24 junio 2011

Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis un monográfico informativo sobre enerxía solar

Ver nota completa: español | galego


– A distribución realizarase o domingo 26 de xuño

A preocupación polo quecemento climático e o encarecemento dos combustibles fósiles dirixiu o interese da población cara as fontes de enerxía pouco contaminantes. E, especialmente, cara a aquelas que están baseadas en recursos naturais renovables, como son a radiación solar e o vento.

Esta publicación ofrece aos cidadáns respostas de xeito breve, concreto e nunha linguaxe comprensible a preguntas como "Sería posible o uso de enerxía solar como fonte principal de enerxía para a produción de electricidade?", "Podese dispor de toda a enerxía necesaria para unha vivenda a partires da enerxía solar?", "Cantas familias poden abastecerse coa producción actual de enerxía solar en España?", "Por qué a enerxía solar é tan cara?", "Cómo funciona un panel solar?".

A información, elaborada nos Museos Científicos, acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos.

Esta publicación está dirixida a toda a poboación e cóntase para a súa distribución coa colaboración dos diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión.

Publicación realizada co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración de Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña e Novacaixagalicia.

Interactivo sobre enerxía solar
Os Museos Científicos Coruñeses celebraron o inicio do verán coa estrea dun recurso interactivo sobre enerxía solar no seu eMuseo. Inclúe un xogo, un vídeo, un test e información abundante. Pode accederse na dirección: http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=a-enerxia-solar

Los Museos Científicos Coruñeses distribuyen gratis un monográfico informativo sobre energía solar

– La distribución se realizará el domingo 26 de junio

La preocupación por el calentamiento climático y el encarecimiento de los combustibles fósiles ha dirigido el interés de la población hacia las fuentes de energía poco contaminantes. Y, especialmente, hacia aquellas que están basadas en recursos naturales renovables, como son la radiación solar y el viento.

Esta publicación ofrece a los ciudadanos respuestas de manera breve, concreta y en un lenguaje comprensible a preguntas como "¿Sería posible el uso de energía solar como fuente principal de energía para la producción de electricidad?", "¿Se puede disponer de toda la energía necesaria para una vivienda a partir de la energía solar?", "¿Cuántas familias pueden abastecerse con la producción actual de energía solar en España?", "¿Por qué la energía solar es tan cara?", "¿Cómo funciona un panel solar?".

La información, elaborada en los Museos Científicos, se acompaña de imágenes y gráficos que contribuyen a comprender mejor los contenidos.

Esta publicación está dirigida a toda la población y se cuenta para su distribución con la colaboración de los diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego y La Opinión.

Publicación realizada con el patrocinio de la Diputación de A Coruña y la colaboración de Fundación Agencia Energética Provincial de A Coruña y Novacaixagalicia.

Interactivo sobre energía solar
Los Museos Científicos Coruñeses celebraron el inicio del verano con el estreno de un recurso interactivo sobre energía solar en su eMuseo. Incluye un juego, un vídeo, un test e información abundante. Puede accederse en la dirección: http://mc2coruna.org/emuseo/?woo_extras=a-enerxia-solar


20 junio 2011

A Domus celebra un taller experimental sobre fabricación de fármacos

Ver nota completa: español | galego


– A actividade está englobada no proxecto europeo Xplore Health.

Os próximos 21 e 23 de xuño, terá lugar na Domus a actividade "Como se desenvolven os fármacos?".

Na primeira parte desta actividade realizarase un xogo de debate baixo o tema "Como accedemos aos tratamentos médicos?". Na segunda parte, de laboratorio aberto, os participantes realizarán unha experiencia para sintetizar un dos compoñentes dun fármaco contra o Parkinson.

Neste evento, que comezará ás 10:30 horas, participarán alumnos e profesores das escolas piloto do proxecto: IES Monte Castelo (Burela), IES Maximino Romero de Lema (Baio), IES Moncho Valcarce (As Pontes), IES David Buján (Cambre), IES Sardiñeira (A Coruña).

Xplore Health é un proxecto europeo coordinado polo Parque Científico de Barcelona para construír un portal online sobre a investigación máis actual en saúde. O portal contén ferramentas multimedia para implicar á poboación en xeral, e realizar actividades en museos de ciencia e escolas para estimular o interese da sociedade en investigación en saúde, e os seus aspectos legais, éticos e sociais.
 

Ao longo do proxecto organizaranse actividades en museos e escolas de toda Europa, organizadas por un comité formado por cinco membros que representan a diferentes museos:

- Domus, A Coruña, España
- Jardin des Sciences, Estrasburgo, Francia
- Copernicus Science Centre, Varsovia, Polonia
- Centre for Life, Newcastle, Reino Unido
- At-Bristol, Bristol, Reino Unido

Os primeiros contidos da web xa están dispoñibles en http://www.xplorehealth.eu

Máis información:
http://mc2coruna.org/xplorehealth



La Domus celebra un taller experimental sobre la fabricación de fármacos

– La actividad está englobada en el proyecto europeo Xplore Health.

Los próximos 21 y 23 de junio, tendrá lugar en la Domus la actividad "¿Cómo se desarrollan los fármacos?".

En la primera parte de esta actividad se realizará un juego de debate bajo el tema "¿Cómo accedemos a los tratamientos médicos?". En la segunda parte, de laboratorio abierto, los participantes realizarán una experiencia para sintetizar uno de los componentes de un fármaco contra el Parkinson.

En este evento, que comenzará a las 10:30 horas, participarán alumnos y profesores de las escuelas piloto del proyecto: IES Monte Castelo (Burela), IES Maximino Romero de Lema (Baio), IES Moncho Valcarce (As Pontes), IES David Buján (Cambre), IES Sardiñeira (A Coruña).

