02 junio 2011

A Casa das Ciencias celebra o seu 26º aniversario cunha homenaxe á matemática galega María Wonenburger

[Ver nota en galego]



—O 1 de xuño os Museos Científicos Coruñeses instalaron un monolito en honra á matemática galega María Wonenburger no Paseo das Ciencias do Parque de Santa Margarita (A Coruña).
—A iniciativa, no 26º aniversario da Casa das Ciencias, pretende establecer esa data como celebración anual de recoñecemento aos científicos galegos relevantes.


Desde o 1 de xuño de 2011 María Wonenburger, destacada matemática galega, ten o seu recoñecemento cun monolito instalado na súa honra no Paseo das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarita (A Coruña).

No día do 26º aniversario da Casa das Ciencias, os Museos Científicos Coruñeses deron continuidade a unha iniciativa que pretende celebrar cada aniversario do museo co recoñecemento a un dos científicos galegos máis relevantes. María Wonenburger únese así ao primeiro homenaxeado, que foi Isidro Parga Pondal no ano 2010.

«Cómpre que a sociedade recoñeza a súa excelencia, que saiba das súas importantes contribucións. —afirmou Xosé A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses— E María Wonenburger encarna na súa persoa o saber académico e mais importantes valores humanos e científicos»

María Wonenburger (Oleiros, 1927)
Muller pioneira, destacada matemática que creou unha
importante escola internacional de Álxebra
“Con traballo conséguese todo o que se quere"
(conversa coas súas amigas, 2005)


María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove-Oleiros en 1927. Estudou a licenciatura de Matemáticas (1945-50). En 1953 foi a primeira bolseira Fullbright española en Matemáticas e doutorouse na Universidade de Yale (EUA) en 1953 baixo a dirección de Nathan Jacobson.

De regreso a Madrid en 1957 traballou con Germán Ancochea. Posteriormente trasladouse a Canadá, onde permaneceu seis anos, primeiro como bolseira postdoutoral e logo como profesora na Universidade de Toronto. A súa segunda etapa nos EUA comeza como docente en Buffalo, e prosegue como catedrática na Universidade do Estado de Indiana (1967-1983).

En Toronto desenvolveu un importante traballo, do que é froito a famosa tese do seu discípulo Robert Moody, un dos referentes da álxebra do século XX. Por iso, é considerada como a nai da teoría das álxebras de Kac-Moody, que xogan un papel central en Matemáticas e Física dende os anos setenta e son un dos campos onde traballaron, e aínda traballan, matemáticos de famosas universidades.

Publicou en prestixiosas revistas internacionais máis dunha vintena de artigos que continúan sendo citados na actualidade. María Wonenburger foi pioneira, axudando co seu labor á visibilidade da muller na ciencia.

A ese curriculo convencional, académico, únense outros elementos que cómpre poñer en valor.
En 1983 abandonou a súa actividade profesional e trasladouse á casa familiar da Coruña, onde reside, para adicarse ao coidado da súa nai. Un xesto de humanidade salientable levouna a deixar a súa brillante carreira académica.

María Wonenburger sempre afrontou o seu labor cun sentido colaborativo. No seu percorrido investigador creou unha importante escola internacional de Álxebra. De volta na Coruña iniciou unha segunda etapa no seu labor. Seguiu ligada ao mundo das matemáticas, en diversos proxectos, nunha etapa máis próxima á pedagoxía e á difusión, conectando con xente nova con inquedanzas.

A traxectoria de María Wonenburger lévanos a reivindicar os valores positivos da ciencia:
-Espíritu crítico (análise, denuncia do dogmatismo e dos intereses de grupo)
-Racionalidade (combate do fanatismo)
-Altruismo, sentido colaborativo, laboriosidade, etc.
Estes son valores que a homenaxeada encarna dun xeito claro.


La Casa de las Ciencias celebra su 26º aniversario con un homenaje a la matemática gallega María Wonenburger
—El 1 de junio los Museos Científicos Coruñeses instalaron un monolito en honor a la matemática gallega María Wonenburger en el Paseo de las Ciencias del Parque de Santa Margarita (A Coruña).
—La iniciativa, en el 26º aniversario de la Casa de las Ciencias, pretende establecer esa fecha como celebración anual de reconocimiento a los científicos gallegos relevantes.


Desde el 1 de junio de 2011 María Wonenburger, destacada matemática gallega, tiene su reconocimiento con un monolito instalado en su honra en el Paseo de las Ciencias, situado en el Parque de Santa Margarita (A Coruña).

En el día del 26º aniversario de la Casa de las Ciencias, los Museos Científicos Coruñeses dieron continuidad a una iniciativa que pretende celebrar cada aniversario del museo con el reconocimiento a uno de los científicos gallegos más relevantes. María Wonenburger se une así al primer homenajeado, que fue Isidro Parga Pondal en el año 2010.

«Hace falta que la sociedad reconozca su excelencia, que sepa de sus importantes contribuciones. —afirmó Xosé A. Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses— Y María Wonenburger encarna en su persona el saber académico e importantes valores humanos y científicos».


María Wonenburger (Oleiros, 1927)
Mujer pionera, destacada matemática que creó una importante escuela internacional de Álgebra
"Con trabajo se consigue todo lo que se quiere"
(conversación con sus amigas, 2005)


María Josefa Wonenburger Planells nació en Montrove-Oleiros en 1927. Estudió la licenciatura de Matemáticas (1945-50). En 1953 fue la primera becaria Fullbright española en Matemáticas y se doctoró en la Universidad de Yale (EEUU) en 1953 bajo la dirección de Nathan Jacobson.

De regreso a Madrid en 1957 trabajó con Germán Ancochea. Posteriormente se trasladó a Canadá, donde permaneció seis años, primero como becaria postdoctoral y luego como profesora en la Universidad de Toronto. Su segunda etapa en los EUA comienza como docente en Buffalo, y prosigue como catedrática en la Universidad del Estado de Indiana (1967-1983).

En Toronto desarrolló un importante trabajo, del que es fruto la famosa tesis de su discípulo Robert Moody, uno de los referentes del álgebra del siglo XX. Por eso, es considerada como la madre de la teoría de las álgebras de Kac-Moody, que juegan un papel central en Matemáticas y Física desde los años setenta y son uno de los campos donde trabajaron, y aún trabajan, matemáticos de famosas universidades.

Publicó en prestigiosas revistas internacionales más de una veintena de artículos que continúan siendo citados en la actualidad. María Wonenburger fue pionera, ayudando con su labor a la visibilidad de la mujer en la ciencia.

A ese curriculo convencional, académico, se unen otros elementos que hace falta poner en valor.
En 1983 abandonó su actividad profesional y se trasladó a la casa familiar de A Coruña, donde reside, para dedicarse al cuidado de su madre. Un gesto de humanidad salientable la llevó a dejar su brillante carrera académica.

María Wonenburger siempre afrontó su labor con un sentido colaborativo. En su recorrido investigador creó una importante escuela internacional de Álgebra. De vuelta en la Coruña inició una segunda etapa en su labor. Siguió ligada al mundo de las matemáticas, en diversos proyectos, en una etapa más próxima a la pedagogía y a la difusión, conectando con gente joven con inquietudes.

La trayectoria de María Wonenburger nos lleva a reivindicar los valores positivos de la ciencia:
-Espíritu crítico (análisis, denuncia del dogmatismo y de los intereses de grupo)
-Racionalidad (combate del fanatismo)
-Altruismo, sentido colaborativo, laboriosidad, etc.
Estos son valores que la homenajeada encarna de una manera clara.