23 febrero 2014

Nuevas sesiones de Meriendas en el Aquarium Finisterrae para la Primavera 2014

[Ver nota en galego]



– El martes 25 de febrero se abre el plazo de inscripción a las 8.30 horas en el 981 189 842, para las nuevas sesiones, que en esta edición se celebrarán sábados y domingos
– Es una actividad pensada para niños y niñas de entre 4 y 13 años, que realizarán una actividad y después merendarán chocolate con churros en la cantina del acuario


Las Meriendas en el Aquarium Finisterrae tendrán lugar los sábados y domingos (de 16:45 a 18:45), desde el 1 de marzo hasta el 15 de junio de 2014.  La gran novedad es que duplicamos el número de sesiones, pues en anteriores ediciones las meriendas solo se celebraban los sábados.

Los participantes de mayor edad desarrollarán recetas de cocina con pescado, recomendadas en la campaña europea «Elige el pescado correcto» (liderada en España por el Aquarium Finisterrae) de la mano de cocineras especializadas en actividades educativas. Los más pequeños participarán en un cuentacuentos relacionado con el mar y los seres marinos.

Para participar en las Meriendas es necesario reservar plaza llamando, desde el martes 25 de febrero al teléfono 981 189 842 a partir de las 8.30 horas. Cada niño deberá abonar una entrada reducida (4 euros) y recibirá una invitación para merendar.

La actividad es gratuita para los niños y niñas socios de la Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias y para titulares de la Tarjeta Vente.

>> Ver fechas: Agenda de Actividades



Novas sesións de Merendas no Aquarium Finisterrae para a Primavera 2014
– O martes 25 de febreiro ábrese o prazo de inscrición ás 8.30 horas no 981 189 842, para as novas sesións, que nesta ocasión celebraranse sábados e domingos
– É unha actividade pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario


As Merendas no Aquarium Finisterrae terán lugar os sábados e domingos (de 16:45 a 18:45), desde o 1 de marzo até o 15 de xuño de 2014. A grande novidade é que duplicamos o número de sesións, pois en anteriores edicións as merendas só se celebraban os sábados.

Os participantes de maior idade desenvolverán receitas de cociña con peixe, recomendadas na campaña europea «Elixe o peixe correcto» (liderada en España polo Aquarium Finisterrae) da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Para participar nas Merendas é preciso reservar praza chamando, desde o martes 25 de febreiro ao teléfono 981 189 842 a partir das 8.30 horas. Cada neno deberá abonar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar.

A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vente.

>> Ver datas: Axenda de Actividades