24 mayo 2013

La Domus organiza un taller de programación con Processing

[Ver nota en galego]



—Una iniciativa enmarcada en el proyecto europeo KiiCS. La inscripción, que es gratuita, se abre el lunes 27 de mayo.
—El taller, para jóvenes de 15 a 18 años, tendrá lugar durante la tarde del 26 de junio.


Processing es un lenguaje y entorno de programación de código abierto para gente que quiere crear imágenes, animaciones e interactivos. El taller, que está dirigido a jóvenes entre 15 y 18 años (no es necesario tener conocimientos previos de programación), se celebrará el miércoles 26 de junio, de 16.30 a 20.30 horas, en la Domus de A Coruña.

La inscripción se abre el lunes 27 de mayo, y la participación en el taller es gratuita.
Para participar es necesario inscribirse previamente enviando los datos personales (nombre completo, edad, teléfono y dirección de correo electrónico de contacto) a domus@casaciencias.org.

Los participantes que lo deseen podrán además participar en el Concurso KiiCS, y optar a ganar un viaje para contar su proyecto en una feria científica

Este taller se enmarca en el proyecto europeo KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science), financiado por la Comisión Europea.

>> Más información: 981 189 840 o domus@casaciencias.org


A Domus organiza un taller de programación con Processing
—Unha iniciativa enmarcada no proxecto europeo KiiCS. A inscrición, que é gratuíta, ábrese o luns 27 de maio.
—O taller, para mozos de 15 a 18 anos, terá lugar durante a tarde do 26 de xuño.


Processing é unha linguaxe e contorna de programación de código aberto para xente que quere crear imaxes, animacións e interactivos. O taller, que está dirixido a mozos entre 15 e 18 anos (non é necesario ter coñecementos previos de programación), celebrarase o mércores 26 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas, na Domus da Coruña.

A inscrición ábrese o luns 27 de maio, e a participación no taller é gratuíta.
Para participar é necesario inscribirse previamente enviando os datos persoais (nome completo, idade, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto) a domus@casaciencias.org.

Os participantes que o desexen poderán ademais participar no Concurso KiiCS, e optar a gañar unha viaxe para contar o seu proxecto nunha feira científica

Este taller enmárcase no proxecto europeo KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science), financiado pola Comisión Europea.

>> Máis información: 981 189 840 ou domus@casaciencias.org