20 diciembre 2013

El Planetario de la Casa de las Ciencias estrena el programa «Bacteria Mutante»

[Ver nota en galego]



– Esta sesión infantil, para niños de 4 a 8 años, se proyectará los fines de semana y festivos, y también a diario durante las vacaciones escolares: ver horarios
– La mayor parte de las imágenes que se ven en la cúpula se han generado con una novedosa técnica que mezcla líquidos y pigmentos en un laboratorio.


El primer pase de "Bacteria mutante" contó con la visita de un grupo escolar que comprobó uno de los aspectos más novedosos de esta producción: la mayor parte de las imágenes que se ven en la cúpula se han generado mezclando líquidos y pigmentos en un laboratorio. Esta técnica da lugar a personajes y escenarios de una riqueza y dinamismo que difícilmente se pueden obtener mediante animación digital.

Los Museos Científicos Coruñeses presentan el programa infantil de Planetario "Bacteria Mutante", una película para planetarios digitales con proyección de vídeo a toda cúpula. La historia comienza en los confines de la Vía Láctea, y después la acción se desplaza hasta un planeta muy similar a la Tierra. Allí, en el fondo del océano habita la protagonista de la historia: una pequeña bacteria mutante. Junto a ella hay todo tipo de microorganismos que disfrutarán de multitud de aventuras.

La banda sonora de "Bacteria Mutante" cuenta con música original grabada en los estudios de Radio Galega y una sugerente colección de efectos sonoros creados para esta película.

Renovación expositiva
La iniciativa se suma al proyecto de renovación de contenidos expositivos que se está llevando a cabo en los Museos Científicos Coruñeses. En el año 2013 se han puesto en marcha los siguientes proyectos:
- Inauguración en la Domus de la exposición Juego de Neuronas.
- Inauguración en la Domus de un nuevo espacio, Laboratorio Abierto, que recrea un laboratorio en el que realizar infinidad de experimentos.
- En el Aquarium Finisterrae se ha presentado la Guía de la mar salada, una publicación que recoge características de 124 de las especies que lo habitan con dibujos de Miguelanxo Prado y que se distribuye de forma gratuita a profesores.
- Inauguración en el Aquarium Finisterrae de la exposición de fotografías de National Geographic por su 125 aniversario.
- Inauguración en la Casa de las Ciencias de la exposición Puro Swing, sobre péndulos.

Sesiones para el público
Desde hoy, y durante todas las vacaciones escolares de Navidad, Bacteria Mutante pasa a formar parte de la programación del planetario de la Casa de las Ciencias con sesiones diarias a las 12.00 horas (versión en gallego) y 17.00 horas (versión en castellano).

El programa está producido por los Museos Científicos Coruñeses, el Planetario de Pamplona y el Parc Astronómic del Montsec, y cuenta con financiación de la FECYT (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología).


O Planetario da Casa das Ciencias estrea o programa «Bacteria Mutante»


– Esta sesión infantil, para nenos de 4 a 8 anos, proxectarase as fins de semana e festivos, e tamén a cotío durante as vacacións ecolares: ver horarios
– A maior parte das imaxes que se ven na cúpula xeráronse cunha nova técnica que mestura líquidos e pigmentos nun laboratorio.


O primeiro pase de "Bacteria mutante" contou coa visita dun grupo escolar que comprobou un dos aspectos máis novos desta produción: a maior parte das imaxes que se ven na cúpula xeráronse mesturando líquidos e pigmentos nun laboratorio. Esta técnica dá lugar a personaxes e escenarios dunha riqueza e dinamismo que dificilmente se poden obter mediante animación dixital.

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o programa infantil de Planetario "Bacteria Mutante", unha película para planetarios dixitais con proxección de vídeo a toda cúpula. A historia comeza nos confíns da Vía Láctea, e despois a acción desprázase até un planeta moi similar á Terra. Alí, no fondo do océano habita a protagonista da historia: unha pequena bacteria mutante. Xunto a ela hai todo tipo de microorganismos que gozarán de multitude de aventuras.

A banda sonora de "Bacteria Mutante" conta con música orixinal gravada nos estudos de Radio Galega e unha suxestiva colección de efectos sonoros creados para esta película.

Renovación expositiva
A iniciativa súmase ao proxecto de renovación de contidos expositivos que se está levando a cabo nos Museos Científicos Coruñeses. No ano 2013 puxéronse en marcha os seguintes proxectos:
- Inauguración na Domus da exposición Xogo de Neuronas.
- Inauguración na Domus dun novo espazo, Laboratorio Aberto, que recrea un laboratorio no que realizar infinidade de experimentos.
- No Aquarium Finisterrae presentouse a Guía da mar salgada, unha publicación que recolle características de 124 das especies que o habitan con debuxos de Miguelanxo Prado e que se distribúe de forma gratuíta a profesores.
- Inauguración no Aquarium Finisterrae da exposición de fotografías de National Geographic polo seu 125 aniversario.
- Inauguración na Casa das Ciencias da exposición Puro Swing, sobre péndulos.

Sesións para o público
Desde hoxe, e durante todas as vacacións escolares de Nadal, "Bacteria Mutante" pasa a formar parte da programación do planetario da Casa das Ciencias con sesións diarias ás 12.00 horas (versión en galego) e 17.00 horas (versión en castelán).

O programa está producido polos Museos Científicos Coruñeses, o Planetario de Pamplona e o Parc Astronómic do Montsec, e conta con financiamento da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía).