10 febrero 2015

Visita del equipo de investigadores del proyecto europeo Diversify, en el que participa el Aquarium Finisterrae

[Ver nota en galego]



– Visitarán las instalaciones del acuario coruñés el miércoles 11 de febrero.
– La parte del proyecto en la que participa el Aquarium Finisterrae consiste en estudiar el ciclo reproductivo y el desarrollo larvario de la cherna para su cultivo.


Desde finales de 2014 y hasta 2018 el Aquarium Finisterrae participará en el Proyecto Europeo Diversify, financiado por el Séptimo Programa Marco de la Unión Europea e integrado por diversos organismos de investigación y empresas de 12 países. Tiene como objetivo explorar el potencial biológico y socioeconómico de 7 especies, desarrollando métodos científicos que optimicen su reproducción y posterior producción con la finalidad de impulsar la industria de la acuicultura en Europa.

La participación del Aquarium Finisterrae consiste en estudiar el ciclo reproductivo, y el desarrollo larvario de la cherna (Polyprion americanus) dentro de sus instalaciones, así como facilitar material biológico a otros centros de investigación gracias al importante stock de reproductores de esta especie que posee el acuario coruñés.


El miércoles 11 de febrero, el equipo de investigadores participantes en el proyecto visitarán el Aquarium Finisterrae para ver sus 24 ejemplares de cherna, que son de alto valor para la investigación al ser los únicos que han tenido repetidas puestas espontáneas, logrando incluso un individuo adulto que está actualmente en un tanque de exposición.


Además del coordinador general de Diversify, Constantinos Mylonas, del Centro Helénico para la Investigación Marina, asistirá el director del proyecto en Galicia, el Dr. Tito Peleteiro, del Centro Ocenográfico-IEO de Vigo, así como otros científicos del Instituto Francés de Investigación para la Explotación del Mar-IFREMER, del Institute de Recerca i Tecnologia Agralimentaries, Universidad de las Palmas de Gran Canaria, Consellería do Mar de la Xunta de Galicia (a través del Instituto Galego de Formación en Acuicultura y el Centro de Investigacións Mariñas). El Aquarium Finisterrae, estará representado en esta visita por el biólogo encargado del proyecto, Antonio Vilar, y el director técnico, Francisco Franco del Amo.


Para saber más:
www.diversifyfish.eu


Visita do equipo de investigadores do proxecto europeo Diversify, no que participa o Aquarium Finisterrae

– Visitarán as instalacións do acuario coruñés o mércores 11 de febreiro.
– A parte do proxecto na que participa o Aquarium Finisterrae consiste en estudar o ciclo reprodutivo e o desenvolvemento larvario da cherna para o seu cultivo.


Dende finais de 2014 e ata 2018 o Aquarium Finisterrae participará no Proxecto Europeo Diversify, financiado polo Sétimo Programa Marco da Unión Europea e integrado por diversos organismos de investigación e empresas de 12 países. Ten como obxectivo explorar o potencial biolóxico e socioeconómico de 7 especies, desenvolvendo métodos científicos que optimicen a súa reprodución e posterior produción coa finalidade de impulsar a industria da acuicultura en Europa.

A participación do Aquarium Finisterrae consiste en estudar o ciclo reprodutivo, e o desenvolvemento larvario da cherna (Polyprion americanus) dentro das súas instalacións, así como facilitar material biolóxico a outros centros de investigación grazas ao importante stock de reprodutores desta especie que posúe o acuario coruñés.

O mércores 11 de febreiro, o equipo de investigadores participantes no proxecto visitarán o Aquarium Finisterrae para ver os seus 24 exemplares de cherna, que son de alto valor para a investigación ao ser os únicos que tiveron repetidas postas espontáneas, logrando mesmo un individuo adulto que está actualmente nun tanque de exposición.

Ademais do coordinador xeral de Diversify, Constantinos Mylonas, do Centro Helénico para a Investigación Mariña, asistirá o director do proxecto en Galicia, o Dr. Tito Peleteiro, do Centro Ocenográfico-IEO de Vigo, así como outros científicos do Instituto Francés de Investigación para a Explotación do Mar-IFREMER, do Institute de Recerca i Tecnologia Agralimentaries, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Consellería do Mar da Xunta de Galicia (a través do Instituto Galego de Formación en Acuicultura e o Centro de Investigacións Mariñas). O Aquarium Finisterrae, estará representado nesta visita polo biólogo encargado do proxecto, Antonio Vilar, e o director técnico, Francisco Franco del Amo.

Para saber máis:
www.diversifyfish.eu