugar la colocación de tres botellas de vino Ribeiro, de las bodegas de Emllio Rojo, cosecha de 2009, en el interior del tanque de la sala Nautilus.

Las botellas de vino ribeiro de Emilio Rojo colocadas en la sala Nautilus del Aquarium Finisterrae permanecerán hasta diciembre de este año en esas aguas procedentes del océano Atlántico. Con la experiencia se trata de comprobar el proceso de maduración del vino en unas peculiares condiciones ambientales.

Este famoso viticultor gallego suele cubrir con tierra algunas de sus botellas y dejar que así madure el vino, pero en esta ocasión decidió cambiar de medio físico para contrastar los resultados.




Emilio Rojo es un ingeniero que abandonó su carrera en una multinacional tecnológica por el cultivo de las viñas. Su vino se puede encontrar en las cartas de algunos de los mejores restaurantes de España y del mundo. En 1987 sacó al mercado su primera cosecha, embotelló 5.000 unidades. Ahora vende todo lo que embotella, y hay cupos. De las 800 cajas (de 12 botellas) que suele producir, a EE.UU. le corresponden unas 50 cajas, las mismas que a Alemania.