Xplore Health es un proyecto europeo coordinado por el Parque Científico de Barcelona para construir un portal online sobre la investigación más actual en salud. El portal contiene herramientas multimedia para implicar a la población en general, y realizar actividades en museos de ciencia y escuelas para estimular el interés de la sociedad en investigación en salud, y sus aspectos legales, éticos y sociales.
 

A lo largo del proyecto se organizarán actividades en museos y escuelas de toda Europa, organizadas por un comité formado por cinco miembros que representan a los diferentes museos:

- Domus, A Coruña, España
- Jardin des Sciences, Estrasburgo, Francia
- Copernicus Science Centre, Varsovia, Polonia
- Centre for Life, Newcastle, Reino Unido
- At-Bristol, Bristol, Reino Unido

Los primeros contenidos de la web ya están disponibles en http://www.xplorehealth.eu

Más información:
http://mc2coruna.org/xplorehealth


17 junio 2011

Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis o monográfico informativo "Accidente nuclear"

Ver nota completa: español | galego


—A distribución realizarase o sábado 18 de xuño cos xornais La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión
—Desde o luns 20 de xuño a monografía está dispoñible en formato dixital, para ver e descargar gratis no e-Museo de mc2


Na segunda metade do século XX moitos países apostaron pola enerxía nuclear como alternativa aos combustibles fósiles. Aínda que a seguridade das centrais nucleares e os seus residuos sempre foi obxecto de polémica, nos últimos anos a súa valoración social mellorou grazas a que non contribúen ao cambio climático. Con todo, o accidente da central de Fukushima reavivou un intenso debate con implicacións sociais, políticas e económicas.

Coa súa undécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas ás inquedanzas dos cidadáns sobre o tema.

"Accidente nuclear" dá respostas breves, concretas e nunha linguaxe comprensible para todos os cidadáns, a preguntas como:
—Pode afectarnos o escape de radiación de Fukushima?
—Cales son as diferenzas entre os problemas das centrais de Fukushima e a de Chernobil?
—Canto custa o quilovatio-hora de electricidade nuclear e como se compara coa xerada por outras fontes?
—Como se propaga a radioactividade?
—Por qué é perigoso o cesio 137 producido nunha reacción nuclear e non o é o carbono 14 da natureza?
—Canto tempo pasa ata que os residuos deixan de ser perigosos?
—Merece a pena o uso desta enerxía fronte ao risco que supón un fallo como os que xa sucederon?

Ademais a información acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos.
Este monogáfico está dirixido a toda a poboación e cóntase para a súa distribución coa colaboración dos diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, e La Opinión.

Unha publicación realizada co patrocinio de Novacaixagalicia.


Los Museos Científicos Coruñeses distribuyen gratis el monográfico informativo "Accidente nuclear"

—La distribución se realizará el sábado 18 de junio con los periódicos La Voz de Galicia, El Ideal Gallego y La Opinión
—Desde el lunes 20 de junio la monografía está disponible en formato digital, para ver y descargar gratis en el e-Museo de mc2


En la segunda mitad del siglo XX muchos países apostaron por la energía nuclear cómo alternativa a los combustibles fósiles. Aunque la seguridad de las centrales nucleares y sus residuos siempre fue objeto de polémica, nos últimos años su valoración social mejoró gracias a que no contribuyen al cambio climático. Con todo, el accidente de la central de Fukushima reavivó un intenso debate con implicaciones sociales, políticas y económicas.

Con su undécima monografía de comunicación científica, los Museos Científicos Coruñeses quieren dar respuestas a las inquietudes de los ciudadanos sobre el tema.

"Accidente nuclear" da respuestas breves, concretas y en un lenguaje comprensible para todos los ciudadanos, la preguntas como:
—¿Puede afectarnos el escape de radiación de Fukushima?
—¿Cuáles son las diferencias entre los problemas de las centrales de Fukushima y la de Chernobil?
—¿Cuanto cuesta el kilovatio-hora de electricidad nuclear y como se compara con la generada por otras fuentes?
—¿Como se propaga la radiactividad?
—¿Por qué es peligroso el cesio 137 producido en una reacción nuclear y no lo es el carbono 14 de la naturaleza?
-¿Cuanto tiempo pasa hasta que los residuos dejan de ser peligrosos?
—¿Merece la pena el uso de esta energía frente al riesgo que supone un fallo como los que ya sucedieron?

Además la información se acompaña de imágenes y gráficos que contribuyen a comprender mejor los contenidos.
Este monogáfico está dirigido a toda la población y se cuenta para su distribución con la colaboración de los diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, y La Opinión.

Una publicación realizada con el patrocinio de Novacaixagalicia.


O III ciclo "Luns con ciencia" clausúrase coa sesión "A obesidade, unha epidemia que se pode combater"

Ver nota completa: español | galego


—Ao acto de clausura asistirán representates das entidades organizadoras, UDC, CHUAC e Museos Científicos Coruñeses
-A terceira edición do ciclo segue viva no e-Museo, onde se poderán escoitar e descargar as conferencias en MP3


A Domus acollerá o próximo luns, 20 de xuño, ás 20 horas, a última sesión do III ciclo Luns con Ciencia. A charla será impartida pola Dra. Susana Monereo, xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de Xetafe.

A Dra. Monereo fará unha análise da situación actual da obesidade no mundo e en España, e dará consellos prácticos a pé de mesa para combatila, trasladando unha mensaxe optimista para as persoas que buscan solucións a este problema de saúde.

