22 febrero 2017

La Domus recibe la visita del premio Nobel de Medicina Erwin Neher

[Ver nota en galego]



- Ofrecerá una conferencia el jueves 23 de febrero a las 19.30 horas

- La ponencia, de entrada libre, está organizada por CorBi Foundation y cuenta con la colaboración de los Museos Científicos


Erwin Neher, reconocido en 1991 con el premio Nobel en Fisiología o Medicina, hablará sobre “Canales de iones: su descubrimiento y su papel en farmacología y biomedicina.

Los trabajos e investigaciones de Neher, centrados en nuevos métodos para estudiar señales en células nerviosas, han sido fundamentales para el conocimiento actual de la estructura y función del sistema nervioso, tanto en la salud como en la enfermedad. Además, las técnicas experimentales que han desarrollado son, a día de hoy, imprescindibles para el desarrollo y la evaluación de nuevos y más eficaces fármacos destinados al tratamiento, no solo de enfermedades neurológicas, si no también cardiovasculares o del sistema endocrino.






A Domus recibe a visita do premio Nobel de Medicina Erwin Neher

- Ofrecerá unha conferencia o xoves 23 de febreiro ás 19.30 horas

- A ponencia, de entrada libre, está organizada por CorBi Foundation e conta coa colaboración dos Museos Científicos


Erwin Neher, recoñecido en 1991 co premio Nobel en Fisioloxía o Medicina, falará sobre “Canles de ións: o seu descubrimento e o seu papel en farmacoloxía e biomedicina”.

Os traballos e investigacións de Neher, centrados en novos métodos para estudar sinais en células nerviosas, foron fundamentais para o coñecemento actual da estrutura e función do sistema nervioso, tanto na saúde como na enfermidade. Ademais, as técnicas experimentais que desenvolveron son, a día de hoxe, imprescindibles para o desenvolvemento e a avaliación de novos e máis eficaces fármacos destinados ao tratamento, non só de enfermidades neurológicas, se non tamén cardiovasculares ou do sistema endocrino.