13 enero 2017

“Mexillón de Galicia”, una exposición de fotografías de Xurxo Lobato en el Aquarium Finisterrae

[Ver nota en galego]



“Mexillón de Galicia” es un recorrido con diversas estaciones, tantas como eslabones de una larga cadena que comienza en las rocas, con la recogida de semilla, continúa en las bateas, donde el mejillón crecerá hasta su retirada, y finaliza en el mercado bajo múltiples presentaciones, todas ellas altamente saludables como corresponde a un alimento cultivado de forma totalmente natural.

La muestra, que está integrada por cincuenta fotografías y un audiovisual de tres minutos, ambos realizados por el fotógrafo Xurxo Lobato, forma parte de un proyecto concebido por la DOP Mexillón de Galicia para dar a conocer en Galicia, España y el mundo una marca como Mexillón de Galicia que representa una garantía de calidad y origen para el consumidor.

Con esta exposición se muestra qué es Mexillón de Galicia, y como en torno a un producto históricamente ligado a Galicia surgió una industria capaz de generar prosperidad. Un mérito que corresponde a las personas, a las mujeres y hombres que son los verdaderos artífices de que Mexillón de Galicia sea hoy una marca reconocida.

Viendo las imágenes el espectador podrá igualmente entender cómo a través de una actividad se da forma a una identidad, a una forma de ser, la de las personas que integran la gran familia de Mexillón de Galicia.

La muestra estará en el Aquarium Finisterrae de A Coruña hasta el 30 de marzo de 2017


“Mexillón de Galicia”, unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato no Aquarium Finisterrae

“Mexillón de Galicia” é un percorrido con diversas estacións, tantas como elos dunha longa cadea que comeza nas rocas, coa recollida da semente, continúa nas bateas, onde o mexillón crecerá ata a súa retirada, e finaliza no mercado baixo múltiples presentacións, todas elas altamente saudables como corresponde a un alimento cultivado de forma totalmente natural.

A mostra, que está integrada por cincuenta fotografías e un audiovisual de tres minutos, ambos realizados polo fotógrafo Xurxo Lobato, forma parte dun proxecto concibido pola DOP Mexillón de Galicia para dar a coñecer en Galicia, en España e no mundo unha marca como Mexillón de Galicia que representa unha garantía de calidade e orixe para o consumidor.

Con esta exposición móstrase que é Mexillón de Galicia, e como ao redor dun produto historicamente ligado a Galicia xurdiu unha industria capaz de xerar prosperidade. Un mérito que corresponde ás persoas, ás mulleres e homes que son os verdadeiros artífices de que Mexillón de Galicia sexa hoxe unha marca recoñecida.

Vendo as imaxes o espectador poderá igualmente entender como a través dunha actividade dáse forma a unha identidade, a unha forma de ser, a das persoas que integran a gran familia de Mexillón de Galicia.

A mostra estará no Aquarium Finisterrae da Coruña ata o 30 de marzo de 2017