14 diciembre 2015

El Planetario de la Casa de las Ciencias incorpora el programa "De la Tierra al Universo" en su cartelera

[Ver nota en galego]



– Con el título "De la Terra al Universo", el audiovisual lleva a los espectadores a un viaje por los últimos hallazgos de la astronomía, desde las desoladas llanuras de la Luna hasta los confines del Universo.
– El nuevo programa se proyectará a las 18 horas sábados, domingos y festivos.


Desde tiempos inmemoriales, el hermoso y misterioso cielo nocturno fue objeto de diversas historias, antiguas leyendas y admiración. El deseo de comprender el Universo podría considerarse la experiencia intelectual compartida más antigua de la humanidad. Con todo, sólo empezamos a comprender el verdadero lugar que ocupamos dentro de la inmensidad del cosmos.

En "De la Terra al Universo" se invita a los espectadores a emprender un viaje de 32 minutos desde las teorías de los antiguos astrónomos griegos hasta los imponentes telescopios de la actualidad. Además podrán deleitarse con el esplendor de los diversos mundos del Sistema Solar, presenciar la fiereza del Sol abrasador, para luego ir a los coloridos lugares donde nacen y mueren las estrellas.

O Planetario da Casa das Ciencias incorpora o programa "Da Terra ao Universo" á súa carteleira
– Co título “Da Terra ao Universo”, o audiovisual leva aos espectadores a unha viaxe polos últimos achados da astronomía, dende as desoladas chairas da Lúa ata os confíns do Universo.
– O novo programa proxectarase ás 18 horas sábados, domingos e festivos.

Desde tempos inmemoriais, o fermoso e misterioso ceo nocturno foi obxecto de diversas historias, antigas lendas e admiración. O desexo de comprender o Universo podería considerarse a experiencia intelectual compartida máis antiga da humanidade. Con todo, só recentemente comezamos a comprender o verdadeiro lugar que ocupamos dentro da inmensidade do cosmos.

En “Da Terra ao Universo” convídase aos espectadores a emprender unha viaxe de 32 minutos desde as teorías dos antigos astrónomos gregos ata os impoñentes telescopios da actualidade. Ademais poderán deleitarse co esplendor dos diversos mundos do Sistema Solar, presenciar a fiereza do Sol abrasador, para logo ir aos coloridos lugares onde nacen e morren as estrelas.

Unha produción do Observatorio Austral Europeo (ESO) dirixida por Theofanis Matsopoulos.