A Dra Monereo é actualmente membro do Comité Científico grupo NAOS na Estratexia de Prevención da Obesidade en España, da Comisión Nacional da Especialidade (CNE), e foi membro Comité Científico da Axencia de Seguridade Alimentaria Española (AESA) dende febreiro de 2006 ata 2010. Colabora habitualmente en medios de comunicación sobre temas de endocrinoloxía, nutrición e diabete, e é responsable do programa de control de IMC das modelos da pasarela Cibeles da Comunidade Autónoma de Madrid.

O III ciclo Luns con Ciencia está organizado polos Museos Científicos Coruñeses. Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademais da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

O Ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.
20 de xuño
Domus. R/ Santa Teresa 1, A Coruña
20 horas


El III ciclo "Lunes con ciencia" se clausura con la sesión "La obesidad, una epidemia que se puede combatir"

—Al acto de clausura asistirán representates de las entidades organizadoras, UDC, CHUAC y Museos Científicos Coruñeses
-La tercera edición del ciclo sigue viva en el e-Museo, donde se podrán escuchar y descargar las conferencias en MP3

La Domus acogerá el próximo lunes, 20 de junio, a las 20 horas, la última sesión del III ciclo Lunes con Ciencia. La charla será impartida por la Dra. Susana Monereo, jefa del Servicio de Endocrinología y Nutrición del Hospital Universitario de Getafe.

La Dra. Monereo hará un análisis de la situación actual de la obesidad en el mundo y en España, y dará consejos prácticos a pie de mesa para combatirla, trasladando un mensaje optimista para las personas que buscan soluciones la este problema de salud.

La Dra Monereo es actualmente miembro del Comité Científico grupo NAOS en la Estrategia de Prevención de la Obesidad en España, de la Comisión Nacional de la Especialidad (CNE), y fue miembro Comité Científico de la Agencia de Seguridad Alimentaria Española (AESA) desde febrero de 2006 hasta 2010. Colabora habitualmente en medios de comunicación sobre temas de endocrinología, nutrición y diabetes, y es responsable del programa de control de IMC de las modelos de la pasarela Cibeles de la Comunidad Autónoma de Madrid.

El III ciclo Lunes con Ciencia está organizado por los Museos Científicos Coruñeses. En esta edición el tema central es la salud, tratando específicamente los trasplantes, los hábitos cardiosaudables y la obesidad. Por eso, además de la colaboración de la Universidad de A Coruña (Unidad de Divulgación Científica), se cuenta con la del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

El Ciclo Lunes con Ciencia tiene como objetivo incorporar la ciencia a la agenda cultural de los ciudadanos.
20 de junio
Domus. R/ Santa Teresa 1, A Coruña
20 horas


10 junio 2011

As "Palabras da ciencia" renóvanse

Ver nota completa: español | galego


A exposición sobre actualidade científica da Casa das Ciencias experimenta novidades que a achegan máis aos intereses da cidadanía.

A recentemente estreada “Palabras da Ciencia” presenta novos contidos ao redor de seis ámbitos temáticos: “O clima cambia”, "En busca da enerxía", “A tecnoloxía cambia a nosa sociedade”, "A saúde é o que importa", “O inesgotable empurre da ciencia” e “Os desafíos da natureza”.

"Palabras da Ciencia" é unha exposición que se presentou na Casa das Ciencias por primeira vez no ano 2004. Os seus contidos xiraban ao redor dos 10 conceptos científicos máis repetidos nos titulares de prensa escrita, a través de módulos interactivos e elementos museográficos. Periodicamente desde entón revisouse e actualizou a lista das 10 palabras da exposición, pero agora avánzase un pouco máis no seu enfoque, abordando principalmente dous cuestións: incorporar elementos que axuden a interpretar a ciencia mediática e achegarse máis aos intereses da cidadanía na ciencia.

Cada un dos novos ámbitos inclúe un conxunto de elementos que permiten achegarse de diferentes xeitos á información:

- Un elemento interactivo, permite experimentar con cuestións relacionadas co ámbito.
- Fotografías de impacto.
- Un obxecto singular, instrumento científico ou peza natural de interese histórico.
- Unha infografía, que axuda a presentar feitos, relacionar conceptos, valorar factores.
- Unha actividade de comunicación científica, que invita a unha lectura crítica das informacións científicas que saen nos medios.
- Unha viñeta, humor gráfico que aporta un punto de vista distinto e ás veces imprescindible para comprender todas as caras da noticia.

Para moitos destes elementos (fotografías, viñetas, infografías, titulares de noticias) contouse coa colaboración de diferentes xornais e profesionais da comunicación.

Coa presentación desta exposición complétase a renovación da Casa das Ciencias, que comezou no 2008 coa instalación do planetario dixital e os novos módulos interactivos da primeira planta, a presentación en 2009 da exposición temporal de produción propia “O asombro de Mr. Darwin" e a celebración do 25 aniversario do centro en 2010 co lema “A Casa de todos”.

Con “Palabras da Ciencia” dáse continuidade a unha liña de actuación relacionada coa actualidade científica, co obxectivo de facilitar unha comunicación co público sobre estas cuestións. Esta liña inclúe outras actuacións nos Museos Científicos Coruñeses, como a recentemente presentada Zona-i no Aquarium, a Wikiteca (Blog) ou as Monografías de Comunicación Científica, que son unha parte destacada no novo e-Museo de mc2.

“Palabras da Ciencia” é unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña.

Coa colaboración dos diarios La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña, El País, El Mundo, La Vanguardia e Público; na cesión de pezas, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, Museo Geominero, Hospital Marítimo de Oza, Endesa, GasNatural Fenosa e José Luis Lojo; e tamén de Red Eléctrica Española, o Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB (Universidade da Coruña), e o proxecto europeo CASC (Cities and Science Communication).


