10 febrero 2012

Más de 150 trabajos están ya en marcha en el Premio Luis Freire

[Ver nota en galego]



—Concluye la primera fase del certamen de investigación para escolares convocado por los Museos Científicos Coruñeses
—La participación en el Premio Luis Freire 2012 bate el récord en los 14 años de historia del premio.


En la primera fase del Premio Luis Freire, finalizada el 30 de enero, se recibieron 187 preguntas a las que los estudiantes deben dar respuesta mediante la experimentación o el trabajo de campo. Se trata del mayor número de preguntas recibidas en las 14 convocatorias celebradas de este concurso.

De todas las preguntas recibidas, 153 fueron seleccionadas para pasar a la segunda fase. Así, ahora escolares de una veintena de localidades gallegas de las cuatro provincias deben desarrollar sus investigaciones y presentar los trabajos antes del 10 de mayo. A la final, que se celebrará el 9 de junio, concurrirán las cinco mejores investigaciones.

El Luis Freire es un premio dirigido a estudiantes de secundaria que busca fomentar el interés por la ciencia, en especial en lo que se refiere a los fundamentos de la construcción del saber científico. Para ello se invita a alumnos de ESO a buscar respuestas, mediante la experimentación o el trabajo de campo, a preguntas que tengan relación con la Naturaleza o las Ciencias Físicas y Químicas.

Este certamen está convocado por los Museos Científicos Coruñeses-Ayuntamiento de A Coruña y El Corte Inglés, en colaboración con la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias.

Más información:
http://mc2coruna.org/luis-freire/convocatoria-es.html


Máis de 150 traballos están xa en marcha no Premio Luís Freire
—Conclúe a primeira fase do certame de investigación para escolares convocado polos Museos Científicos Coruñeses
—A participación no Premio Luís Freire 2012 bate a marca nos 14 anos de historia do premio.


Na primeira fase do Premio Luís Freire, finalizada o 30 de xaneiro, recibíronse 187 preguntas ás que os estudantes deben dar resposta mediante a experimentación ou o traballo de campo. Trátase do maior número de preguntas recibidas nas 14 convocatorias celebradas deste concurso.

De todas as preguntas recibidas, 153 foron seleccionadas para pasar á segunda fase. Así, agora escolares dunha vintena de localidades galegas do catro provincias deben desenvolver as súas investigacións e presentar os traballos antes do 10 de maio. Á final, que se celebrará o 9 de xuño, concorrerán as cinco mellores investigacións.

O Luís Freire é un premio dirixido a estudantes de secundaria que busca fomentar o interese pola ciencia, en especial no que se refire aos fundamentos da construción do saber científico. Para iso convídase a alumnos de ESO a buscar respostas, mediante a experimentación ou o traballo de campo, a preguntas que teñan relación coa Natureza ou as Ciencias Físicas e Químicas.

Este certame está convocado polos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Máis información:
http://mc2coruna.org/luis-freire/convocatoria.html