17 mayo 2017

Visita gratis en el Día Internacional de los Museos 2017

Ver nota completa: español | galego


– La Casa de las Ciencias, la Domus y el Aquarium Finisterrae abren gratis al público desde las 10:00 hasta las 19:00 el jueves 18 de mayo.

Para conmemorar el Día Internacional de los Museos, los tres Museos Científicos Coruñeses celebran una jornada gratis el jueves 18 de mayo desde las 11:00 hasta las 19:00 (el Aquarium Finisterrae cierra el acceso al público a las 18:00).

Las personas que se acerquen a cualquiera de los tres centros en este día podrán visitar sus exposiciones y participar en las actividades y proyecciones programadas, sin ningún coste.

Visita gratis no Día Internacional dos Museos 2017
– A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren gratis ao público desde as 10:00 ata as 19:00 o xoves 18 de maio.

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, os tres Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada gratis o xoves 18 de maio desde as 11:00 ata as 19:00 (o Aquarium Finisterrae pecha o acceso ao público ás 18:00).

As persoas que se acheguen a calquera dos tres centros neste día poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo.


09 mayo 2017

Capturan un ejemplar de esturión en la costa de A Coruña

Ver nota completa: español | galego


– La especie se considera extinguida en Galicia desde hace 55 años

Científicos del Aquarium Finisterrae y de la Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" de la USC se están encargando de su estudio. El ejemplar de esturión europeo (Acipenser sturio) fue capturado a una milla de la costa de A Coruña por el pesquero "O Ariño", con base en O Grove. La acertada decisión del patrón del barco D. Francisco José Padín de informar de la captura a la Casa de los Peces de A Coruña, ha permitido a las dos instituciones hacerse cargo, en el marco del convenio de colaboración que mantienen, y obtener datos muy valiosos para el conocimiento de esta especie que desapareció de las aguas gallegas hacia principios de los años 60.

El esturión europeo, antes abundante en el río Miño, es una de las especies de peces migradores más amenazada de Europa. El análisis del espécimen ha permitido constatar que se trata de un individuo criado en las dependencias del IRSTEA (Institut national de recherche en sciences et technologies pour l'environnement et l'agriculture) de Burdeos (Francia) con quien la Estación de Hidrobioloxía mantiene una estrecha relación de investigación científica. Los datos obtenidos son de una enorme importancia para el programa de recuperación de la especie, pues aportan información sobre la vida del animal en el medio marino desde que fuera liberado en aguas de la Gironda en el año 2010, con un año de edad.

Personal del centro dependiente de la Universidad de Santiago de Compostela, se desplazará en próximas fechas a Francia para continuar con el análisis de las muestras. Por la importancia del hallazgo, se muestran muy optimistas por lo que significa para el éxito de un programa futuro de recuperación de la especie en nuestras aguas.

El esturión está seriamente amenazado y ha desaparecido de muchos ríos europeos, en los que fue abundante, por la pérdida del hábitat ocasionada por la construcción de grandes presas, la sobrepesca y el furtivismo relacionado con el tráfico ilegal de caviar. Su ciclo vital comprende una fase fluvial de uno a dos años de duración y una fase marina de 7 a 15 años en la que puede alcanzar 2.5 m de longitud y pesar hasta 100 kg. Terminada la fase marina, en primavera vuelven al río para reproducirse.




Capturan un exemplar de esturión na costa da Coruña

– A especie considérase extinguida en Galicia desde hai 55 anos

Científicos do Aquarium Finisterrae e da Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" da USC están a encargarse do seu estudo. O exemplar de esturión europeo (Acipenser sturio) foi capturado a unha milla da costa da Coruña polo pesqueiro "O Ariño", con base no Grove. A acertada decisión do patrón do barco D. Francisco José Padín de informar da captura á Casa dos Peixes da Coruña, permitiu ás dúas institucións facerse cargo, no marco do convenio de colaboración que manteñen, e obter datos moi valiosos para o coñecemento desta especie que desapareceu das augas galegas cara a principios dos anos 60.

O esturión europeo, antes abundante no río Miño, é unha das especies de peixes migradores máis ameazada de Europa. A análise do espécime permitiu constatar que se trata dun individuo criado nas dependencias do IRSTEA (Institut national de recherche en sciences et technologies pour l'environnement et l'agriculture) de Bordeus (Francia) con quen a Estación de Hidrobioloxía mantén unha estreita relación de investigación científica. Os datos obtidos son dunha enorme importancia para o programa de recuperación da especie, pois achegan información sobre a vida do animal no medio mariño desde que fose liberado en augas da Gironda no ano 2010, cun ano de idade.

Persoal do centro dependente da Universidade de Santiago de Compostela, desprazarase en próximas datas a Francia para continuar coa análise das mostras. Pola importancia do achado, móstranse moi optimistas polo que significa para o éxito dun programa futuro de recuperación da especie nas nosas augas.

O esturión está seriamente ameazado e desapareceu de moitos ríos europeos, nos que foi abundante, pola perda do hábitat ocasionada pola construción de grandes presas, a sobrepesca e o furtivismo relacionado co tráfico ilegal de caviar. O seu ciclo vital comprende unha fase fluvial dun a dous anos de duración e unha fase mariña de 7 a 15 anos na que pode alcanzar 2.5 m de lonxitude e pesar ata 100 kg. Terminada a fase mariña, na primavera volven ao río para reproducirse.