29 marzo 2016

Los Museos Científicos Coruñeses reciben en Semana Santa más de 19.800 visitas, el mejor registro de los últimos cinco años

[Ver nota en galego]



– El Aquarium Finisterrae alcanzó, en marzo, los 5 millones de vistas desde su apertura, en junio de 1999.

Los Museos Científicos Coruñeses mantienen la línea iniciada en los últimos meses y siguen mejorando el registro de visitas de los últimos años. Los tres espacios municipales recibieron a lo largo de esta Semana Santa la visita de 19.847 personas, una cifra que supone el aumento en más de 3.000 visitantes respeto al mismo período del año 2015 y la mejor que se registra desde 2012. La Casa de las Ciencias, Domus y Aquarium Finisterrae ya cerraron el pasado 2015 con 433.490 visitantes, lo que supuso un incremento del 13,65% sobre el número de registros de 2014 y el mejor número de visitas desde el año 2012.

El Aquarium Finisterrae, que en el mes de marzo llegó a los 5 millones de visitas desde su apertura en junio de 1999, fue el museo municipal más visitado los últimos días. Los tornos del acuario registraron el paso de 10.273 personas entre el lunes 21 y el domingo 27 de marzo, 1.693 más que en la Semana Santa de 2015. La Casa de las Ciencias, que acaba de cumplir los 30 años de existencia, recibió 5.163 visitantes durante su horario de apertura, 1.288 más que el año pasado. Por su banda, la Domus registró 4.411 visitas, 368 más que en la anterior Semana Santa.

Os Museos Científicos Coruñeses reciben na Semana Santa máis de 19.800 visitas, o mellor rexistro dos últimos cinco anos
– O Aquarium Finisterrae acadou, en marzo, os 5 millóns de vistas desde a súa apertura, en xuño de 1999.

Os Museos Científicos Coruñeses manteñen a liña iniciada nos últimos meses e seguen a mellorar o rexistro de visitas dos últimos anos. Os tres espazos municipais recibiron ao longo desta Semana Santa a visita de 19.847 persoas, unha cifra que supón o aumento en máis de 3.000 visitantes respecto ao mesmo período do ano 2015 e a mellor que se rexistra desde 2012. A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae veñen de pechar o pasado 2015 con 433.490 visitantes, o que supuxo un incremento do 13,65% sobre o número de rexistros de 2014 e o mellor número de visitas desde o ano 2012.

O Aquarium Finisterrae, que no mes de marzo acadou os 5 millóns de visitas desde a súa apertura o en xuño de 1999, foi o museo municipal máis visitado os últimos días. Os tornos do acuario rexistraron o paso de 10.273 persoas entre o luns 21 e o domingo 27 de marzo, 1.693 máis que na Semana Santa de 2015. A Casa das Ciencias, que vén de cumprir os 30 anos de existencia, recibiu 5.163 visitantes durante o seu horario de apertura, 1.288 máis que o ano pasado. Pola súa banda, a Domus rexistrou 4.411 visitas, 368 máis que na anterior Semana Santa.