14 noviembre 2013

El Aquarium Finisterrae estrena “La National Geographic Society: 125 años explorando el mundo”

[Ver nota en galego]



—Nueva exposición en el Aquarium Finisterrae, con fotografías que narran los momentos más representativos de la revista National Geographic Society en sus 125 años de explorar el planeta
—La entrada a la exposición será gratuita hasta el domingo 17 de noviembre, pues durante la Semana de la Ciencia los tres Museos Científicos Coruñeses celebran jornadas de puertas abiertas


Continúan las actividades de la Semana de la Ciencia 2013, con la inauguración de la exposición “La National Geographic Society: 125 años explorando el mundo”, producida por los Museos Científicos Coruñeses en colaboración con la propia National Geographic Society. La muestra contiene algunas de las mejores fotografías publicadas en la revista a lo largo de su historia. Son 70 imágenes que han sido seleccionadas tanto por su importancia histórica, sociológica o científica, como por su impacto periodístico o estético.



El trece de enero de 1888, un grupo de treinta y tres socios se reunió en el Cosmos Club de Washington, D.C. (EE.UU) para crear una “sociedad dedicada a promover y difundir el conocimiento geográfico”. Gardiner Greene Hubbard fue su primer presidente. Un año después le sucedería su yerno, Alexander Graham Bell. Hoy en día, la National Geographic Society es una de las sociedades científicas y educativas más importantes del mundo. La famosa National Geographic Magazine, que se publica desde octubre de 1888; la página web www.nationalgeographic.com, activa desde 1996; y el National Geographic Channel, cuya primera emisión tuvo lugar el 1 de septiembre de 1997, son los principales medios de comunicación de esta sociedad.

En un principio, la National Geographic Magazine solo contenía texto y se parecía mucho a las revistas científicas clásicas. Pero en 1890 comenzó a publicar fotos y poco después se transformó en una publicación de divulgación científica. La primera imagen que publicó la revista fue una foto de la isla Herald (Rusia) tomada desde un barco. Gilbert Hovey Grosvenor (1875-1966), considerado el padre del fotoperiodismo, fue el primer editor a tiempo completo, y también el responsable de haberla convertido en un publicación icónica. La National Geographic fue pionera en encartar mapas, publicar fotos nocturnas de animales tomadas con flash (1906) y en publicar fotos en color de la vida salvaje (1914). Actualmente, la revista se publica en 32 idiomas. El primer número en español se distribuyó en 1997.

La National Geographic Society también es muy conocida por su actividad de patrocinio de expediciones e investigaciones de campo. Fue la patrocinadora, por ejemplo, de las expediciones de Hiram Bingham (arqueólogo), Jacques-Yves Cousteau (océanografo), Louis and Mary Leakey (antropólogos), Jean Goodall y Dian Fossey (primatólogas), Robert D. Ballard (oceanógrafo), Paul Sereno (paleontólogo) o James Cameron (cineasta y explorador marino).


O Aquarium Finisterrae estrea “A National Geographic Society: 125 anos explorando o mundo”

—Nova exposición no Aquarium Finisterrae, con fotografías que narran os momentos máis representativos da revista National Geographic Society nos seus 125 anos de explorar o planeta
—A entrada á exposición será gratuíta até o domingo 17 de novembro, pois durante a Semana da Ciencia o tres Museos Científicos Coruñeses celebran xornadas de portas abertas


Continúan as actividades da Semana da Ciencia 2013, coa inauguración da exposición “A National Geographic Society: 125 anos explorando o mundo”, producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración coa propia National Geographic Society. A mostra contén algunhas das mellores fotografías publicadas na revista ao longo da súa historia. Son 70 imaxes que foron seleccionadas tanto pola súa importancia histórica, sociolóxica ou científica, como polo seu impacto xornalístico ou estético. 



O trece de xaneiro de 1888, un grupo de trinta e tres socios reuniuse no Cosmos Club de Washington, D.C. (EE.UU) para crear unha “sociedade dedicada a promover e difundir o coñecemento xeográfico”. Gardiner Greene Hubbard foi o seu primeiro presidente. Un ano despois sucederíalle o seu xenro, Alexander Graham Bell. Hoxe en día, a National Geographic Society é unha das sociedades científicas e educativas máis importantes do mundo. A famosa National Geographic Magazine, que se publica desde outubro de 1888; a páxina web www.nationalgeographic.com, activa desde 1996; e o National Geographic Channel, cuxa primeira emisión tivo lugar o 1 de setembro de 1997, son os principais medios de comunicación desta sociedade.

Nun principio, a National Geographic Magazine só contiña texto e parecíase moito ás revistas científicas clásicas. Pero en 1890 comezou a publicar fotos e pouco despois transformouse nunha publicación de divulgación científica. A primeira imaxe que publicou a revista foi unha foto da illa Herald (Rusia) tomada desde un barco. Gilbert Hovey Grosvenor (1875-1966), considerado o pai do fotoxornalismo, foi o primeiro editor a tempo completo, e tamén o responsable de convertela nunha publicación icónica. A National Geographic foi pioneira en encartar mapas, publicar fotos nocturnas de animais tomadas con flash (1906) e en publicar fotos en cor da vida salvaxe (1914). Actualmente, a revista publícase en 32 idiomas. O primeiro número en español distribuíuse en 1997.

A National Geographic Society tamén é moi coñecida pola súa actividade de patrocinio de expedicións e investigacións de campo. Foi a patrocinadora, por exemplo, das expedicións de Hiram Bingham (arqueólogo), Jacques-Yves Cousteau (océanografo), Louis and Mary Leakey (antropólogos), Jean Goodall e Dian Fossey (primatólogas), Robert D. Ballard (oceanógrafo), Paul Sereno (paleontólogo) ou James Cameron (cineasta e explorador mariño).