31 agosto 2012

Abierta la convocatoria de los XXV Premios Prismas 'Casa de las Ciencias' a la Divulgación

[Ver nota en galego]



—En su 25ª edición, los premios Prismas amplían su convocatoria a 6 categorías: audiovisuales, sitios web, textos inéditos, libros editados, artículos periodísticos y premio especial del jurado. El plazo de presentación finaliza el 1 de octubre de 2012
—El certamen es una iniciativa de los Museos Científicos Coruñeses (Ayuntamiento de A Coruña) que pretende potenciar la difusión de la cultura científica en España, y apoyar la todos los profesionales que trabajan en este campo


Los Prismas 'Casa de las Ciencias' alcanzan este año su vigésimo quinta convocatoria consecutiva. Convocado desde 1988 por el Ayuntamiento de A Coruña, a través de los Museos Científicos Coruñeses, este certamen continúa su larga trayectoria dedicada a la promoción de la divulgación científica, premiando los mejores trabajos de profesionales de la enseñanza, el periodismo, la investigación y tantos otros campos relacionados con la ciencia.

Como homenaje a estos 25 años de historia, en la edición de 2012 de los Prismas se convocan todas las modalidades que se fueron incorporando desde los inicios del certamen, y que responden a la evolución de las herramientas de comunicación.

Así, en esta edición se concederán los Prismas de Bronce en cinco categorías (audiovisuales, sitios web, libros editados, textos inéditos y artículos periodísticos), además del Prisma Especial del Jurado que se otorga a personas o instituciones que se hayan significado por su contribución singular a la divulgación científica.

El plazo de presentación de trabajos y candidaturas finaliza el 1 de octubre de 2012. Los trabajos presentados versarán sobre cualquier tema en relación con las ciencias físicas y naturales, tanto en sus aspectos generales como en cualquiera de sus ramas o aplicaciones prácticas (incluyendo biografías de científicos e historia de la ciencia), que contribuyan a la mejor comprensión de las ideas, actitudes y procesos científicos.

Los Prismas se entregarán en el transcurso de un acto que tendrá lugar en A Coruña el sábado 24 de noviembre de 2012.

Descarga: Bases y fichas de participación (PDF, 624 KB)


Aberta a convocatoria dos XXV Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación


—Na súa 25ª edición, os premios Prismas amplían a súa convocatoria a 6 categorías: audiovisuais, sitios web, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos e premio especial do xurado. O prazo de presentación finaliza o 1 de outubro de 2012
—O certame é unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo


Os Prismas 'Casa das Ciencias' alcanzan este ano a súa vixésimo quinta convocatoria consecutiva. Convocado desde 1988 polo Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses, este certame continúa a súa longa traxectoria dedicada á promoción da divulgación científica, premiando os mellores traballos de profesionais do ensino, o xornalismo, a investigación e tantos outros campos relacionados coa ciencia.

Como homenaxe a estes 25 anos de historia, na edición de 2012 dos Prismas convócanse todas as modalidades que se foron incorporando desde os inicios do certame, e que responden á evolución das ferramentas de comunicación.

Así, nesta edición concederanse os Prismas de Bronce en cinco categorías (audiovisuais, sitios web, libros editados, textos inéditos e artigos xornalísticos), ademais do Prisma Especial do Xurado que se outorga a persoas ou institucións que se significaron pola súa contribución singular á divulgación científica.

O prazo de presentación de traballos e candidaturas finaliza o 1 de outubro de 2012. Os traballos presentados versarán sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas (incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia) que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que tendrá lugar na Coruña o sábado 24 de novembro de 2012.

Descarga: Bases e fichas de participación (PDF, 624 KB)