16 marzo 2015

Observación del eclipse de Sol del 20 de marzo en la Casa de las Ciencias

[Ver nota en galego]



– Organizada en colaboración con la Agrupación Astronómica Ío, tendrá lugar entre las 9.00 y las 11.30 horas.
– La observación, pública y gratuita, se hará en las inmediaciones de la Casa de las Ciencias.


En la mañana del viernes 20 de marzo de 2015 tendrá lugar un eclipse de Sol. Desde diversos lugares de Escandinavia se verá a la Luna ocultar completamente el disco solar. Desde la Península Ibérica, la ocultación será parcial, aunque serán los habitantes del noroeste los que tengan las mejores condiciones de observación. Desde A Coruña se llegará a ver el 76% del disco solar oculto por la Luna.

En A Coruña el eclipse comenzará después de las nueve de la mañana y terminará sobre las 11.15 horas. El máximo del eclipse –el mayor porcentaje de ocultación– tendrá lugar poco después de las diez. No llegará ni mucho menos a hacerse de noche, pero sí será perceptible una disminución de la luz ambiental y de la temperatura.

Durante esta observación, el personal de la Casa de las Ciencias y miembros de la Agrupación Astronómica Ío proporcionarán recursos para observar el eclipse con seguridad, y compartirán con el público asistente su experiencia en la observación de eclipses totales.

La seguridad ante todo
La observación pública del eclipse que se celebrará en las inmediaciones de la Casa de las Ciencias, en el Parque de Santa Margarita de A Coruña, permitirán seguir el fenómeno en buena compañía y con seguridad. Es preciso recordar que nunca se debe observar el Sol directamente sin protección, tampoco durante un eclipse. La intensidad de la luz del Sol –no sólo la visible, también la emitida en otras frecuencias, como la infrarroja o la ultravioleta– es suficiente para producir daños irreparables en nuestros ojos.

Las gafas de eclipse, si se encuentran en buen estado, pueden utilizarse para echar un vistazo breve al Sol, pero no se deben usar de manera continua durante una observación larga. Aún con ellas puestas debemos mirar al Sol solo durante lapsos cortos de tiempo. Estas gafas de eclipse jamás pueden ser usadas como filtro en binoculares o telescopios.

Tampoco se debe recurrir bajo ningún concepto a trucos caseros para la observación del Sol: no sirven ni las gafas de sol ni los cristales ahumados, radiografías, negativos o cualquier cosa parecida.

El peligro de la observación directa del Sol se multiplica si miramos a través de cámaras de fotografía o vídeo. El riesgo es extremo en el caso de prismáticos o telescopios, instrumentos que concentran la luz y pueden llegar a quemar físicamente la retina.

Afortunadamente los eclipses son fenómenos espectaculares y existen métodos para observar su progresión con total seguridad mediante la proyección de la imagen del disco solar.



Observación da eclipse de Sol do 20 de marzo na Casa das Ciencias
– Organizada en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío, terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas.
– A observación, pública e gratuíta, farase nas inmediacións da Casa das Ciencias.


Na mañá do venres 20 de marzo de 2015 terá lugar unha eclipse de Sol. Dende diversos lugares de Escandinavia verase á Lúa ocultar completamente o disco solar. Dende a Península Ibérica, a ocultación será parcial, aínda que serán os habitantes do noroeste os que teñan as mellores condicións de observación. Dende A Coruña chegarase a ver o 76% do disco solar oculto pola Lúa.

Na Coruña a eclipse comezará despois das nove da mañá e rematará sobre as 11.15 horas. O máximo da eclipse –a maior porcentaxe de ocultación– terá lugar pouco despois das dez. Non chegará nin moito menos a facerse de noite, pero si será perceptible unha diminución da luz ambiental e da temperatura.

Durante esta observación, o persoal da Casa das Ciencias e membros da Agrupación Astronómica Ío proporcionarán recursos para observar a eclipse con seguridade, e compartirán co público asistente a súa experiencia na observación de eclipses totais.

A seguridade ante todo
A observación pública da eclipse que se celebrará nas inmediacións da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarida da Coruña, permitirán seguir o fenómeno en boa compañía e con seguridade. É preciso recordar que nunca se debe observar o Sol directamente sen protección, tampouco durante unha eclipse. A intensidade da luz do Sol –non só a visible, tamén a emitida noutras frecuencias, como a infravermella ou a ultravioleta– é suficiente para producir danos irreparables nos nosos ollos.

Os lentes de eclipse, se se encontran en bo estado, poden utilizarse para botar unha ollada breve ao Sol, pero non se deben usar de xeito continuo durante unha observación longa. Aínda con elas postas debemos mirar ao Sol só durante lapsos curtos de tempo. Estes lentes de eclipse xamais poden ser usados como filtro en binoculares ou telescopios.

Tampouco se debe recorrer baixo ningún concepto a trucos caseiros para a observación do Sol: non serven nin os lentes de sol nin os cristais afumados, radiografías, negativos ou calquera cousa parecida.

O perigo da observación directa do Sol multiplícase se miramos a través de cámaras de fotografía ou vídeo. O risco é extremo no caso de prismáticos ou telescopios, instrumentos que concentran a luz e poden chegar a queimar fisicamente a retina.

Afortunadamente as eclipses son fenómenos espectaculares e existen métodos para observar a súa progresión con total seguridade mediante a proxección da imaxe do disco solar.