Las "Palabras de la ciencia" se renuevan
La exposición sobre actualidad científica de la Casa de las Ciencias experimenta novedades que la acercan más a los intereses de la ciudadanía.

La recién estrenada "Palabras de la Ciencia" presenta nuevos contenidos alrededor de seis ámbitos temáticos: "El clima cambia", "En busca de la energía", "La tecnología cambia nuestra sociedad", "La salud es lo que importa", "El inagotable empuje de la ciencia" y "Los desafíos de la naturaleza".

"Palabras de la Ciencia" es una exposición que se presentó en la Casa de las Ciencias por primera vez en el año 2004. Sus contenidos giraban alrededor de los 10 conceptos científicos más repetidos en los titulares de prensa escrita, a través de módulos interactivos y elementos museográficos. Periódicamente desde entonces se revisó y actualizó la lista de las 10 palabras de la exposición, pero ahora se avanza un poco más en su enfoque, abordando principalmente dos cuestiones: incorporar elementos que ayuden a interpretar la ciencia mediática y acercarse más a los intereses de la ciudadanía en la ciencia.

Cada uno de los nuevos ámbitos incluye un conjunto de elementos que permiten acercarse de diferentes maneras a la información:

- Un elemento interactivo, permite experimentar con cuestiones relacionadas con el ámbito.
- Fotografías de impacto.
- Un objeto singular, instrumento científico o pieza natural de interés histórico.
- Una infografía, que ayuda a presentar hechos, relacionar conceptos, valorar factores.
- Una actividad de comunicación científica, que invita a una lectura crítica de las informaciones científicas que salen en los medios.
- Una viñeta, humor gráfico que aporta un punto de vista distinto y a veces imprescindible para comprender todas las caras de la noticia.

Para muchos de estos elementos (fotografías, viñetas, infografías, titulares de noticias) se contó con la colaboración de diferentes periódicos y profesionales de la comunicación.

Con la presentación de esta exposición se completa la renovación de la Casa de las Ciencias, que comenzó en el 2008 con la instalación del planetario digital y los nuevos módulos interactivos de la primera planta, la presentación en 2009 de la exposición temporal de producción propia "El asombro de Mr. Darwin" y la celebración del 25 aniversario del centro en 2010 con el lema "La Casa de todos".

Con "Palabras de la Ciencia" se da continuidad a una línea de actuación relacionada con la actualidad científica, con el objetivo de facilitar una comunicación con el público sobre estas cuestiones. Esta línea incluye otras actuaciones en los Museos Científicos Coruñeses, como la recién presentada Zona-i en el Aquarium, la Wikiteca (Blog) o las Monografías de Comunicación Científica, que son una parte destacada en el nuevo e-Museo de mc2.

"Palabras de la Ciencia" es una exposición producida por los Museos Científicos Coruñeses, Ayuntamiento de A Coruña.

Con la colaboración de los diarios La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña, El País, El Mundo, La Vanguardia y Público; en la cesión de piezas, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, Museo Geominero, Hospital Marítimo de Oza, Endesa, GasNatural Fenosa y José Luis Lojo; y también de Red Eléctrica Española, el Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB (Universidad de A Coruña), y el proyecto europeo CASC (Cities and Science Communication).


Charla na Domus sobre os efectos colaterais da diabete

Ver nota completa: español | galego


"Máis aló da obesidade e da diabete. Efectos colaterais". Ese é o tema da próxima sesión do ciclo Luns con Ciencia, que se celebrará o próximo 13 de xuño na Domus ás 20.00

A charla será ofrecida polo Dr. Alfonso Soto González, especialista en endocrinoloxía e nutrición do CHUAC. Na charla dará unha visión xeral das complicacións relacionadas coa diabete e coa obesidade.

O III ciclo Luns con Ciencia está organizado polos Museos Científicos. Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade.  Por iso, ademais da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

O Ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.



Charla en la Domus sobre los efectos colaterales de la diabetes


"Más allá de la obesidad y de la diabetes. Efectos colaterales". Ese es el tema de la próxima sesión del ciclo Lunes con Ciencia, que se celebrará el próximo 13 de junio en la Domus a las 20.00

La charla será ofrecida por el Dr. Alfonso Soto González, especialista en endocrinología y nutrición del CHUAC. En la charla dará una visión general de las complicaciones relacionadas con la diabetes y con la obesidad.

El III ciclo Lunes con Ciencia está organizado por los Museos Científicos. En esta edición el tema central es la salud, tratando específicamente los trasplantes, los hábitos cardiosaludables y la obesidad.  Por eso, además de la colaboración de la Universidad de A Coruña (Unidad de Divulgación Científica), se cuenta con la del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

El Ciclo Lunes con Ciencia tiene como objetivo incorporar la ciencia a la agenda cultural de los ciudadanos.



Final do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Ver nota completa: español | galego


Durante o acto, no que se contará coa presenza de familiares e compañeiros de estudos dos participantes, os estudantes deberán expor e defender os seus traballos ante o Xurado.

Alumnos de cinco equipos de Xinzo de Limia, Ourense, Guntín, Santiago de Compostela e Cambre  defenderán os seus traballos na  final do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, que se celebrará mañá sábado, 11 de xuño, na Domus da Coruña a partir das 11.00.

Estas son as preguntas finalistas que competirán polo primeiro premio:

- Cales son as mellores condicións para hidratar legumes? Presentado por Laura Domelo Borrajo, Alvaro Dopozo Feijoo e María González Sotelo, do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia.
 

