07 agosto 2013

A partir del 8 de agosto el cómic emerge en el Aquarium Finisterrae

[Ver nota en galego]



– El museo científico es una de las sedes del Salón Internacional del Cómic “Viñetas desde o Atlántico 2013” que comenzó en A Coruña el 5 de agosto.
– La exposición “El mar en la historia de los cómics” muestra cómo la tira gráfica ha reflejado el salitre de mares tanto reales como imaginarios.


Dentro de la XVI edición del Salón Internacional del Cómic “Viñetas desde o Atlántico”, el Aquarium Finisterrae contará con la exposición “El mar en la historia de los cómics” a partir del jueves 8 de agosto. La muestra, comisariada por Antoni Guiral, enseña una visión cronológica tanto de algunos hitos de la historia de los cómics como de la manera en que estos han reflejado el salitre de los mares y océanos, reales o imaginarios.

La travesía parte del siglo XIX, del considerado primer autor de la historieta
moderna, el suizo Rodolphe Töpffer, para atracar en la actualidad, con la obra del ilustrador Miguelanxo Prado. La mayoría de obras seleccionadas pertenece a series con personajes fijos, aunque también hay algunas editoriales y publicaciones específicas de autores básicos.

“El mar en la historia de los cómics” concede la máxima importancia a los creadores de viñetas, por ser ellos el alma mater de los tebeos.

Con esta nueva exposición, el Aquarium Finisterrae se suma un año más a “Viñetas desde o Atlántico” que en ediciones anteriores ya dejó en el museo científico la visita de “Piratas en el cómic”, “Barcos de papel”, “Ciudades sumergidas” o “Monstruos marinos”.

El comisario de la exposición, Antoni Guiral i Conti (Barcelona, 1959), es guionista y editor de fanzines ("Funnies"), coordinador del Salón del cómic de Barcelona (1994), productor editorial (Norma, Planeta, Camaleón) y teórico que colabora en numerosas publicaciones sobre el mundo del cómic. Ganó el Premio del Salón de Barcelona "a la mejor labor informativa” en 2007. Desde hace varios años colabora con "Viñetas desde o Atlántico".

Más información
www.vinetasdesdeoatlantico.com


A partir do 8 de agosto o cómic emerxe no Aquarium Finisterrae

– O museo científico é unha das sedes do Salón Internacional do Cómic “Viñetas desde o Atlántico 2013” que comezou na Coruña o 5 de agosto.
– A exposición “O mar na historia dos cómics” mostra como a tira gráfica reflectiu o salitre de mares tanto reais como imaxinarios.


Dentro da XVI edición do Salón Internacional do Cómic “Viñetas desde o Atlántico”, o Aquarium Finisterrae contará coa exposición “O mar na historia dos cómics” a partir do xoves 8 de agosto. A mostra, comisariada por Antoni Guiral, ensina unha visión cronolóxica tanto dalgúns fitos da historia dos cómics como da maneira en que estes reflectiron o salitre dos mares e océanos, reais ou imaxinarios.

A travesía parte do século XIX, do considerado primeiro autor da historieta moderna, o suízo Rodolphe Töpffer, para atracar na actualidade, coa obra do ilustrador Miguelanxo Prado. A maioría de obras seleccionadas pertence a series con personaxes fixos, aínda que tamén hai algunhas editoriais e publicacións específicas de autores básicos.

“O mar na historia dos cómics” concede a máxima importancia aos creadores de viñetas, por ser eles a alma mater dos cómics.

Con esta nova exposición, o Aquarium Finisterrae súmase un ano máis a “Viñetas desde o Atlántico” que en edicións anteriores xa deixou no museo científico a visita de “Piratas no cómic”, “Barcos de papel”, “Cidades mergulladas” ou “Monstros mariños”.

O comisario da exposición, Antoni Guiral i Conti (Barcelona, 1959), é guionista e editor de fanzines ("Funnies"), coordinador do Salón do cómic de Barcelona (1994), produtor editorial (Norma, Planeta, Camaleón) e teórico que colabora en numerosas publicacións sobre o mundo do cómic. Gañou o Premio do Salón de Barcelona "ao mellor labor informativo” en 2007. Desde hai varios anos colabora con "Viñetas desde o Atlántico".

Máis información
www.vinetasdesdeoatlantico.com