18 septiembre 2012

El Aquarium Finisterrae incorpora ctenóforos a su colección biológica

[Ver nota en galego]



—La sala Humboldt que alberga la exposición "Farmacuáticos. La botica del mar" cuenta desde hoy con nuevos inquilinos, unos animales invertebrados que destacan por sus reflejos iridiscentes.



Los ctenóforos, Mnemiopsis leidyi, tienen un cuerpo ovalado y transparente (está compuesto en un 97% de agua), y cuatro hileras de cilios, a modo de peines, que reflejan la luz de una forma muy llamativa, con reflejos iridiscentes verdes, azules y rojos.

Tienen un aspecto y composición parecidos al de las medusas, pero pertenecen a otro grupo zoológico. Mientras que las medusas atrapan a sus presas mediante tentáculos con células urticantes que utilizan a modo de dardos, los ctenóforos tienen tentáculos cubiertos de unas células específicas del grupo, los coloblastos, que producen una sustancia pegajosa con la que atrapan su alimento. Otro rasgo distintivo es la presencia de las llamadas paletas natatorias, compuestas de cilios que, mediante sus vibraciones, permiten el desplazamiento del ctenóforo, además de reflejar la luz produciendo un llamativo efecto visual.

Los ctenóforos viven en un acuario que trata sobre la bioluminiscencia y sus aplicaciones en biomedicina. Este acuario forma parte de “Farmacuáticos, la botica del mar”, una exposición sobre el mar como fuente de recursos para la investigación biosanitaria, alojada en la sala Humboldt del Aquarium coruñés.

Los ejemplares, una veintena, fueron cedidos por el Oceanogràfic de Valencia, gracias a un acuerdo de intercambio de especies establecido entre el acuario valenciano y el Aquarium Finisterrae de A Coruña.


O Aquarium Finisterrae incorpora ctenóforos á súa colección biolóxica

—A sala Humboldt que alberga a exposición "Farmacuáticos. A botica do mar" conta desde hoxe con novos inquilinos, uns animais invertebrados que destacan polos seus reflexos iridiscentes.



Os ctenóforos, Mnemiopsis leidyi, teñen un corpo ovalado e transparente (está composto nun 97% de auga), e catro fileiras de cilios, a modo de peites, que reflicten a luz dunha forma moi rechamante, con reflexos iridiscentes verdes, azuis e vermellos.

Teñen un aspecto e composición parecidos ao das medusas, pero pertencen a outro grupo zoolóxico. Mentres que as medusas atrapan ás súas presas mediante tentáculos con células urticantes que utilizan a modo de dardos, os ctenóforos teñen tentáculos cubertos dunhas células específicas do grupo, os coloblastos, que producen unha sustancia pegañenta coa que atrapan o seu alimento. Outro trazo distintivo é a presenza das chamadas paletas natatorias, compostas de cilios que, mediante as súas vibracións, permiten o desprazamento do ctenóforo, ademais de reflectir a luz producindo un rechamante efecto visual.

Os ctenóforos viven nun acuario que trata sobre a bioluminiscencia e as súas aplicacións en biomedicina. Este acuario forma parte de "Farmacuáticos, a botica do mar", unha exposición sobre o mar como fonte de recursos para a investigación biosanitaria, aloxada na sala Humboldt do Aquarium coruñés.

Os exemplares, unha vintena, foron cedidos polo Oceanogràfic de Valencia, grazas a un acordo de intercambio de especies establecido entre o acuario valenciano e o Aquarium Finisterrae da Coruña.