- Pódese empregar auga dos deshumidificadores nas baterías eléctricas? Presentado por Diego Dorribo Dacuña , Julián Fernández González, Adrián Gómez Blanco e Brais Sandín Fernández, do IES Universidade Laboral de Ourense.

- Pódese ver medrar a herba? Presentado por Adrián Balsa García, Sofía Díaz Varela, Lucas Lombardía García e Laura López López, do CPI Tino Grandío de Guntín.

- Os nosos carballos sobrevivirán á chuvia ácida? Presentado por Esperanza Alvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón e Noemí Pena Vidal, do IES de Sar de Santiago de Compostela.

- Pódese recuperar completamente, con calor, unha pelota de tenis de mesa abolada? Presentado por Damián Moar Botana e David Viñas Barciela, do IES David Buján de Cambre.

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses, El Corte Inglés e a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, trátase dun premio de investigación dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia que busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas.

Fallo e entrega de premios 

Tras a exposición dos traballos o Xurado retirarase a deliberar e emitirá o fallo, o que terá lugar sobre as 13:00 horas do mesmo sábado 11 de xuño, para continuar coa entrega dos premios, patrocinados por El Corte Inglés.

Os gañadores recibirán como galardón unha viaxe a Valladolid para realizar unha visita ao seu Museo da Ciencia. Tamén haberá premios para os demais finalistas.

Ademáis, os Museos Científicos Coruñeses farán entrega a todos os finalistas dunha guía didáctica da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade, que se exhibe na Domus. Trátase dun material que acaba de ser publicado e que inclúe infomación e actividades relacionadas cos temas tratados na mostra.
 


Final del XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares
Durante el acto, en el que se contará con la presencia de familiares y compañeros de estudios de los participantes, los estudiantes deberán exponer y defender sus trabajos ante el Jurado.

Alumnos de cinco equipos de Xinzo de Limia, Ourense, Guntín, Santiago de Compostela y Cambre  defenderán sus trabajos en la final  del XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, que se celebrará mañana sábado, 11 de junio, en la Domus de A Coruña a partir de las 11.00.
 

Estas son las preguntas finalistas que competirán por el primero premio:

- ¿Cuáles son las mejores condiciones para hidratar legumbres? Presentado por Laura Domelo Borrajo, Alvaro Dopozo Feijoo y María González Sotelo, del IES Laguna de Antela de Xinzo de Limia.
 

- ¿Se puede emplear agua de los deshumidificadores en las baterías eléctricas? Presentado por Diego Dorribo Dacuña , Julián Fernández González, Adrián Gómez Blanco y Brais Sandín Fernández, del IES Universidad Laboral de Ourense.

- ¿Se puede ver crecer la hierba? Presentado por Adrián Balsa García, Sofía Díaz Varela, Lucas Lombardía García y Laura López López, del CPI Tino Grandío de Guntín.

- ¿Nuestros robles sobrevivirán a la lluvia ácida? Presentado por Esperanza Alvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón y Noemí Pena Vidal, del IES de Sar de Santiago de Compostela.

- ¿Se puede recuperar completamente, con calor, una pelota de tenis de mesa abollada? Presentado por Damián Moar Botana y David Venías Barciela, del IES David Buján de Cambre.

Convocado por los Museos Científicos Coruñeses, Él Corte Inglés y la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, se trata de un premio de investigación dirigido a los estudiantes de secundaria en Galicia que busca fomentar el interés por la ciencia y la formación en actitudes científicas.

Fallo y entrega de premios  

Tras la exposición de los trabajos, el Jurado se retirará a deliberar y emitirá el fallo, lo que tendrá lugar sobre las 13:00 horas del mismo sábado 11 de junio, para continuar con la entrega de los premios, patrocinados por Él Corte Inglés.

Los ganadores recibirán como galardón un viaje a Valladolid para realizar una visita a su Museo de la Ciencia. También habrá premios para los demás finalistas.

Además, los Museos Científicos Coruñeses harán entrega a todos los finalistas de una guía didáctica de la exposición "Eureka!", sobre ciencia y creatividad, que se exhibe en la Domus. Se trata de un material que acaba de ser publicado y que incluye infomación y actividades relacionadas con los temas tratados en la muestra.


08 junio 2011

A Domus acolle o xoves 9 de xuño a presentación dun libro sobre as loitas dos ecoloxistas en España

Ver nota completa: español | galego


—"Ecologíada, 100 batallas. Medio ambiente y sociedade en la España reciente", de Pedro Costa Morata

O acto, que comezará ás 20 horas, será presentado por Xosé A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, que dará paso ao autor, un veterano activista do ecoloxismo español que participou activamente no debate sobre a enerxía nuclear.
Ademais intervirán:

- Pencha Santasmarinas, ex líder da loita antinuclear en Xove (Lugo)
- Carlos Vales, director do CEIDA
- Félix Domínguez, sociólogo salesiano

Pedro Costa Morata (Aguilas, 1947), é profesor na Universidad
Politécnica de Madrid, e pertence ao pequeno grupo dos fundadores do movemento ecoloxista español. De ampla formación -enxeñeiro, sociólogo, xornalista- publicou o primeiro texto antinuclear, Nuclearizar España (1976), unha ampla revisión da situación ambiental española, Hacia la destrucción ecológica de España (1985), e unha análise crítica sobre o problema electromagnético, Electromagnetismo: silencioso, ubicuo, inquietante (1996), entre unha vintena de libros sobre temática ambiental ao longo e o ancho da xeografía española; a súa obra esténdese a un intenso labor como articulista e consultor ambiental. Foi galardoado co Premio Nacional
de Medio Ambiente
(1998).


"Ecologíada, 100 batallas"


Das loitas ecoloxistas en España non hai apenas relatos en primeira
persoa, e aquí reside a novidade desta Ecologíada, un texto no que
o autor-protagonista vai describindo, como experiencia directa, moitos (cen) dos máis notables conflitos que deron forza e personalidade ao movemento ecoloxista, un dos fenómenos sociais máis interesantes e transcendentes dos últimos corenta anos.

As "batallas" que se inclúen abranguen os campos máis clásicos dese
ecoloxismo -a loita antinuclear, a defensa do litoral, a crítica do
industrialismo- así como o moito máis novidoso rexeitamento ás instalacións electromagnéticas -antenas de telefonía móbil, liñas de alta tensión, transformadores eléctricos- e, por suposto, o proceso fundacional que configurou na década de 1970 a ideoloxía, a cosmovisión e a práctica organizativa ecoloxistas.


La Domus acoge el jueves 9 de junio la presentación de un libro sobre las luchas de los ecologistas en España

—"Ecologíada, 100 batallas. Medio ambiente y sociedad en la España reciente", de Pedro Costa Morata

El acto, que comenzará a las 20 horas, será presentado por Xosé A. Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses, que dará paso al autor, un veterano activista del ecologismo español que participó activamente en el debate sobre la energía nuclear.
Además intervendrán:

- Pencha Santasmarinas, ex líder de la lucha antinuclear en Xove (Lugo)
- Carlos Valles, director del CEIDA
- Félix Domínguez, sociólogo salesiano

Pedro Costa Morata
(Aguilas, 1947), es profesor en la Universidad
Politécnica de Madrid, y pertenece al pequeño grupo de los fundadores del movimiento ecologista español. De amplia formación -ingeniero, sociólogo, periodista- publicó el primer texto antinuclear, Nuclearizar España (1976), una amplia revisión de la situación ambiental española, Hacia la destrucción ecológica de España (1985), y un análisis crítico sobre el problema electromagnético, Electromagnetismo: silencioso, ubicuo, inquietante (1996), entre una veintena de libros sobre temática ambiental al largo y el ancho de la geografía española; su obra se extiende a uno intenso labor como articulista y consultor ambiental. Fue galardonado con el Premio Nacional de Medio Ambiente (1998).


"Ecologíada, 100 batallas"

De las luchas ecologistas en España no hay apenas relatos en primera
persona, y aquí reside la novedad de esta Ecologíada, un texto en el que
el autor-protagonista va describiendo, como experiencia directa, muchos (cien) de los más notables conflictos que dieron fuerza y personalidad al movimiento ecologista, uno de los fenómenos sociales más interesantes y trascendentes de los últimos cuarenta años.

Las "batallas" que se incluyen abarcan los campos más clásicos de ese
ecologismo -a lucha antinuclear, la defensa del litoral, la crítica del
industrialismo- así como el mucho más novedoso rechazo a las instalaciones electromagnéticas -antenas de telefonía móvil, líneas de alta tensión, transformadores eléctricos- y, por supuesto, el proceso fundacional que configuró en la década de 1970 la ideología, la cosmovisión y la práctica organizativa ecologistas.



03 junio 2011

O Aquarium Finisterrae presenta a exposición fotográfica “Cores do Mar”, de Ángel Carracedo

Ver nota completa: español | galego


-O salientable científico Ángel Carracedo estrea no Acuario coruñes a súa primeira exposición artística

A Sala Artista Invitad@ do Aquarium Finisterrae acolle a estrea neste ámbito do científico Ángel Carracedo, xenetista e catedrático de Medicinal Legal da Universidade de Santiago de Compostela. A primeira exposición artística desde gran científico, estará no Acuario da Coruña desde o 3 de xuño ata finais de agosto de 2001.

En palabras do autor:
“Ademais da xenética sempre me gustou o mar e a natureza, e desde neno aprendín a mergullar e a admirar as marabillas dos nosos fondos mariños, a súa riqueza biolóxica e as súas cores. Hai anos, vendo como, pouco a pouco, se estaba a perder o que tiñamos, intentei fotografar e facer un catálogo de toda esa diversidade por se os meus fillos non chegaban sequera a vela.

Esta é unha escolma de fotos dun aficionado, pero sobre todo dun namorado do noso mar que é moi consciente do esforzo que temos que facer todos para coidalo e preservar unha riqueza singular. Para min a súa beleza é difícil de igualar, e esta é unha razón máis para gozar del e aprender a entendelo porque canto mellor se coñece mais se lle quere”.


ÁNGEL CARRACEDO
Catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago e director do Instituto de Ciencias Forenses da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS).

Dirixe tamén o Centro Nacional de Xenotipado (Nodo USC). Publicou 10 libros e uns 350 artigos en revistas científicas de impacto, entre elas Nature, Nature Genetics e Science.

É membro de comités directivos ou asesores de numerosos organismos científicos, sociedades científicas e organismos reguladores en moitos países.

Recibiu numerosos premios entre eles a Medalla Castelao, a Medalla de Galicia, o premio Jaime I de Investigación, o Premio Galicia de Investigación, a medalla Galien, a Cruz ao Mérito Policial entre outros.


El Aquarium Finisterrae presenta la exposición fotográfica «Colores del Mar», de Ángel Carracedo
-El salientable científico Ángel Carracedo estrena en el Acuario coruñes su primera exposición artística
La Sala Artista Invitad@ del Aquarium Finisterrae acoge el estreno en este ámbito del científico Ángel Carracedo, genetista y catedrático de Medicinal Legal de la Universidad de Santiago de Compostela. La primera exposición artística de este gran científico estará en el Acuario de A Coruña desde el 3 de junio hasta finales de agosto de 2001.

En palabras del autor:
«Además de la genética siempre me gustó el mar y la naturaleza, y desde niño aprendí a sumergirme y a admirar las maravillas de nuestros fondos marinos, su riqueza biológica y sus colores. Hace años, viendo como, poco a poco, se estaba perdiendo lo que teníamos, intenté fotografiar y hacer un catálogo de toda esa diversidad por si mis hijos no llegaban siquiera a verla.

Esta es una antología de fotos de un aficionado, pero sobre todo de un enamorado de nuestro mar que es muy consciente del esfuerzo que tenemos que hacer todos para cuidarlo y preservar una riqueza singular. Para mí su belleza es difícil de igualar, y esta es una razón más para disfrutar de él y aprender a entenderlo porque cuanto mejor se conoce mas se le quiere».


ÁNGEL CARRACEDO
Catedrático de Medicina Legal en la Universidad de Santiago y director del Instituto de Ciencias Forenses de la USC y de la Fundación Pública Gallega de Medicina Genómica (SERGAS).

Dirige también el Centro Nacional de Xenotipado (Nodo USC). Publicó 10 libros y unos 350 artículos en revistas científicas de impacto, entre ellas Nature, Nature Genetics y Science.

ES miembro de comités directivos o asesores de numerosos organismos científicos, sociedades científicas y organismos reguladores en muchos países.

Recibió numerosos premios entre ellos la Medalla Castelao, la Medalla de Galicia, el premio Jaime I de Investigación, el Premio Galicia de Investigación, la medalla Galien, la Cruz al Mérito Policial entre otros.



A Domus acolle unha charla sobre biotecnoloxía e diabetes o luns 6 de xuño

Ver nota completa: español | galego


—"A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía"

Ese é o tema da próxima sesión do ciclo Luns con Ciencia, que se celebrará o próximo 6 de xuño. A charla será ofrecida pola Dra. Teresa Martínez Ramonde, especialista de endocrinoloxía e nutrición do CHUAC. A Dra. Martínez Ramonde desenvolve o seu traballo con especial dedicación á diabetes tipo 1, para a que na actualidade está a crear unha Unidade no CHUAC.

O III ciclo Luns con Ciencia está organizado polos Museos Científicos. Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademais da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

O Ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.

6 de xuño
Domus. R/ Santa Teresa 1, A Coruña
20 horas


La Domus acoge una charla sobre biotecnología y diabetes el lunes 6 de junio
—"La diabetes y su alianza con la biotecnología"

Ese es el tema de la próxima sesión del ciclo Lunes con Ciencia, que se celebrará el próximo 6 de junio. La charla será ofrecida por la Dra. Teresa Martínez Ramonde, especialista de endocrinología y nutrición del CHUAC. La Dra. Martínez Ramonde desarrolla su trabajo con especial dedicación a la diabetes tipo 1, para la que en la actualidad está creando una Unidad en el CHUAC.

El III ciclo Lunes con Ciencia está organizado por los Museos Científicos. En esta edición el tema central es la salud, tratando específicamente los trasplantes, los hábitos cardiosaudables y la obesidad. Por eso, además de la colaboración de la Universidad de A Coruña (Unidad de Divulgación Científica), se cuenta con la del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

El Ciclo Lunes con Ciencia tiene como objetivo incorporar la ciencia a la agenda cultural de los ciudadanos.

6 de junio
Domus. R/ Santa Teresa 1, A Coruña
20 horas


02 junio 2011

A Casa das Ciencias celebra o seu 26º aniversario cunha homenaxe á matemática galega María Wonenburger

Ver nota completa: español | galego


—O 1 de xuño os Museos Científicos Coruñeses instalaron un monolito en honra á matemática galega María Wonenburger no Paseo das Ciencias do Parque de Santa Margarita (A Coruña).
—A iniciativa, no 26º aniversario da Casa das Ciencias, pretende establecer esa data como celebración anual de recoñecemento aos científicos galegos relevantes.


Desde o 1 de xuño de 2011 María Wonenburger, destacada matemática galega, ten o seu recoñecemento cun monolito instalado na súa honra no Paseo das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarita (A Coruña).

No día do 26º aniversario da Casa das Ciencias, os Museos Científicos Coruñeses deron continuidade a unha iniciativa que pretende celebrar cada aniversario do museo co recoñecemento a un dos científicos galegos máis relevantes. María Wonenburger únese así ao primeiro homenaxeado, que foi Isidro Parga Pondal no ano 2010.

«Cómpre que a sociedade recoñeza a súa excelencia, que saiba das súas importantes contribucións. —afirmou Xosé A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses— E María Wonenburger encarna na súa persoa o saber académico e mais importantes valores humanos e científicos»

María Wonenburger (Oleiros, 1927)
Muller pioneira, destacada matemática que creou unha
importante escola internacional de Álxebra
“Con traballo conséguese todo o que se quere"
(conversa coas súas amigas, 2005)


María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove-Oleiros en 1927. Estudou a licenciatura de Matemáticas (1945-50). En 1953 foi a primeira bolseira Fullbright española en Matemáticas e doutorouse na Universidade de Yale (EUA) en 1953 baixo a dirección de Nathan Jacobson.

De regreso a Madrid en 1957 traballou con Germán Ancochea. Posteriormente trasladouse a Canadá, onde permaneceu seis anos, primeiro como bolseira postdoutoral e logo como profesora na Universidade de Toronto. A súa segunda etapa nos EUA comeza como docente en Buffalo, e prosegue como catedrática na Universidade do Estado de Indiana (1967-1983).

En Toronto desenvolveu un importante traballo, do que é froito a famosa tese do seu discípulo Robert Moody, un dos referentes da álxebra do século XX. Por iso, é considerada como a nai da teoría das álxebras de Kac-Moody, que xogan un papel central en Matemáticas e Física dende os anos setenta e son un dos campos onde traballaron, e aínda traballan, matemáticos de famosas universidades.

Publicou en prestixiosas revistas internacionais máis dunha vintena de artigos que continúan sendo citados na actualidade. María Wonenburger foi pioneira, axudando co seu labor á visibilidade da muller na ciencia.

A ese curriculo convencional, académico, únense outros elementos que cómpre poñer en valor.
En 1983 abandonou a súa actividade profesional e trasladouse á casa familiar da Coruña, onde reside, para adicarse ao coidado da súa nai. Un xesto de humanidade salientable levouna a deixar a súa brillante carreira académica.

María Wonenburger sempre afrontou o seu labor cun sentido colaborativo. No seu percorrido investigador creou unha importante escola internacional de Álxebra. De volta na Coruña iniciou unha segunda etapa no seu labor. Seguiu ligada ao mundo das matemáticas, en diversos proxectos, nunha etapa máis próxima á pedagoxía e á difusión, conectando con xente nova con inquedanzas.

A traxectoria de María Wonenburger lévanos a reivindicar os valores positivos da ciencia:
-Espíritu crítico (análise, denuncia do dogmatismo e dos intereses de grupo)
-Racionalidade (combate do fanatismo)
-Altruismo, sentido colaborativo, laboriosidade, etc.
Estes son valores que a homenaxeada encarna dun xeito claro.


La Casa de las Ciencias celebra su 26º aniversario con un homenaje a la matemática gallega María Wonenburger
—El 1 de junio los Museos Científicos Coruñeses instalaron un monolito en honor a la matemática gallega María Wonenburger en el Paseo de las Ciencias del Parque de Santa Margarita (A Coruña).
—La iniciativa, en el 26º aniversario de la Casa de las Ciencias, pretende establecer esa fecha como celebración anual de reconocimiento a los científicos gallegos relevantes.


Desde el 1 de junio de 2011 María Wonenburger, destacada matemática gallega, tiene su reconocimiento con un monolito instalado en su honra en el Paseo de las Ciencias, situado en el Parque de Santa Margarita (A Coruña).

En el día del 26º aniversario de la Casa de las Ciencias, los Museos Científicos Coruñeses dieron continuidad a una iniciativa que pretende celebrar cada aniversario del museo con el reconocimiento a uno de los científicos gallegos más relevantes. María Wonenburger se une así al primer homenajeado, que fue Isidro Parga Pondal en el año 2010.

«Hace falta que la sociedad reconozca su excelencia, que sepa de sus importantes contribuciones. —afirmó Xosé A. Fraga, director de los Museos Científicos Coruñeses— Y María Wonenburger encarna en su persona el saber académico e importantes valores humanos y científicos».


María Wonenburger (Oleiros, 1927)
Mujer pionera, destacada matemática que creó una importante escuela internacional de Álgebra
"Con trabajo se consigue todo lo que se quiere"
(conversación con sus amigas, 2005)


María Josefa Wonenburger Planells nació en Montrove-Oleiros en 1927. Estudió la licenciatura de Matemáticas (1945-50). En 1953 fue la primera becaria Fullbright española en Matemáticas y se doctoró en la Universidad de Yale (EEUU) en 1953 bajo la dirección de Nathan Jacobson.

De regreso a Madrid en 1957 trabajó con Germán Ancochea. Posteriormente se trasladó a Canadá, donde permaneció seis años, primero como becaria postdoctoral y luego como profesora en la Universidad de Toronto. Su segunda etapa en los EUA comienza como docente en Buffalo, y prosigue como catedrática en la Universidad del Estado de Indiana (1967-1983).

En Toronto desarrolló un importante trabajo, del que es fruto la famosa tesis de su discípulo Robert Moody, uno de los referentes del álgebra del siglo XX. Por eso, es considerada como la madre de la teoría de las álgebras de Kac-Moody, que juegan un papel central en Matemáticas y Física desde los años setenta y son uno de los campos donde trabajaron, y aún trabajan, matemáticos de famosas universidades.

Publicó en prestigiosas revistas internacionales más de una veintena de artículos que continúan siendo citados en la actualidad. María Wonenburger fue pionera, ayudando con su labor a la visibilidad de la mujer en la ciencia.

A ese curriculo convencional, académico, se unen otros elementos que hace falta poner en valor.
En 1983 abandonó su actividad profesional y se trasladó a la casa familiar de A Coruña, donde reside, para dedicarse al cuidado de su madre. Un gesto de humanidad salientable la llevó a dejar su brillante carrera académica.

María Wonenburger siempre afrontó su labor con un sentido colaborativo. En su recorrido investigador creó una importante escuela internacional de Álgebra. De vuelta en la Coruña inició una segunda etapa en su labor. Siguió ligada al mundo de las matemáticas, en diversos proyectos, en una etapa más próxima a la pedagogía y a la difusión, conectando con gente joven con inquietudes.

La trayectoria de María Wonenburger nos lleva a reivindicar los valores positivos de la ciencia:
-Espíritu crítico (análisis, denuncia del dogmatismo y de los intereses de grupo)
-Racionalidad (combate del fanatismo)
-Altruismo, sentido colaborativo, laboriosidad, etc.
Estos son valores que la homenajeada encarna de una manera clara.